Luns, 16 Novembro 2026 17:51

Viaxe á Coruña

 

12 de novembro

Nesta viaxe do outono, a derradeira do ano, no mes dos Santos, consideramos acaído visitar o antigo cemiterio de San Amaro, un camposanto con carácter atlántico, con vistas ao océano, onde están enterrados destacados persoeiros do empresariado, da milicia, da política, das artes e das letras de Galicia. 

Comezando polo nome, segundo o noso amigo e colaborador Felipe Senén, na  tradición popular San Amaro ou San Mauro asóciase co máis alá. Creado en 1871, o cemiterio foi inaugurado en 1813 despois da prohibición de enterrar nas igrexas e a súa contorna. Ampliouse en 1883 e construíuse un templo funerario na porta de entrada de portada dórica.

Durante dúas horas e media percorremos acompañados de dosu guías as tres seccións do cemiterio, a relixiosa, a civil e a británica, parándonos naqueles enterramentos que chamaban a atención pola súa arquitectura, desde o estilo historicista, o modernismo e a artdecó, ou pola importancia do seu ocupante en humilde nicho. 

Na entrada está o cemiterio dos nenos, e debaixo as vitimas da epidemia de cólera de 1854. Vimos os enterramentos da familia do historiador Manuel Murguía, dos escritores e poetas Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Wenceslao Fernández Flórez, do músico José Castro González (Chané), dos pintores Luis Seoane,  Manuel Abelenda, Francisco Lloréns, da dona de Francisco Espoz e Mina, Juana de Vega, etc. 

Pola tarde, durante hora e media,  visitamos na Fundación Barrié a exposición de gravados “O Bosco e Brueguel. Unha viaxe a mundos fantásticos”. Seguindo as explicacións do guía percorremos as distintas seccións na que se presentan os gravados procedentes da colección do Museo Boijmams Van Beuningen de Róterdam,  inspirados nas obras do pintor o Bosco, que non fixo gravados, e Pieter Brueguel o Vello, que sí deseñou estampas que foron reproducidas nos talleres de Amberes. Do primeiro son estampas atiborradas de escenas populares e tamén fantásticas, mentres que do segundo, hai paisaxes, escenas campesiñas, de festas, de barcos, alegóricas do diñeiro e o engano, e outras. 

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a A Coruña para ver a exposición na Fundación Barrié, «O Bosco e Bruegel. Unha viaxe a mundos fantásticos» +

    Día 12 xoves Viaxe a A Coruña para ver a exposición na Fundación Barrié, «O Bosco e Bruegel. Unha viaxe… Ler Máis
  • Conferencia de Enrique Montenegro Rúa sobre “Santa Eulalia de Bóveda, cen anos dos descubrimento” +

    Día 24, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Enrique Montenegro Rúa sobre “Santa Eulalia… Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO