|
|
|||||||||||||||
|
INICIO |
|||||||||||||||
|
|
04/07/2008: As ondas historiadas de Rodríguez Guerreiro 02/07/2008: Cos actos dos días 3 e 12 de xullo rematará o ciclo dedicado á Auga 02/07/2008: O Planeta dos Simios 23/06/2008: Mesa Redonda: O Castro da Atalaia 17/06/2008: Dispoñibles as fotos da viaxe a Belesar 16/06/2008: Novos RAMOS e PAULIÑAS 16/06/2008: coa viaxe a Belesar e arredores remata a primeira parte do Ciclo da Auga dedicado ás augas dos ríos 10/06/2008: XOSÉ MANUEL VÁZQUEZ FALOU DO PATRIMONIO FLUVIAL 04/06/2008: MARIÑO FERRO ENTUSIASMOU COAS SÚAS PROXECCIÓNS E RELATORIO SOBRE OS USOS E RITOS DA AUGA 30/05/2008: PRESENTACIÓN Á PRENSA DOS ACTOS SOBRE O CICLO DA AUGA 14/05/2008: María Castaña celebrou os maios o día 11 con cantigas e bailes polas rúas de Lugo 08/05/2008: LugoPatrimonio e a Agrupación MARÍA CASTAÑA festexarán Os Maios o sábado, 10 e o domingo, 11 06/05/2008: LugoPatrimonio asina o Manifesto POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO 02/05/2008: Presentacións sobre o castro da Atalaia 30/04/2008: O CERAMISTA MANUEL MIRANDA FIXO UN RELATORIO SOBRE A DESTRUCCIÓN DO CASTRO DA ATALAIA 29/04/2008: A DESTRUCIÓN DO NOSO PATRIMONIO: O CASO DO CASTRO DA ATALAIA 21/04/2008: ISIDORO RODRÍGUEZ CONSEGUIU, NA SÚA CONFERENCIA QUE VIVÍSEMOS OS MAIOS 17/04/2008: ISIDORO RODRÍGUEZ, INICIA O LUNS, 21 DE ABRIL OS ACTOS SOBRE OS “MAIOS” 15/04/2008: ROLDA DE PRENSA PARA DENUNCIAR A DESTRUCIÓN DUNHA PARTE DO CASTRO DA ATALAIA (SAN CIBRAO-CERVO) 11/04/2008: LugoPatrimonio reuniuse coas asociacións culturais que manteñen vivo o noso patrimonio inmaterial 06/04/2008: REMATOU O OBRADOIRO “COÑECER O BARROCO” 04/04/2008:Comezo da última parte do ciclo "Coñecer o Barroco" 12/03/2008: Entrega do disfrace do Oso de Salcedo ao museo de Binche 8/03/2008: Pauliña para a Igrexa de Compostela 8/03/2008: Viaxe a Santiago de Compostela 7/03/2008: Inauguración do Obradoiro e conferencias de Carlos Velasco e Xosé Anxo Carreira 6/03/2008: Comezo do Obradoiro "COÑECER O BARROCO" 27/02/08: ANDAR AOS NIÑOS 13/02/08: Engadidas fotos do Entroido Ribeirao 2008 no Caderno de Viaxes 12/02/08: Engadidas as fotos do Entroido de Salcedo 2008 no Caderno de Viaxes 04/02/08: OS NOSOS ENTROIDOS 25/01/08: Presentación do Entroido de Salcedo 24/01/08: Lugo, a mellor cidade do Mundo!!! 20/01/08: A Poutada do Oso 19:/01/08: Viaxe a Ourense 13/01/08: NADAL - REIS. CICLO FESTIVO 10/01/08: Itinerario da próxima viaxe: PASEOS POR OURENSE CO ESCRITOR MILLÁN PICOUTO 10/01/08: ODA A OURENSE (Millán Picouto) 18/12/07: Apertura da campaña LUGO: BONITO SI, PERO NON ASÍ 11/12/2007: NOVA DIRECTIVA DE LUGOPATRIMONIO E PRÓXIMOS PROXECTOS 5/12/07: Proposta de criación da figura de "BEN RURAL DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO" 29/11/07: Actualizado o Caderno de Viaxes coas fotos da viaxe ao Courel 25/11/07: As graves feridas da muralla 20/11/07: Pauliña para a confederación hidrográfica 12/11/07: LugoPatrimonio pide un plan xeral para o Courel 11/11/07: Viaxe ao Courel 8/11/07: CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DE LUGOPATRIMONIO 27/10/07: Viaxe Pazos con historia, arte e literatura 26/10/07: A vida nos pazos galegos 25/10/07: A arquitectura dos nosos pazos 19/10/07: Galiza no tempo dos pazos
CICLO DA AUGA Xuño: días 4, 10 e 14 (Lugo, Belesar) Xullo: días 3, 12 (Lugo, Viveiro, San Cibrao)
Introdución: A auga do ceo está feita de chuvia e tormentas. As nubes están preñes de auga que subiu dos ríos polos canos do arco da vella. A Vétula –de onde procede Vella– era unha divindade romana maligna, especie de bruxa, que sorbe a auga bebendo nos ríos. O seu vestido é de sete cores, o mesmo có da deusa Iris, que levaba as almas ó inferno. O poeta Ovidio chámalle “a que alimenta con auga as nubes” (Escobedo, 286). Esa Vétula ou Vella raptaba ás mozas máis garridas, razón pola que na miña infancia vilalbesa, ó aparecer o arco, botabámonos a cantar: “Arco da Vella, vaite de aí, que as nenas bonitas non son para ti”. A Iris grega e romana estaba asociada á tormenta. Xosé Chao Rego (O Libro da Auga - 1995) Xuño 1ª parte: as augas dos ríos... Día 4, mércores, 20 h. Deputación provincial. A auga na cultura popular, conferencia con proxeccións do antropólogo X. Ramón Mariño Ferro. Día 10, martes, 20 h. Deputación provincial. Conferencia con proxeccións de X. Manuel Vázquez Rodríguez, etnógrafo, sobre Patrimonio fluvial: legado e novos usos. Día 14, sábado, 8,00 h. Saída desde o Instituto Lucus Augusti en Viaxe a Belesar- (Lugo): visitas á igrexa de Diomondi, baixada a pé polos Codos de Belesar, visita ao Ecomuseo de Arxeriz, paseos polo Miño, viaxe en catamarán, xantar ao ar libre co que leve cada quen, final do día con visita a unha adega de Sabadelle-Chantada). Xullo 2ª parte: as augas dos mares Día 3, xoves, 20 h. Deputación Provincial: Arte, usos e cultura arredor do mar, conferencia con proxeccións de Francisco L. Rodríguez Guerreiro, mestre. Día 12, sábado: viaxe a Viveiro con Francisco L. Rodríguez Guerreiro Saída do Instituto Lucus Augusti ás 8,00 h. A viaxe consistirá na subida ao monte San Roque, paseo pola Ría abordo do barco Santiago Apóstolo, visita ao barrio mariñeiro de Celeiro, xantar na Abrela a base de peixe, percorrido por Viveiro e final no Museo do Mar de San Cibrao.
ACTIVIDADES IMEDIATAS DO VERÁN Xullo Día 26, sábado: homenaxe que os da Asociación AS FACHAS, de Castelo, fan ao noso querido D. Xaime Delgado Gómez, que tanto ten contribuído ao traballo de LugoPatrimonio. Quen queira participar ten que reservar a tarxeta do xantar (custo de 25 euros) antes do día 20 de xullo, chamando ao telefone 676 800 227. De ser alto o número de interesados-as, alugaríamos un autobús. Agosto Día 2, sábado. Viaxe a Castelo (Taboada) onde participaremos con outras asociacións para recoller no monte as plantas (agucios) coas que se confeccionan as fachas, co obxectivo de facer unha entre todos-as para queimar o día 7 de setembro. Xantar pola zona (posibelmente nunha adega da ribeira). A tarde dedicaríamola a confeccionar a facha. Saída de Lugo, ás 9,30 h. Para anotarse: chamar ao tfne. 676 800 227, antes do día 27 de xullo. Día 26, martes. 20 h. Deputación Provincial. Conferencia do investigador en danza e música tradicional Isidoro Rodríguez, que mediante proxeccións fotográficas nos achegará ao tema Baile e danza na Galiza: desde o rito á ruada. Día 31, domingo. Viaxe á Cervela (O Incio) para ver as danzas tan características que seguen a perdurar desde moi antigo. Visitaremos algún punto de interese do contorno (aldea da Cervela, ruínas da capela de San Roque e Pozo do mesmo santo), Igrexa de Santa Cruz do Incio, Balneario, Ferrería, Val do Mao, castro de Formigueiros e conxunto de mámoas de santa Mariña. Saída de Lugo: 9,30 h. Anotacións: de 18,30 a 20 h. o 26 de agosto, martes, (día da conferencia), na Deputación Provincial. Setembro Día 7, domingo: participación na queima das Fachas de Castelo-Taboada. Concretaremos o programa na conferencia di día 26 de agosto. Lugo, 3 de xullo do 2008 A DIRECTIVA
ACTOS DE LUGOPATRIMONIO CON MOTIVO DO CENTENARIO DA MORTE DO POETA CURROS ENRIQUEZ Día 23, martes, Deputación provincial de Lugo. 20 h. Conferencia do profesor Luís Martínez-Risco sobre Xentes e paisaxes na obra de Curros Enríquez Día 28 de setembro, domingo Viaxe a Celanova, Vilanova dos Infantes, Allariz, Santa Mariña de Augas Santas… seguindo a obra de Curros e guiada polo profesor Luís Martínez-Risco. Saída ás 8 h. de diante do instituto Lucus Augusti.
Outubro Día 14, martes, 20 h. Deputación provincial. Conferencia de Felipe-Senén López sobre O Ribeiro no outono: paisaxe e cultura. Día 18, sábado: viaxe ao Ribeiro con Felipe Senén, para ver Ribadavia, San Clodio, Leiro, Serantes e os viñedos en todo o seu esplendor dourado. Novembro Día 4, martes, conferencia sobre San Martiño de Mondoñedo: unha relación entre a música e a arquitectura-. Día 8, sábado: viaxe a San Martiño de Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo. En data sen determinar: asemblea de asociados e asociadas para entrega de carnets e Estatutos, nunha festa na que veremos tamén unha recopilación das viaxes e feitos que temos realizado. Decembro: Coñecer as nosas cidades Conferencia sobre Pontevedra: a cidade e o mar. Viaxe a Pontevedra para ver a cidade e pasear polos seus museos. Lugo, abril de 2008 A Xunta Directiva
Un xornal puxo nas páxinas da edición do domingo día 6 de abril unha foto da visita que fixemos o sábado á igrexa de Santo Domingo de Lugo, escribindo no pé da mesma que eramos 30 persoas as que asistimos. Esta foto que aquí vedes mostra só a maior parte dos que realmente asistimos, pois máis de quince xa se tiñan marchado por diversos compromisos. Parece que o grupo supera aos trinta, non si? É unha mágoa que os medios de comunicación non falen, polo menos, cos verdadeiros protagonistas cando queren informar dun suceso. Pero agradecemos tamén que o xornal se interesase por nós, cousa que aplaudimos unha vez máis.
AS FACHAS DE CASTELO: BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO
Lugopatrimonio@lugopatrimonio.org
Visitas desde o 18/04/2008:
|
|
04 de Xullo: As ondas historiadas de Rodríguez Guerreiro O profesor Francisco L. Rodríguez Guerreiro introduciunos onte nas augas azuis do mar dos seus estudos e recordos. Unha conferencia de múltiple colorido, na que entrou de forma amplia nos seus aspectos variados: usos económicos, lendas, historias de afogados e até na música e literatura que o mar galego produciu ao longo dos séculos. E, como sempre, as fotos seleccionadas arredondaron de xeito artístico a súa exposición. O próximo día 12 de xullo completará o percorrido no propio espazo físico do mar de Viveiro.
2 de Xullo: Cos actos dos días 3 e 12 de xullo rematará o ciclo dedicado á Auga O día 3, ás 20 h. e no salón de actos da Deputación Provincial, Francisco L. Rodríguez Guerreiro falará sobre Arte, usos e cultura popular arredor do mar. Apoiará a súa disertación con fotos e dvd relacionados co tema. De 19 a 20 h. continuará o prazo para anotarse á viaxe a Viveiro. Francisco Luís Rguez. Guerreiro é de Celeiro, un dos portos pesqueiros, xunto con Burela, de máis empuxe na Mariña luguesa. A súa exposición, apoiada con imaxes fotográficas, xirará arredor do mar, traendo até Lugo o cheiro a brea e a piche das embarcacións sobordadas, o ambiente das chabolas onde se fundía o chumbo e as redeiras cosían os aparellos e tamén o arrecendo das moitas fábricas e fabriquíns coas traballadoras puxando polos carros de grellas, preparando as cabezudas para os píos do arenque, apostando a cabala, o mucareu, o bonito ou o que cadrase…Arredor do mar tamén xiran os muiños de maré para proveito dalgún muiñeiro e aíndan fican restos de torres fortalezas que algún día defenderon a beiramar. E tamén nestas augas salgadas obrou Gonzalo o milagre da balea de San Cibrao segundo nos conta Cunqueiro…
Unha intervención arredor do mar que pretende convidar á viaxe que LugoPatrimonio organiza ás Terras de Viveiro o vindeiro día 12 de xullo. O día 12 de xullo sairemos ás 8 h. de diante do instituto Lucus Augusti para Viveiro, onde subiremos ao monte de San Roque, daremos unha volta longa pola ría nun barco pesqueiro, xantaremos na praia da Abrela a base de produtos do mar, pasearemos polos recunchos, estreitas canellas e lugares característicos desta fermosa cidade, andaremos polo Celeiro mariñeiro e acabaremos o día visitando o museo do Mar e coñecendo o castro da Atalaia de San Cibrao.
2 de Xullo: O Planeta dos Simios
27 de xuño: NEN O ALCALDE DE CERVO NEN O DELEGADO DE CULTURA SE COMPROMETERON A SOLUCIONAR A DESTRUCIÓN DO CASTRO DA ATALAIA. Venres, día 27 de xuño, na Casa do Mar de San Cibrao: representantes de Adega, alcalde de Cervo, Delegado de Cultura da Xunta de Galiza, Manuel Miranda como testemuña imprescindíbel da desfeita que se fixo, e mais o noso presidente, expuxeron distintas posicións sobre o futuro do castro da Atalaia. Conclusión desesperanzada: apesar do esforzo das asociacións presentes e do numerosos público pedindo solucións, os dous responsábeis políticos non se aclararon a respecto do futuro. As esperanzas debilítanse, máis a xente anda moi quente e eles serán tamén responsábeis directos do que aconteza. Nestes casos é cando a xustiza debería intervir con presa. Farao? Nós seguiremos no combate. Grazas a Mariñapatrimonio pola dirección deste interesante acto. Boa estrea das súas actividades esta Táboa Redonda.
23 de xuño: Mesa Redonda: O Castro da Atalaia LugoPatrimonio estará presente na mesa redonda do venres 27 de xuño na Casa do Mar de San Cibrao. Visita o blog de MariñaPatrimonio para máis información: http://www.blogoteca.com/mrpatrimonio
17 de xuño: Dispoñibles as fotos da viaxe a Belesar Preme aquí para ver as fotos... 16 de xuño: Novos RAMOS e PAULIÑAS Preme aquí para ver A XANELA...
16 de xuño: Coa viaxe a Belesar e arredores remata a primeira parte do Ciclo da Auga dedicado ás augas dos ríos.
O sábado 14 de xuño cumprimos un fermoso programa de visitas e paseos á igrexa de Diomondi, Codos de Belesar, catamarán con percorrido deica a fervenza de Augacaída e castro de Marce, Ecomuseo de Arxeriz, barcas e casas do Pincelo e, finalmente, degustación do viño da adega Lareu. Foi, portanto, un día completo, con sol, paisaxes, monumentos e a auga como trasfondo dos nosos estudos. A xente seguidora da nosa páxina pode entrar na sección ilustrada desta viaxe para comprobar fotograficamente o que aseguramos.
O próximo día 3 de xullo continuaremos co Ciclo da Auga que nesta segunda parte dedicaremos ás augas dos mares, co programa detallado á marxe desta noticia.
10 de Xuño: XOSÉ MANUEL VÁZQUEZ FALOU DO PATRIMONIO FLUVIAL
Viaxamos en batuxo polo Miño e fomos vendo as barcas distintas que nos legaron os devanceiros, e as artes de pesca que aínda se utilizan, as especies que desapareceron xa… un patrimonio de grande valor que está a agonizar pola falta de uso.
Vivimos con Xosé Manuel Vázquez Rodríguez a necesidade de usar, máis que contemplar, isto que se nos vai de vagar, en silencio, como un corazón que se está apagando. Mais aínda temos forzas para loitar contra a desfeita.
O sábado, día 14, viaxaremos a Belesar para contemplar realmente o que o etnógrafo nos contou: desde a igrexa de Diomondi (xoia do románico) baixaremos polos Codos de Belesar para embarcar despois no Catamarán (as ribeiras do Miño vistas desde o seu centro: igrexas, aldeas, illa de Sernande, fervenza de Augacaída…). Xantar e visita no pazo de Arxeriz. Portotide e barcas do Pincelo cos amigos que as protexen. Remataremos a xornada na adega e viñedos de Primitivo, en Sabadelle.
4 de Xuño: MARIÑO FERRO ENTUSIASMOU COAS SÚAS PROXECCIÓNS E RELATORIO SOBRE OS USOS E RITOS DA AUGA Foi, a conferencia e proxeccións fotográficas (A auga na cultura popular) de Xosé Ramón Mariño Ferro, que abriu o ciclo que LugoPatrimonio lle dedica á auga, a máis comunicativa, pois xa desde o inicio abriu comentarios e diálogo entre o público presente.
Desde os usos que a nosa cultura e necesidade práctica lle deu á auga, até as festas e ritos nas que intervén como elemento imprescindíbel, o conferenciante ofreceu unha visión moi completa que chegou, mesmo, a describir graficamente como se lavaba a roupa cando aínda non existían as lavadoras, ou como se purificaba o corpo antes de se someter ao rito relixioso. As distintas culturas doutras nacións, pasaron tamén pola análise aguda e profunda deste profesor e antropólogo.
Procesión ao río a pedir auga, coa Virxe
As nove ondas: A Lanzada 1920
O CICLO DA AUGA continuará o próximo día 10 de xuño coa conferencia do etnógrafo Xosé Manuel Vázquez Rodríguez sobre Patrimonio fluvial: legado e novos usos.
30 de maio: PRESENTACIÓN Á PRENSA DOS ACTOS SOBRE O CICLO DA AUGA O presidente e vicepresidente da nosa asociación veñen de presentar á prensa o programa de actividades sobre o Ciclo da Auga que os lectores e lectoras da nosa páxina poden consultar á marxe desta noticia. Ambos os dous deixaron patente que estes actos de grande atractivo están dedicados a un dos ensaístas máis interesantes e profundos que temos no noso país: Xosé Chao Rego, e en homenaxe a el e á súa obra O Libro da Auga (1995). Que sexan estes actos que comezan a próxima semana co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo e da súa área de Cultura, motivo para ler este libro e gozar deste grandioso patrimonio relacionado coa auga que galegos e galegas posuímos.
14 de maio: María Castaña celebrou os maios o día 11 con cantigas e bailes polas rúas de Lugo Antes, o día 10 fíxose a recollida das flores (xestas, fiunchos...) coas que se confeccionaron os maios...
08 de maio: LugoPatrimonio e a Agrupación MARÍA CASTAÑA festexarán Os Maios o sábado, 10, e o domingo, 11 Sábado, 10 de Maio: ás once da mañá sairase de diante do Instituto Lucus Augusti para recoller material vexetal polos montes dos arredores de Lugo. De regreso, sobre as 14 ou 15 h. haberá uns petiscos nos soportais do Concello de Lugo. A partir das 17 h. confeccionaranse neste mesmo lugar os Maios. Domingo, 11 de Maio: Os Maios e persoas que queiran acompañalos sairán ás 13 h. dos soportais do Concello para percorrer as rúas do centro e cantar as coplas características deste comezo da primavera. Para que ela nos dea os froitos que os que mandan nos negan. VIDE, CANTADE, BAILADE E SENTÍDEVOS LIBRES RECUPERANDO ESTE RITO DE PARTICIPACIÓN TAN COMUNICATIVO.
6 de maio: LugoPatrimonio asina o Manifesto POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO A entidade LugoPatrimonio da localidade de Lugo E, no seu nome o seu presidente Lois Diéguez DECLARA o seu apoio ao Manifesto POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO (Ver texto completo...)
|
O |
|
||||||||||