PRIMEIRO SEMESTRE
XANEIRO
Día 21 de xaneiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Pilar García Negro, sobre “Castelao, obra artística”.
De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes a Pontevedra o día 1 de febreiro, para ver o Museo e para a viaxe do día 22 de febreiro, para ver o castelo de Vimianzo e o Museo do Xoguete e do Deporte en Ponteceso. Prezo 45 €.
FEBREIRO
Día 1, sábado
Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao. Saída ás 8,30 horas.
Día 18 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez “Sei cantar e sei bailar”, con motivo da dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe a Zaragoza e Tarragona do 5 ao 9 de maio.
Día 22, sábado
Viaxe a Vimianzo e Ponteceso. Saída ás 9 horas.
12 de decembro
Na Asemblea ordinaria celebrada no salón da Deputación Provincial, despois da lectura da acta da Asemblea anterior pola secretaria Celia Besteiro Rodríguez, o presidente, Adolfo de Abel Vilela, deu conta das actividades desemvolvidas no ano 2024, que foron dez conferencias, dúas delas dedicadas ao historicismo, sete viaxes, sendo de catro días os de Sintra, na primavera, e o de Mérida, a comezo do outono. Houbo tamén unha visita guiada á catedral de Lugo e un roteiro pola cidade para ver obras do escultor Francisco Asorey ao que se lle dedicaba o ano.
A vicepresidenta, Branca Rodríguez Pazos, deu conta das actividades do Club de Lectura dirixido por María Casar Díaz, no que se leron once libros participando os autores nalgunha das sesións.
A tesoureira, Julia Cantalapiedra Álvarez, informou sobre o estado das contas e do movemento de asociados. No ano 2024 houbo 24 altas e 15 baixas, sendo o número de socios de 174.
Pasouse despois a propoñer as actividades para o ano 2025 que van xirar a redor de dous aniversarios, os 50 anos da celebración do Bimilenario e os 25 da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, polo que tanto as conferencias como as viaxes estarán dedicadas á divulgación e ao coñecemento do mundo romano en diversos aspectos. Visitaránse os centros arqueolóxicos da cidade, o castro de Viladonga e Santa Eulalia de Bóvede e faranse viaxes a Astorga, Chaves e Coimbra, Zaragoza e Tarragona, entre outros. Tamén se abrirá a programación cunha conferencia dedica á obra artística de Castelao, con motivo dos 75 anos da súa morte, e sobre á temática do Día das Letras Galegas, comezando en marzo co tema da romanización ou latinización.
Despois, corenta e seis socios participaron nun xantar no Hotel Méndez Núñez, actuando o grupo de cantareiras das “Aulas de Pandeira”, que dirixe Barnca Villares e que foi presentado pola vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos, como un anticipo do Día das Letras Galegas 2025 dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral.
Día 12, xoves
Asemblea xeral e festa dos socios.
Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas.
23 de novembro
Como peche das viaxes incluidas na Programación do ano 2024, desprazámonos a Monforte comezando pola visita ao Museo de Arte Sacra das Clarisas, o mellor de Galicia e o segundo de España pola calidade das pezas que se mostran. Acompañounos como experto o cóengo César Manuel Carnero Rodríguez, que fixo unha introdución histórica sobre a personalidade dos fundadores en 1662, Catalina de la Cerda Sandoval, filla do duque de Lerma, valido de Felipe III, e Pedro Fernández de Castro e Andrade, VII conde de Lemos.
Están expostos o legado artístico que doaron, en escultura un Cristo xacente e unha Inmaculada de Gregorio Fernández, bordados en sedas de pezas de indumentaria litúrxicas, relicarios que recolleron, encargaron ou recibiron como agasallo durante e despois do seu virreinato en Nápoles entre os anos 1610 e 1616.