Xoves, 04 Decembro 2008 23:00

Xosé Vázquez Pintor


AUTOBIOGRAFÍA

Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide no ano 1946, aínda que a súa infancia e a súa xuventude transcorreron en Agolada. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, exerce na como profesor de Ensino Medio en Pontevedra.

A súa actividade cultural desenvólvese en diferentes ámbitos. Como escritor, cultiva a poesía (Gándaras, Terra e pan, O espertar tamén é noso, Ofidios de diario, Na vertical da noite, No corazón mancado, Rotazón violeta, Banzados), a narrativa (De ida e volta, Lume de biqueira, Quen faga voar, A memoria do boi), o ensaio (de carácter antropolóxico: Os vellos oficios, A tribo sabe) e o teatro (A fraga encantada, A sombra da memoria e Teatro do patacón, aínda inédito). O seu labor literario ten sido recoñecido con numerosos premios: Eduardo Pondal, Cidade de Ourense, Esquío, Uxío Novoneyra, Carvalho Calero, Torrente Ballester, Premio da Crítica Española.

Moi vinculado á escena, funda os grupos teatrais Ancoradouro e Casa da Bola na vila de Cangas, onde reside. Asimesmo, colabora con frecuencia na radio e na prensa (foi membro fundador do semanario A Nosa Terra).

[Febreiro, 2002]

O xornalismo é a súa vocación de sempre: colaboracións en El Ideal Gallego (1969-1671: "Cartafol de cousas nosas"), A Nosa Terra (socio fundador e colaborador en Deportes e Sociedade, 1977-....), Faro de Vigo (Opinión:1985-1988), La Voz de Galicia (Opinión, Cultura e Deportes: 1988-1999), SER-GaliciaTelevisión do Morrazo (debate semanal en directo: Ardentía, 1999-2003). (Nas Ondas, 1994),

Arestora está no labor da narrativa, coa penúltima novela; e prepara unha revisión antolóxica da súa poesía e artigos xornalísticos.

[Decembro, 2005]

 

 

(documento orixinal en http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor259)

 

Biobibliobrafía de Xosé Vázquez Pintor:

Nace en Melide, 30 de novembro do 1946. Dende o 1973 reside en Cangas do Morrazo. 

Poesía: Gándaras, Terra e pan, O espertar tamén é noso, Ofidios de diario, Na vertical de noite, No corazón mancado, Rotación violeta, Banzados. 

Narrativa: De ida e volta, Lume de biqueira, Quen faga voar, A memoria do boi, Mar de bronce, Para dicir abril, Máis vidas (no prelo)

Narrativa infantil: A folla seca, Pousafoles. 

Teatro infantil: A fraga encantada; Asubío, Fina e Petra eran xente moi lareta.

Teatro adultos: Sala de espera, Teatro do patacón (varias pezas), A sombra da memoria.

Creador dos Grupos “Ancoradouro-mimo e pantomima, 1981-1997), e “A Casa da bola”, 1973. 

Ensaio: Os vellos oficios, A tribo sabe, Tal era vivir. 

Articulista: A nosa terra, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Vieiros (internet)

 

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO