Artigos filtrados por data: Decembro 2025
Domingo, 14 Decembro 2025 21:11

Festa dos Socios 2025

13 de decembro

Como é habitual no mes de decembro, coincidindo coa asemblea anual, este ano celebrada o día 12, fixemos unha xuntanza cun xantar de confraternidade onde tivemos a ocasión de ver a asociados que por varias circunstancias non puideron asistir con regularidade ás actividades desenvolvidas.

O lugar escollido foi o Balnerio de Lugo. O presidente, Adolfo de Abel Vilela, deu as grazas aos asistentes e animounos a continuar apoiando a Asociación. Na sobremesa houbo un concerto de música e canto cunha selección de obras clásicas e contemporáneas.

Rematada a reunión baixamos ver os baños romanos, como actividade incluída nas visitas aos xacementos arqueolóxicos da cidade. Foron explicadas na parte histórica polo presidente, e no que atinxe a actividade do Balneario, pola directora do establecemento, Martina Gandoy Fernández, facendo con ela e o persoal técnico un percorrido por todas as instalacións co fin de coñecer os tratamentos que ofrecen.

9 de decembro

A catedrática de Hidroloxía da Universidade da Coruña, comezou a súa conferencia dicindo que para entender o papel que as termas xogaron na vida dos romanos había que referirse aos avances na práctica médica da época, pero sobretodo ás referencias sobre a súa cultura no campos dos cuidados do propio corpo e da saúde pública en xeral.

Para os romanos cada conquista que realizaban os seus exercitos conlevaba un enriquecemento do seu acerbo cultural. E así foronse xerando usos e costumes que chegaron a formar parte do noso modus vivendi occidental. A hixiene, o urbanismo e o mesmo concepto de benestar son aspectos, en gran parte herdados da cultura romana.

Destacou que as termas romanas foron moito máis que simples instalacións para o baño: constituíron auténticos centros neurálxicos da vida urbana, onde se combinaban hixiene, saúde, ocio e cultura. Estes espazos, inspirados nas tradicións helénicas, evolucionaron desde modestos balnea ata grandiosos complexos imperiais, que podían acoller miles de persoas simultaneamente.

Día 13, sábado

ás 14,30 horas

Se é posible xantar no Balneario. Confirmarase.

Pola tarde visita aos Baños romanos.

Actuación do grupo de música clásica Esemble Bóreas.

Día 12, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Asemblea xeral e festa dos socios. Na convocatoria diráse o lugar do xantar.

Día 9, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Rosa Meijide Failde, catedrática de Hidroloxia Médica na Facultade de Fisioterapia da Universidades da Coruña, sobre “O papel dos balnearios na vida romana”.

Busca nesta web

Próximos actos

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO