Luns, 30 Decembro 2024 12:41

PROGRAMACIÓN PARA O ANO 2025

PRIMEIRO SEMESTRE

XANEIRO

Día 21 de xaneiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Pilar García Negro, sobre “Castelao, obra artística”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes a Pontevedra o día 1 de febreiro, para ver o Museo e para a viaxe do día 22 de febreiro, para ver o castelo de Vimianzo e o Museo do Xoguete e do Deporte en Ponteceso. Prezo 45 €.

FEBREIRO

Día 1, sábado

Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao. Saída ás 8,30 horas.

Día 18 de febreiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez “Sei cantar e sei bailar”, con motivo da dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe a Zaragoza e Tarragona do 5 ao 9 de maio.

Día 22, sábado

Viaxe a Vimianzo e Ponteceso. Saída ás 9 horas.

MARZO

Día 11 de marzo, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre "Lucus e o seu territorio na Gallaecia".

De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes do día 22 ao Castro de Viladonga e Sala Porta Miñá, con comida. Precio 35 €.

Día 22, sábado

Viaxe a o Castro de Viladonga (pola mañá, con xantar) e pola tarde visita á exposición arqueolóxica e á cloaca da Sala Porta Miñá. Saída ás 10 horas.

ABRIL

Día 8 de abril, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de María Esperanza Sixto da Silva, Profesora titular da USC sobre

Dereito Romano, patrimonio inmaterial herdado”

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 26 a Astorga. Prezo 45 €.

Día 26, sábado

Viaxe a Astorga. Saída ás 9 horas.

MAIO

Do 5 luns ao 9 venres

Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas.

Día 20 de maio, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  persoal científico do Cispac (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Culturais), sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”.

XUÑO

Día 3 de xuño, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Francisco Javier González García, profesor de Historia Antiga na USC, sobre “A Torre de Hércules”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe á Coruña o día 21, sábado, para ver a Torre de Hércules e o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón. Prezo 45 €. Anotación para a viaxe a Chaves e Braga os días 23, 24 e 25 de setembro.

Día 21, sábado

Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López. Saída ás 9,00 h.

SEGUNDO SEMESTRE

SETEMBRO

Día 9, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, profesor titular na UDC sobre “O galego-portugués herdeiro do latín”.

De 19,30 h. A 20 h., anotación para a viaxe do día 25 de outubro a Santa Eulalia de Bóveda, Museo etnográfico da Torre de Xiá (Narla) e aos Baños romanos de Lugo.

Día 16, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Mesa redonda sobre o que foi o Coloquio Internacional do Bimilenario de Lugo. Felipe Arias Vilas, Francisco Fariña Busto e Adolfo de Abel Vilela.

Días 23, 24 e 25


Viaxe a Chaves e Braga. Saída ás 8 horas.

OUTUBRO

Día 14, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Enrique Montenegro Rúa, sobre “Santa Eulalia de Bóveda”.

Día 21, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Sinda Blanco Lobeiras doutora en medicina e directora médica de Balnearios sobre “O papel dos balnearios na vida romana”.

Día 25

Visita a Santa Eulalia de Bóveda e ao Museo etnográfico da Torre de Xiá (Narla). Xantar. Pola tarde visita aos Baños romanos.

NOVEMBRO

Día 11, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo”.

De 19,30 a 20 horas, anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 20 de decembro, sábado, prezo 45 €.

Día 22, sábado

Visita aos xacementos arqueolóxicos da Domus do Mitreo, Domus dos Mosaicos e Centro Arqueolóxico de San Roque.

DECEMBRO

Día 20, sábado

Asemblea xeral e festa dos socios.

Actuación do grupo de música clásica Bóreas.

Máis en ésta categoría « ASEMBLEA ANUAL E FESTA DOS SOCIOS

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Anotacións para as viaxes a Pontevedra o día 1 de febreiro +

    Día 21 de xaneiro, martes Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes Ler Máis
  • Conferencia de Pilar García Negro, sobre “Castelao, obra artística”. +

    Día 21 de xaneiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Pilar García Negro, sobre Ler Máis
  • Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao +

    FEBREIRO Día 1, sábado Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao. Saída ás 8,30 horas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO