Naceu en Lugo en 1949 e licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1971). Foi profesor no Seminario de Arqueoloxía do instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, onde agora é xefe da sección de Arqueoloxía e Prehistoria. Ademais de historiador é arqueólogo, realizou campañas de escavación en diversos lugares de Galicia e exerceu como profesor de Historia e Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego e promotor do Consello Galego de Museos; ademais de participar en diversas entidades académicas.
Dende o 1974 ata 1984 exerceu como director conservador do Museo Provincial de Lugo; traballou tamén como funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de museos e, dende 1983, no Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga. Asimesmo, proxectou e realizou a montaxe e instalación do Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla (Friol) e do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga e puxo en marcha o Boletín Provincial de Lugo. Entre outras obras publicou Las murallas romanas de Lugo, tese que presentou en 1972 e que mereceu o premio extraordinario.
Publicou Monedas de un tesorillo del siglo IV d.C. hallado en Lugo (1974) e La romanización de Galicia (1976). Tres anos despois reciviu o premio Otero Pedrayo por Unhas inscripcións inéditas en Pacios (Begonte), á que lle seguiron as obras: Museo Provincial de Lugo, 1981; Inventario epigráfico, en 1983; Sobre os problemas de protección e conservación do patrimonio artístico galego; A coordinación dos museos galegos; Dous miliarios do tramo viario Lucus-Timalino; Museos e o problema cultural nos estatutos de autonomía de Galicia e Castro de Viladonga en 1985; Museo del Castro de Viladonga, en 1990; e Diccionario de termos arqueolóxicos e prehistoria, en 1995. Colaborou co Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Lugo, Gallaecia, Brigantium e Boletín Auriense, etc.
Actualmente é Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
ADOLFO DE ABEL VILELA
(Lugo, 1946). Doutor en Xeografía e Historia. Especialista en Arte Moderna e Contemporánea. Profundísimo investigador da historia da cidade de Lugo á que lle dedicou distintos libros. Dentro da súa ampla obra e en relación co tema do Barroco, destacamos A pompa funeral e festiva como exaltación do poder. O cerimonial en Lugo (1999) e A festa barroca (2006).
Ciclo O Barroco. Lugopatrimonio
PRESENTACIÓN DE ADOLFO DE ABEL NA CONFERENCIA ”A FESTA BARROCA”.
Presentar a Adolfo Abel non e unha tarefa fácil, por ser unha persoa moi coñecida na nosa cidade, e especialmente para todos os que participamos nas actividades de Lugo Patrimonio.
A dificultade da presentación nace da imposibiblidade de falar en pouco tempo de tódalas actividades e de todos os campos ós que Adolfo adica ou adicou tempo.
A súa formación académica é polifacética. Fixo estudos das áreas de ciencias experimentais e humanísticas, sendo estas últimas polas que é máis coñecido. Doutor en xeografía e historia, comisario de moitas exposicións, Académico Correspondente da Real Academia da Historia; ten publicados 41 artigos de temas de historia da arte, 441 sobre historia da cidade de Lugo, e autor de 16 monografías e ten publicadas colaboracións xunto a outros autores en moitos libros. Os temas tratados na maioria destas publicacións son a muralla romana de Lugo, e aspectos históricos, artísticos e urbanísticos desta cidade dende o medievo ata a actualidade.
Noutro campo profesional Adolfo foi profesor numerario de ensinanza secundaria, hoxe felizmente xubilado, foi deputado do Parlamento de Galicia na primera lexislatura, e desempeñou cargos públicos vinculados coa cultura.
Como lucense que apoia a cultura sempre colabora, co seu tempo e coñecementos, con moitas asociacións da nosa cidade e provincia que teñen como obxectivo fundamental a posta en valor do patrimonio histórico artístico. Neste senso é destacabel que no ano 1999 o Concello encargoulle a organización das actividades culturais da campaña institucional para conseguir a declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade.
Na actualidade Adolfo esta inmerso nun proxecto, o Centro de Interpretación da Burguesía, que vai a montar no Pazo das Pombas, que esperamos pronto sexa unha realidade, e que nos permitirá disfrutar dunha parte da súa colección de antigüedades, que comenzou hai 50 anos. A sección de cerámica de Pickman, e recoñecida como unha das mellores coleccións privadas de España. No ano 2005 o Museao de Bellas Artes de Asturias, publicou un libro sobre vistas de ciudades, onde recollen 14 pezas desta temática da súa colección.
A súa conferencia sobre a festa barroca ilustraranos sobre aspectos da socioloxía e da antropoloxía cultural deste período, e achegaranos aos principios políticos que moven a monarquía dos últimos Habsburgo e dos primeiros Borbóns, así como a forma de entender a vida e a relixión da Contrarreforma. Sobre este tema ten publicado un libro pouco coñecido, “ A Pompa Funeral e Festiva como Exaltación do Poder”, publicado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (1999). Tamén, “A Festa Barroca”, en san Froilán. Culto e Festa” (2006), e “O Corpus en Lugo na idade moderna”. Lucensia. nº, 30 (2005).
Onte rematou a historia do parque Rosalía de Castro, para o Plan Director, no que levaba traballado desde hai sete meses. ¿Qué vai afacer ou lúns?. Poñerse a corrixir as probas do libro “A cidade de Lugo nos séculos XII ao XIV. Urbanismo e sociedade”, que publicará a Fundación Barrié na prestigiosa serie Galicia Histórica.
¿E depois?, vai rematar un libro sobre a Fonte da Porta Miñá e o Pazo de Orbán. Suma e segue.
Julia Cantalapiedra Álvarez
Salón Deputación Provincial, 4 de abril de 2008
Victoria Jato comparte con nós estes fermosos videos da viaxe a Grecia: