Sábado, 18 Outubro 2008 23:00

Felipe-Senén López Gómez


(Carballiño 1948).

Fai seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense,  onde se vincula como colaborador do Museo Arqueolóxico, dirixido  entón por Ferro Couselo , sumándose  igualmente ás actividades da agrupación cultural “Auriense”. Estuda Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, a un tempo que fai prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participando igualmente como supervisor de campo nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo) e  na ermidade San Guillermo de Fisterra. En 1975 pasa a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, ubicado no Castelo de San Antón,  sendo nomeado director-conservador.  Coa ansia de abrir a institución do museo ó gran público e ás cuestións socioculturais da cidade e de Galicia,  crea o colectivo de colaboradores e Amigos do Museo Arqueolóxico, que será base para a formación do colectivo Amigos dos Museos de Galicia.  Coa mesma ansia de dinamización e sesibilización sobre as cuestións arqueolóxicas e patrimoniais da cultura de Galicia, crea e dirixe dende o museo coruñés o Boletín “Brigantium” e unha serie de publicacións, a un tempo que coordina traballos de prospección arqueolóxica submarina co Grupo de Investigación e rescate Arqueolóxico Subacuático (GIRAS), dirixido por Rafael Mejuto, na baía da Coruña e outras áreas da beiramar da provincia, intervindo en aspectos relativos á sensibilización sobre o patrimonio asulagado, lexislación, competencias, cuestións técnicas etc. Dende o Museo Arqueolóxico coruñés inicia igualmente o traballo de supervisión e posta en valor do Castro de Elviña. Iniciando de 1978 a 1985 a consolidación e limpeza da área excavada a finais dos anos cuarenta por Luengo Martínez, xacemento na área periurbana coruñesa que tenta potenciar como importante recurso cultural e turístico. Traballos que, pese ós esforzos, paralízanse por falla de apoio institucional. Membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, numerario e secreatio da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, na que ingresa cun discurso sobre “A auga e as fontes en Galicia”. Numerario e secretario do Instituto  Xosé Cornide de Estudos Coruñeses, no que he recibido cunha disertación sobre “Cuestións Arqueolóxicas e Museolóxicas.: revisión dende o Museo Arqueolóxico da Coruña” (1994), na que se detén en cuestións profesionais de presente e futuro relativas ó Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, Castro de Elviña e Torre de Hércules.

 

No 1996 pide excedencia no Museo Arqueolóxico da Coruña e pasa á Deputación Provincial da mesma cidade como Técnico de Xestión Cultural, inspirando e coordenando plans de dinamización cultural, museoloxía e recuperación do patrimonio cultural moble, inmoble e ideolóxico, así como a  posta en valor de ecomuseos, tan significativos como ponte entre pasado e presente para entender as bases culturais dunha Galicia rural en transformación.

 

Cunha importante laboura na dinamización cultural galega: fundador da asociación cultural “Avantar” do Carballiño, de “Alexandre Bóveda” da Coruña, do semanario “Anosa Terra”, da revista de pedagoxía o “Ensino”, coas que colabora con artigos  de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia. Aspectos que ininterrumpidamente trata en diferentes medios de comunicación de Galicia e moi especialmente en conferencias por diferentes colectividades galegas, asociacións culturais ou universidades do Estado, Európa e América. Creador  e animador de “Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña”, que pola súa actividade recibe en 1994 o “Premio Otero Pedrayo”,  inspiradora e base de “Amigos dos Museos de Galicia”,  colectivo con espacio de cultura propio e vida cultural ininterrumpida  en “Portas Ártabras” na Cidade Vella coruñesa. Asociación pioneira na sensibilización sobre a inmensidade do patrimonio cultural de Galicia, con iniciativas como o “Premio Pedra do Destino” á defensa do patrimonio cultural e as “xeiras” ou excursións guiadas ó longo de todo o ano por Galicia, como un xeito de  “coñecer para querer e defender o patrimonio”

 

Preocupado pola linguaxe simbólica na  tradición galega,  así  como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico. Aspectos que desvela incluso na súa faceta artística, especialmente como ilustrador, cartelista e pintor. Con obra dirixida a diferentes niveis de comprensión, os que fundamentalmente van da divulgación ó ensaio, participa en múltiples publicacións , artigos nos medios de comunicación de Galicia, folletos, guías, programas de radio, TV, prologuista, autor de varios libros, especialmente sobre cuestións en relación coa identidade cultural e recursos turísticos, entre moitos outros vinculados á investigación arqueolóxica ou histórica, expostos en congreos, conferencias, etc.  Museos de A Coruña (Everest, León 1989),  Artesanía de Galicia (Silex, Madrid 1981), Ferro Couselo (Artesa, Coruña, 1996) Ourense Etnográfico (Diputación, Ourense 1998), Os Xogos Tradicionais en Galicia (Proxecto Galicia. Hércules, A Coruña 1999)Festas populares de Galicia (serie con diapositivas): Nadal, Antroido, Semana Santa,  Maios, San Xoan, Festas populares, Magostos  (Baía , A Coruña 1997). Os primeiros galegos:prehistoria e arqueoloxía de Galicia ( Lea, Santiago 2003), Memoria do Carballiño (Xerais, Vigo 2003). Xaquín Lorenzo Fernández (Baía – 2004), etc.

 

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ana Cabana, "Facer as Américas: Pedro Murias". +

    Día 12 de setembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Ana Cabana, profesora do Ler Máis
  • Anotacións para as viaxes do día 16 de setembro á Ría de Ribadeo, e do 28 e 29 de octubre a Las Edades del Hombre (Cuellar) e Valladolid. +

    De 19 e 20 h. anotacións para as viaxes do día 16 de setembro á Ría de Ribadeo, e do Ler Máis
  • Viaxe á Ría de Ribadeo (A Devesa, Ribadeo e Figueras). +

    Día 16 de setembro, sábado Viaxe á Ría de Ribadeo (A Devesa, Ribadeo e Figueras). Saída ás 8:30 horas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO