Martes, 04 Febreiro 2025 11:16

Conferencia de Pilar García Negro, sobre “Castelao, obra artística”

21 de xaneiro

A conferencia programouse con motivo do 75 aniversario da morte de Castelao, ocorrida en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. Para falar da súa obra artística, especialmente dos debuxos, convidouse á profesora Pilar García Negro, que comezou facendo referencia a que en 1949, xa moi diminuído, Castelao asina unha das súas obras máis recoñecidas, As cruces de pedra na Galiza, debuxos de elementos de etnografía comúns da Bretaña e de Irlanda.

En 1995 publicouse un libro, no que participaron vinte seis autores, para que cada un deles dese a súa visión de Castelao, coa finalidade de que fose unha obra didáctica. Fixo referencia ás caricaturas, incluídas as del e á visita que lle fixo María do Carme Kruckenberg en Bos Aires, que escribiu sobre ela, e á presentación de Sempre en Galiza en 1944 nun banquete ao que asistiron 1.400 comensais, facendo no seu discurso un auto análise da súa obra, publicada despois de trinta anos. Os debuxos recollen o sentimento galego expresado mediante a arte como forma de expresión, e sobre todo nos curtos textos que os acompañan, mostrase as ansias de xustiza e liberdade.

A obra de Castelao é unitaria a pesar dos diferentes formatos de publicación. Comezou como debuxante caricaturista, Na prensa galega publica reflexións do momento político e social en “Cousas da vida”, con debuxos caricaturescos e satíricos, nos que retrata aos galegos, con virtudes e defectos, facéndose popular a frase “Como diría Castelao, cousas de vida”.

Teñen continuación en Cincuenta homes por dez reás, publicada a primeira edición en 1926, que como indica o título, recolle cincuenta debuxos que se poden mercar por 2,50 pesetas, ou 10 reás, onde trata a unha tipoloxía masculina, arquetipos, comezando os textos con “O home que ...”. A conferenciante puxo varios exemplos e comentounos, destacando tamén que Castelao estaba atento ás innovacións para aplicar aos seus traballos, empregando unha tipografía típica en Cousas, e propón ver as edicións antigas. Mestúrase Arte e Literatura, deseño e literatura ou prosa literaria. O debuxo é ilustración.

Daquela falábase de razas, o texto do debuxo de Panchito é un manifesto antirracista. Recólleo nas primeiras páxinas de Sempre en Galiza. Somos fillos da terra onde nos socializamos. En 1922 publica O ollo de vidro, cuxo contido terá vida posterior en Os dous de sempre, onde hai un predominio da arte literaria, non da artística.

Finalizou recomendando a lectura do libro de libros, Sempre en Galiza, por ser unha obra testamental, feita non para os da súa época, senón para a nosa. Posteriormente houbo un longo coloquio.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Anotacións para a viaxe a Zaragoza e Tarragona do 5 ao 9 de maio +

    Día 18 de febreiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez Ler Máis
  • Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez “Sei cantar e sei bailar” +

    Día 18 de febreiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez Ler Máis
  • Viaxe a Vimianzo e Ponteceso +

    Día 22, sábado Viaxe a Vimianzo e Ponteceso. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO