18 de abril
A primeira parada foi en Baio, a carón do río Grande, onde tomamos o café e nos agardaba Felipe Senén López que nos acompañou para facer o percorrido por esta parte da Costa da Morte, da que falara na conferencia que deu sobre o tema o día 6. Fomos a Camelle e vimos a humilde casa de Manfred Gnädinger, coñecido como Man, finado en Camelle o 28 de decembro de 2002, cando a súa obra fora cuberta polo alcatrán do Prestige que naufragara o 13 de novembro. Diante do que foi a súa casa, de 4 m2, Felipe contounos a súa historia, propia para unha novela de Manuel Rivas que vive nesas terras. O seu Museo, feito cos cartos que lle deixou ao concello, non o puidemos ver porque non está aberto nin sábados nin domingos, que é cando debía estar.
Día 18
sábado
Viaxe para ver os faros do cabo Vilán, o faro de Muxía, o santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime.
Día 7, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Senén López sobre “Historia e cultura de Muxía nos camiños do confín”.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 18 de abril para ver os faros do cabo Vilán, o faro de Muxía, o santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime. Prezo 45 €.