Venres, 09 Outubro 2009 15:36

Óscar López Mendaña

Óscar López MendañaÓscar López Mendaña (Astorga, 1968). Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación na especialidade de Orientación Escolar (Uned 2002). Posúe unha ampla experiencia no campo educativo e sociocultural. Sacerdote ó longo de 10 anos, (Licenciado en Estudios Eclesiásticos, Facultade de Burgos 1992), chegou a Galiza no ano 1994 desenvolvendo traballos docentes no Colexio Pablo VI da Rúa de Valdeorras (Ourense) e o C.E.I.P. Bibei (Viana do Bolo).

Hai sete anos abandonou o sacerdocio e dende entón compaxina o seu traballo profesional como asesor de empresas e axente de seguros coa súa paixón: a animación sociocultural. Educador Social, colexiado no Ilustre Colexio de Educadores Sociais de A Coruña e Ourense, Experto Universitario en Animación Sociocultural (Uned ) e Animador Sociocultural (Universidade Pontificia de Salamanca) traballa profesionalmente neste ámbito de maneira autónoma ofrecendo servizos a concellos e asociacións culturais. Destacamos a súa etapa coma Delegado de Animación Sociocultural no Instituto de Estudios Valdeorreses (I.E.V. O Barco de Valdeorras) onde organizou dous Congresos Comarcais de Animación Sociocultural. O primeiro deles transformouse en libro (Caderno Monográfico nº 38.2001).

Autor de varios artigos e comunicacións, amén do libro reseñado, en revistas culturais, destaca polo seu amor polas tradicións galegas, especialmente da comarca de Viana do Bolo (Ourense), lugar da súa residencia dende hai dez anos. Na actualidade colabora de maneira continuada co Concello de Viana do Bolo onde desenvolve servizos de turismo e programación de actividades educativas, deportivas e socioculturais.

  • Libro: “I CONGRESO COMARCAL DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DEL I.E.V.”, Coordinador. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº38.2001 (150 páxinas).
  • Comunicación: “EL INSTITUTO DE ESTUDIOS VALDEORRESES Y LA CONMEMORACIÓN DEL DÍA DAS LETRAS GALEGAS” publicado no libro “IX Semana de Historia”, Instituto de Estudios Valdeorreses, Caderno Monográfico Nº35, 2001.
  • Comunicación: “EL ENTROIDO DE VIANA DO BOLO COMO ELEMENTO DE PROGRESO Y DESARROLLO”. X Semana de Historia del Instituto de Estudios Valdeorreses, abril de 2002
  • Artigo: ”EL ANIMADOR TURÍSTICO: UN NUEVO PERFIL PROFESIONAL EN EL MUNDO RURAL”, publicado en la revista PANORAMA Hostelero y Turístico, Año III, nº17, decembro/xaneiro de 2000

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Clodio González Pérez. sobre "Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999): a súa estadía en Lugo" +

    Día 12 de marzo, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Clodio González Pérez. sobre Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 16 ao 19 de maio, a Aveiro (Portugal) +

    Día 26 de marzo, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial De 19 e 20 h. anotacións Ler Máis
  • Mesa Redonda: Felipe Arías Vilas, Fraguas arqueólogo; Mª. Xosé Fernández Cerviño, Fraguas no Museo do Pobo Galego; Xosé Manuel González Reboredo, Fraguas historiador; e Jesús Cao Peón, Fraguas profesor +

    Día 26 de marzo, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Mesa Redonda: Felipe Arías Vilas, Fraguas Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO