Día 28, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Mesa redonda sobre “Os 10 anos da declaración pola UNESCO do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade”. Participan, entre outros, Ricardo Gómez Polin.
Día 22, sábado
Visita aos xacementos arqueolóxicos da Domus do Mitreo, Domus dos Mosaicos e Centro Arqueolóxico de San Roque.
Día 11, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo”.
De 19,30 a 20 horas, anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 20 de decembro, sábado, prezo 45 €.
Día 11, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo”.
De 19,30 a 20 horas, anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro, sábado, prezo 45 €.
Clara María Ramos Taboada, “E ti ¿de quen ves sendo?”. Lucus Augusti como espello das relacións familiares na antiga Roma
14 de outubro
A conferenciante presentou a charla con dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira dedicouse a contextualizar o mundo familiar en Roma. Nun primeiro comentario tratou de forma sucinta as liñas de investigación enfocadas nas relacións familiares durante a República romana, profundamente ligadas ao trato das elites e ao contexto político tardorrepublicano, poñendo a figura de Fulvia como exemplo desas redes familiares.
Centrouse despois no trato da familia romana durante o Alto Imperio. Este enfoque débese a que para este período (S. I – S. III d.C.) a cantidade e variedade de fontes é moito maior: desde as fontes literarias, a principal para coñecer a familia republicana, ata as xurídicas e epigráficas que amplían o espectro de tipos e clases de familia, tratando xa aos grupos populares ou “xentes do común”. Neste momento centrouse fundamentalmente no rexistro epigráfico, mostrando diferentes tipos de monumentos e textos do Occidente imperial para demostrar a riqueza documental deste tipo de fontes.