Luns, 12 Xuño 2006 00:00

Adolfo de Abel Vilela

ADOLFO DE ABEL VILELA
(Lugo, 1946). Doutor en Xeografía e Historia. Especialista en Arte Moderna e Contemporánea. Profundísimo investigador da historia da cidade de Lugo á que lle dedicou distintos libros. Dentro da súa ampla obra e en relación co tema do Barroco, destacamos A pompa funeral e festiva como exaltación do poder. O cerimonial en Lugo (1999) e A festa barroca (2006).

 

 

Ciclo O Barroco. Lugopatrimonio


PRESENTACIÓN DE ADOLFO DE ABEL NA CONFERENCIA ”A FESTA BARROCA”.


Presentar a Adolfo Abel non e unha tarefa fácil,  por ser unha persoa moi coñecida na nosa cidade, e especialmente para todos os que participamos nas actividades de Lugo Patrimonio.

A dificultade da presentación nace da imposibiblidade de falar en pouco tempo de tódalas actividades e de todos os campos ós que Adolfo adica ou adicou tempo.

A súa formación académica  é polifacética. Fixo estudos das áreas de ciencias experimentais e humanísticas, sendo estas últimas polas que é máis coñecido. Doutor en xeografía e historia, comisario de moitas exposicións, Académico Correspondente da Real Academia da Historia; ten publicados 41 artigos de temas de historia da arte,  441 sobre historia da cidade de Lugo, e autor de 16 monografías e ten  publicadas colaboracións xunto a outros autores en moitos libros. Os temas tratados na maioria destas publicacións son a muralla romana de Lugo, e aspectos históricos, artísticos e urbanísticos desta cidade dende o medievo ata a actualidade.

Noutro campo profesional Adolfo foi profesor numerario de ensinanza secundaria, hoxe felizmente xubilado, foi deputado do Parlamento de Galicia na primera lexislatura, e desempeñou cargos públicos vinculados coa cultura.

Como lucense que apoia a cultura sempre colabora, co seu tempo e coñecementos, con moitas asociacións da nosa cidade e provincia que teñen como obxectivo fundamental a posta en valor do patrimonio histórico artístico. Neste senso é destacabel que no ano 1999 o Concello encargoulle a organización das actividades culturais da campaña institucional para conseguir a declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade.

Na actualidade Adolfo esta inmerso nun proxecto, o Centro de Interpretación da Burguesía, que vai a montar no Pazo das Pombas, que esperamos pronto sexa unha realidade, e que nos permitirá disfrutar dunha parte da súa colección de antigüedades, que comenzou hai 50 anos. A sección de cerámica de Pickman, e recoñecida como unha das mellores coleccións privadas de España. No ano 2005 o Museao de Bellas Artes de Asturias, publicou un libro sobre vistas de ciudades, onde recollen 14 pezas desta temática da súa colección.

A súa conferencia sobre a festa barroca ilustraranos sobre aspectos da socioloxía e da antropoloxía cultural deste período,  e achegaranos aos principios políticos que moven a monarquía dos últimos Habsburgo e dos primeiros Borbóns, así como a forma de entender a vida e a relixión da Contrarreforma. Sobre este tema ten publicado un libro pouco coñecido, “ A Pompa Funeral e Festiva como Exaltación do Poder”, publicado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (1999). Tamén, “A Festa Barroca”, en san Froilán. Culto e Festa” (2006), e “O Corpus en Lugo na idade moderna”. Lucensia. nº, 30 (2005).

Onte rematou a historia do parque Rosalía de Castro, para o Plan Director, no que levaba traballado desde hai sete meses. ¿Qué vai afacer ou lúns?. Poñerse a corrixir as probas do libro “A cidade de Lugo nos séculos XII ao XIV. Urbanismo e sociedade”, que publicará a Fundación Barrié na prestigiosa serie Galicia Histórica.

¿E depois?, vai rematar un libro sobre a Fonte da Porta Miñá e o Pazo de Orbán. Suma e segue. 

Julia Cantalapiedra Álvarez

Salón Deputación Provincial, 4 de abril de 2008

Máis en ésta categoría Francisco Rodríguez Sánchez »

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO