Instrumentos, melodías e historias recitáronse en paralelo e floreceron en terreos cultos e populares dando, lugar a un dos substratos musicais máis ricos de Europa.
A imaxe da música no Camiño de Santiago
Son varios os motivos polos cales as representacións da música (cantores, instrumentistas ou mesmo instrumentos) aparecen en innumerables estampas e soportes ao largo do Camiño de Santiago, en número superior a outras áreas e outros países:
A música adquire, en lecturas e símbolos, un carácter trascendente como representación da penitencia e o sufrimento que calquera peregrinaxe comporta. Así, nada mellor para reflectir aquela viaxe que o recordo de estampas musicais cargadas de significado: os Anciáns da Apocalipse, o Rei David cos seus músicos no templo de Xerusalén (prefiguración da Igrexa de Santiago), etc. Pero non só grandes marcos ou pretextos teolóxicos: nas pequenas igrexas ao longo do Camiño represéntanse personaxes da vida cotiá: danzantes, xograres, anxos…, en estampas populares de alto valor catequético.
Pero o instrumento, tamén, visto de cerca, as súas formas (triangulares, dobres círculos, etc.) poden expor outros ensinos que agora, no século presente, agóchansenos e quedan lonxe da nosa comprensión.
É o obxectivo desta conferencia descubrir imaxes e significados para volver á actualidade a representación da música e dos instrumentos ao longo do Camiño de Santiago, con imaxes galegas e lucenses en particular.