Colaboracións (11)

Artigos publicados polos colaboradores da Asociación LugoPatrimonio

Martes, 14 Abril 2015 00:00

O Dolmen e a Serpe

 

O Dolmen e a Serpe

 


Lois Diéguez

 


Unha mirada a un patrimonio que de distintas formas se nos está indo, no seu contido, na  súa valoración, ou na propia forma.

Non corren tempos de amor para o noso patrimonio, un dos sinais de identidade máis importante dunha cultura, polo xeral, afastada da protección que necesitaría. O roubo e mesmo o crime, van agora da man, e un non acaba de entender ese mal sino que sofren grandes monumentos nosos como O Códice Calixtino, a Virxe do Cristal ou as rehabilitacións feitas a machado e sen o mínimo respecto obrigado. E o desprezo ás asociacións que veñen traballando por erguer a conciencia necesaria para o resgate do que, en moitos casos, se oculta ou se deixa morrer. LugoPatrimonio, por exemplo, segue aínda esperando despois de case catro anos, a entrevista solicitada á suprema Delegada Territorial da Xunta para a provincia de Lugo, unha tal Raquel Arias. Ela debe crer que o patrimonio, a cultura, son outra parcela do PP e ante ela se hai que dobregar.

Visitamos hai uns días, da man dese home, museólogo e arqueólogo, que neste momento ten as claves e o coñecemento máis diverso a respecto do noso patrimonio, de aquí e tamén do que a nosa historia, por diversas razóns, deixou polo mundo adiante. Non só emigramos nós, senón moito da grande riqueza que creamos. Falo de Felipe-Senén López. Con el vimos moito mundo, cousa que sempre lle agradecemos. E hai uns días, como dicía, visitamos dous dos nosos garandes monumentos, A Serpe de Gondomil e o Dolmen de Dombate, aló, polas terras de Corme e Ponteceso, do sempre sorprendente Bergatiños que asoma ao mar bravo, e no río Anllóns, compañeiro poético do grande Pondal. Agora que só vivo de tristes suidades,/que cumpro con traballo meu terrenal viaxe/ e que á miña cabeza branquea a grave edade,/ aínda recordo, aínda, o dólmen de Dombate. Así era.

Luns, 05 Xaneiro 2015 11:58

Anacos de Galiza “perdidos”

Deberamos saber, máis aínda os que teñen responsabilidades de goberno, cal é o estado da cuestión do patrimonio cultural da Igrexa e do que non se sabe, oculto en clausuras, adegas, faiados... tamén que, ó fin e ó cabo, foi a Igrexa a que mantivo e propiciou románicos, góticos, renacementos ou barrocos entre liturxias vivas.  Debemos saber tamén como anda o patrimonio do Exército nos seus cuarteis, o patrimonio, industrial...como está o mesmo patrimonio da Universidade, en facultades, nalgunha das que se forman xestores culturais, coas súas coleccións, documentos... Saber en que situación se atopa o patrimonio da Administración, en Concellos, Deputacións... con obra artística repartida  por despachos, quizais esquecida en almacéns... E coñecer como están os “fondos en reserva” dos mesmos museos. Mergullarse no  mercado legal, vixiar o ilegal de antigüidades e de arte, o que se ve e o que non se ve. Transaccións arredor de antolóxicos anacos da Historia, que pasan de man a man até que esvaece a pista: a Lúnula de Cerdido, o Medallón do Pindo, doado ó decimonónico  ministro Romero Ortiz e finalmente perdido no Museo dos Alcázares de Toledo... A Cruz de Alfonso III da Catedral de Santiago, desaparecida no 1906; o broncíneo Eolo de Espasante, o alixo da idade do bronce de Monforte, parte de torques áureos de Xanceda... cousas que temos comprobado existen.

Bens extraviados por diferentes motivos, e sempre a ignorancia por medio, esa falla de amor ás nosas cousas e o conseguinte abandono, namentres outros asexan. Mesmo pezas estragadas pola voracidade climatolóxica e polo inevitable paso do tempo. Falla de profesionalidade na xestión cultural,  transaccións  e préstamos non devoltos, seguidos despois da perda da memoria... Namentres se empobrece o que ofrecemos nos museos e apampamos por grandilocuentes carcasas e montaxes virtuais que axiña pasan de moda. Os documentos históricos son inversións en alza. Proba de que a museoloxía en Galiza non avanza. Sabía e servíase ben Murguía e saben @s historiador@s  do que de Galiza, das súas cidades, mosteiros, catedrais, castelos e pazos, había e hai no Arquivo Histórico Nacional de Simancas e Madrid, no Escorial, nas feudais casas de Alba,  Medinaceli ou de Medinasidonia, e máis arquivos.

Sábado, 29 Novembro 2014 22:20

Viaxe a Grecia: videos de Victoria Jato


Victoria Jato comparte con nós estes fermosos videos da viaxe a Grecia:






 

 

¡¡¡¡S.0.S!!!!

