Domingo, 15 Decembro 2024 13:16

ASEMBLEA ANUAL E FESTA DOS SOCIOS

12 de decembro

Na Asemblea ordinaria celebrada no salón da Deputación Provincial, despois da lectura da acta da Asemblea anterior pola secretaria Celia Besteiro Rodríguez, o presidente, Adolfo de Abel Vilela, deu conta das actividades desemvolvidas no ano 2024, que foron dez conferencias, dúas delas dedicadas ao historicismo, sete viaxes, sendo de catro días os de Sintra, na primavera, e o de Mérida, a comezo do outono. Houbo tamén unha visita guiada á catedral de Lugo e un roteiro pola cidade para ver obras do escultor Francisco Asorey ao que se lle dedicaba o ano.

A vicepresidenta, Branca Rodríguez Pazos, deu conta das actividades do Club de Lectura dirixido por María Casar Díaz, no que se leron once libros participando os autores nalgunha das sesións.

A tesoureira, Julia Cantalapiedra Álvarez, informou sobre o estado das contas e do movemento de asociados. No ano 2024 houbo 24 altas e 15 baixas, sendo o número de socios de 174.

Pasouse despois a propoñer as actividades para o ano 2025 que van xirar a redor de dous aniversarios, os 50 anos da celebración do Bimilenario e os 25 da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, polo que tanto as conferencias como as viaxes estarán dedicadas á divulgación e ao coñecemento do mundo romano en diversos aspectos. Visitaránse os centros arqueolóxicos da cidade, o castro de Viladonga e Santa Eulalia de Bóvede e faranse viaxes a Astorga, Chaves e Coimbra, Zaragoza e Tarragona, entre outros. Tamén se abrirá a programación cunha conferencia dedica á obra artística de Castelao, con motivo dos 75 anos da súa morte, e sobre á temática do Día das Letras Galegas, comezando en marzo co tema da romanización ou latinización.

Despois, corenta e seis socios participaron nun xantar no Hotel Méndez Núñez, actuando o grupo de cantareiras das “Aulas de Pandeira”, que dirixe Barnca Villares e que foi presentado pola vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos, como un anticipo do Día das Letras Galegas 2025 dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral.

Máis en ésta categoría « Viaxe a Monforte de Lemos

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO