Pronunciou comunicacións e conferencias sobre a poesía do século XIX, como as tituladas «Sense, Meaning and Influences in John Keats's "To Autumn"» (Northampton, 2005), «Algunos influjos de John Keats y de la poesía romántica inglesa en la lírica hispánica» (Santiago de Compostela, 2006), «John Keats: las grandes odas o el Romanticismo inglés» (Cidade Real, 2008), «For a Bird's Flight: A Comparative Study of the Nightingale in Coleridge's, Wordsworth's and Keats's Works» (Cannington, 2008), durante The Coleridge Summer Conference, ou «Emilia Pardo Bazán et la culture galicienne» (Pau, 2010).
Publicou os libros Helena Villar Janeiro na escola. A visión comprometida dunha escritora multifacética (2006), La propuesta lírica de John Keats. Belleza y verdad: Interpretación, antecedentes e influencias de las «Great Odes» (2006), Emilia Pardo Bazán e a poesía romántica. Estudo, selección e edición da súa produción lírica (2010), o poemario Déixame ancorar... (2011) e máis recentemente A peito descuberto: Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño (2012).
Co profesor, investigador e amigo Luís Calvo deu a coñecer igualmente os libros Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita (2007), A Voz e o Silencio. Bibliografía e estudo en torno a Darío Xohán Cabana (2007) e A festa máis fermosa do outono galaico (Os escritores falan do San Froilán) (2009).