 

 Felipe-Senén López

Tamén desafiuzado o patrimonio cultural  labrego

museo Benigno Eiriz

 

Como a moitos, a Benigno Eiriz tamén lle rompía o alma ollar un carro galego deteriorándose á intemperie, pese a tanta cultura tras si.Namentres competían os desgobernos das urbes a quen ter máis metros cúbicos de espectaculares carcasas, incontinencia deconstructivistas  para casas da cultura, ciudades da cultura, coliseos, forums, palladiums e palexcos, arenas… namentres se botan a perder as verdadeiras casas e templos dos creadores  e se asasinaba ás súas pantasmas, ao ”genius loci”, atoutiñante entre contidos, mobles, ferramentas de traballo … Os netos desfanse das coleccións dos avós, namentres imperan as virtualidades  importadas e mercadas por catálogo.Coleccións asociadas a teimas dunha vida gastando esforzos e medios, cedéndoas … a facer o que os gobernos non facían na súa borracheira burocrática.

Sempre lembraremos e impartiremos a lección de praxe de Isaac Díaz Pardo, que con algúns outros,  aproveitando e mellorando vellas teorías, entre elas a de Castelao e a do Seminario de Estudos Galegos, dedicouse a more info crer aínda no ser humano, á produtividade e a dignificar  entre os esperpentos canto significaba Galiza. Non entendía a cultura como un adorno ou unha liturxia, pese a que o arrastraron a iso; repetía  “que a cultura é o que o ser humano cultiva”. E é certo que o ser humano cultiva tradicións, crea, inventa e copia ideas e artefactos cos que desenvolver a vida e a intelixencia.  Pese a todo priman as virtualidades por encargo.

Entre tantas historias tristes do fracaso colectivo,  tamén está a de Benigno Eiriz López, natural desa ribeira sacra do Miño, da que agora incoan expediente para figurar nos papeis como Patrimonio da Humanidade.

Domingo, 09 Febreiro 2014 23:20

O Val de Abeleda

O patrimonio galego como un dos maiores expoñentes da nosa identidade, abandonado á destrución ou desamparo. Sen el camiñaremos na despersonalización e na ignorancia.

 San Paio de Abeleda

É difícil imaxinar, subindo a dura encosta da montaña que despois de Doade e o río Sil nos leva a Castro Caldelas, que á nosa dereita, no punto en que se sinala o topónimo Abeleda, poida abrirse un val aínda extenso, verde e alegre, vizoso e farturento como un soño sempre desexado. Despois de ver o Sil desde os Miradoiros de Monforte ou Sober (Duque, Pena do Castelo ou Soutochao), coas abas precipitas ateigadas de viñedos e os espellos sombreados do río, entrar na Abeleda, no propio outeiro que centra o val e sobre o que se erguen a igrexa e o mosteiro de San Paio, é como chegar a unha meta inesperada .

 

Alí, esa mestura de paisaxe humana e monumental, énchenos decontado os ollos e pon a mover o pensamento, a análise de como estas xoias que foron definindo o propio ser cultural van agonizando no esquezo e mesmo no desprezo. Igrexa e mosteiro comezan xa a ruína definitiva, sen volta. Igrexa de xanelas e arcos de medio punto ou apuntados, policromados aínda,  vencendo heroicamente os ataques do tempo variado; sen teito xa, sen os altares roubados, con esa lección do románico compostelán ou do gótico baril abríndose á luz. A harmonía e sinxeleza do axadrezado nas impostas e arcos, as xanelas puras, altas, os canzorros escondidos tirando á dozura do erotismo, con fermosas flores ou fantásticos monstros que nos miran como espantados, as pinturas milagrosamente conservadas... son en si a protesta muda deste tesouro que berra contra o abandono e  a atroz barbarie dos insensíbeis.

 

Luns, 16 Abril 2012 09:45

A Música medieval en Galicia

Tres son as fontes fundamentais para o estudo da música na Galicia do medioevo que serán motivo da nosa reflexión: en primeiro lugar, os testemuños da pedra ao longo do Camiño de Santiago, en número superior a outras áreas e outros países: a música adquire no Camiño, en interpretacións e símbolos, un carácter transcendente como representación dá penitencia e ou sufrimento que calquera peregrinaxe comporta. En segundo lugar, temos os cancioneiros galego-portugueses e a propia música litúrxica conservada nas catedrais, especialmente na de Santiago. Aqueles testemuños pétreos e tradicións mantivéronse, finalmente, vivos ao longo do Camiño ata integrarse no estilo e nos temas de tradicións, contos e romances populares que foron desenvolvéndose en paralelo a través da tradición oral que os cancioneiros máis recentes (dos séculos XIX e XX) recolleron.

 

Galicia posue un rico Patrimonio Cultural, cuxas creacións se espallan e agochan nos máis de 30.000 asentamentos poboacionais que humanizan o seu diverso e fermoso, anque maltratado en moitos aspectos, territorio. Nel salienta unha rica e variada cultura material que acolle no seu seo as construcións que conforman a denominada arquitectura popular, obra dos anónimos artesanos, e tamén dos propios usuarios, que puxeron en pé a coñecida nos ámbitos profisionais com a “arquitectua sen arquitectos”.

Ese patrimonio popular construído, pertencente á etapa preindustrial, materialízase nun ronsel de variadas e numerosas construcións, que nacen coa finalidade de resolver os problemas derivados dunha economía agraria tradicional e, en menor medida, pesqueira e artesanal.

Preme no icono con 4 frechas que aparece na parte superior  para poder ver o documento en toda a pantalla.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO