Venres, 20 Novembro 2009 15:49

Delfín Caseiro Nogueiras

 

DELFÍN CASEIRO NOGUEIRAS (Rairiz de Veiga, 1954). Catedrático de Lingua galega e Literatura e Inspector de Educación. Relatorios e intervencións en xornadas didácticas e congresos, conferencias e mesas redondas. Profesor de cursos de Lingua galega e Literatura para distintos colectivos profesionais e sociais.

Coautor dos libros de texto de Bahía Edicións: Actividades de Construción Gramatical, Actividades de Expresión (Oral e Escrita), Actividades de Léxico 1 e Actividades de Léxico 2.

Estudos e ensaios sobre a obra de García Ferreiro,  Álvarez de Nóvoa, Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Blanco Torres, Carlos Casares, Manuel Luís Acuña, Delgado Gurriarán,  Riveiro Coello, Antón Tovar, Camiño Noia, Xoaquín Lorenzo, Lamas Carvajal, Vicente Risco, etc.

Publicacións: A voz de Otero (2001); A romaría da Saínza: Mouros e Cristiáns (2003); Catálogo de músicos da Limia (2005); A lenda da lagoa de Antela (2009); unidades didácticas do programa Cine e Saúde do Concello de Ourense ( Silencio roto e Big Fish); unidade didáctica sobre a novela O porco de pé de Vicente Risco.

Textos poéticos das exposicións Imaxe e palabra I e II, co fotógrafo Juan Cid.

Colaboracións en obras colectivas: Benito Losada, vinte e cinco anos de labor cultural en Ourense; Festa do Boi; Castro Floxo (25 anos de Arte, Cultura e Tradicións populares); Catálogo de autores da Limia; Volverlles a palabra; Voz da terra, arela de pobo; Conservatorio Profesional de Música de Ourense (1957-2007). Cincuenta anos de música; Miguel, un cura grande en Parada de outeiro; Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade; etc.

Estudo introdutorio do Cancioneiro popular da provincia de Ourense, I e II ( Colectivo Castro Floxo); prólogos de Limaiaé de Riveiro Coello e  A  máis fermosa roseira de                                        Lois Antón.

Tradución para o galego da obra Vacas. Su dignificación sexual y gastronómica (2007) de Flavio Morganti e da novela Te amaré después de siempre (2001) de Alfonso S. Palomares, de próxima aparición.

Colaboracións xornalísticas en La Región, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, O Sil. Colaboracións nas revistas Raigame, Auria, Lethes, Revista Galega de Educación, Tempos Novos e ProTexta.

Domingo, 11 Outubro 2009 19:40

José Manuel Fernández Anguiano

Anguiano- Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialista en Vitivinicultura
- 1957 a 1986 e de 2002 a 2006: Enxeñeiro Agrícola do Ministerio de
Agricultura e da Consellería de Medio Rural
- 1980 a 1990: Vocal técnico do Consello Regulador de Denominación de
Orixe Rías Baixas
- 1982 a  88: Presidente do Consello Regulador de Denominación de Orixe
Ribeiro.
- 1985 a 2004 : Vocal técnico do Consello de Denominación de Orixe
Orujo de Galicia
- Fundador da Irmandade dos Viños Galegos e membro síndico do sanedrín
de dirección desta irmandade
- Colaborador semanal no suplemento Ecoagro de La Región con artigos
de opinión sobre asuntos do sector agropecuario

- 1972 a 2002: Fundador, presidente e director xeral da Estación
Invernal Manzaneda, S.A. (MEISA)
- 1972 a 1978: Conselleiro do diario ourensán La Región

Venres, 09 Outubro 2009 15:36

Óscar López Mendaña

Óscar López MendañaÓscar López Mendaña (Astorga, 1968). Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación na especialidade de Orientación Escolar (Uned 2002). Posúe unha ampla experiencia no campo educativo e sociocultural. Sacerdote ó longo de 10 anos, (Licenciado en Estudios Eclesiásticos, Facultade de Burgos 1992), chegou a Galiza no ano 1994 desenvolvendo traballos docentes no Colexio Pablo VI da Rúa de Valdeorras (Ourense) e o C.E.I.P. Bibei (Viana do Bolo).

Hai sete anos abandonou o sacerdocio e dende entón compaxina o seu traballo profesional como asesor de empresas e axente de seguros coa súa paixón: a animación sociocultural. Educador Social, colexiado no Ilustre Colexio de Educadores Sociais de A Coruña e Ourense, Experto Universitario en Animación Sociocultural (Uned ) e Animador Sociocultural (Universidade Pontificia de Salamanca) traballa profesionalmente neste ámbito de maneira autónoma ofrecendo servizos a concellos e asociacións culturais. Destacamos a súa etapa coma Delegado de Animación Sociocultural no Instituto de Estudios Valdeorreses (I.E.V. O Barco de Valdeorras) onde organizou dous Congresos Comarcais de Animación Sociocultural. O primeiro deles transformouse en libro (Caderno Monográfico nº 38.2001).

Autor de varios artigos e comunicacións, amén do libro reseñado, en revistas culturais, destaca polo seu amor polas tradicións galegas, especialmente da comarca de Viana do Bolo (Ourense), lugar da súa residencia dende hai dez anos. Na actualidade colabora de maneira continuada co Concello de Viana do Bolo onde desenvolve servizos de turismo e programación de actividades educativas, deportivas e socioculturais.

  • Libro: “I CONGRESO COMARCAL DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DEL I.E.V.”, Coordinador. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº38.2001 (150 páxinas).
  • Comunicación: “EL INSTITUTO DE ESTUDIOS VALDEORRESES Y LA CONMEMORACIÓN DEL DÍA DAS LETRAS GALEGAS” publicado no libro “IX Semana de Historia”, Instituto de Estudios Valdeorreses, Caderno Monográfico Nº35, 2001.
  • Comunicación: “EL ENTROIDO DE VIANA DO BOLO COMO ELEMENTO DE PROGRESO Y DESARROLLO”. X Semana de Historia del Instituto de Estudios Valdeorreses, abril de 2002
  • Artigo: ”EL ANIMADOR TURÍSTICO: UN NUEVO PERFIL PROFESIONAL EN EL MUNDO RURAL”, publicado en la revista PANORAMA Hostelero y Turístico, Año III, nº17, decembro/xaneiro de 2000
Martes, 04 Agosto 2009 16:13

José Manuel Blanco Prado

 

D. Xosé Manuel Blanco Prado é profesor de Filosofía no I.E.S. “Xoán Montes” de Lugo e Doutor en Historia. Publicou os seguintes libros: “Romaxes da Terra Chá”. “Religiosidad popular en el municipio de Begonte” e, tamén, “Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses”. É coautor das seguintes obras: “Cruces e Cruceiros do concello de Begonte, “Begonte: Pasado e Presente” e “ Tempos de Festa en Galicia” .

Publica contidos relacionados coa antropoloxía cultural, etnografía e a historia en diversos boletíns informativos e revistas culturais, como o Boletín do Museo de Lugo, Lucensia, Lucus, Estudios Mindonienses, Croa, Pena do Encanto, Boletín de Estudios Chairegos, Castiñeiro Milenario, Diario “O Progreso de Lugo” etc. Desde 1993 traballa con Fernando Arribas Arias e Mario Saavedra no proxecto Carboeira, cuxa finalidade e levar a cabo unha catalogación e inventario dos cruceiros da Terra Chá. Tamén colabora en revistas dixitais, como “Galicia Encantada” e “Culturas Populares”.

Acadou as seguintes distincións: IX Certame Literario da Terra Chá (1972). Premio de Periodismo 'Manuel Mato Vizoso' (anos 1982 y 1984) e Premio 'Cal da Loba' das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego (1999). Fue nomeado 'Milagrosista 1997'.

Luns, 03 Agosto 2009 14:33

Clodio González Pérez


ClodioCenlle (Ourense), 1947. Mestre, historiador e etnógrafo. Membro da extinta sección de Etnografía e Folclore do Instituto “P. Sarmiento” de Estudos Galegos (secretario da devandita sección dende 1984); do padroado do Museo do Pobo Galego (1984), secretario (1992 a 1997) e vocal da Xunta rectora; da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega, etc. Galardóns: "Premio Concello de Ponteareas, 1983" por Aproximación a la historia de Ponteareas; "A la mejor labor continuada" en prensa do certame do Ministerio de Cultura sobre “Artes y Tradiciones populares”, os anos 1983, 1884, 1885 e 1986; premio "Investigación-1987" da Deputación Provincial de Pontevedra por A festa dos maios en Galicia; "O Maio", galardón anual da Asociación de Veciños "Casco Vello" de Vigo, 1990; premio "Investigación-1992" da Deputación de Pontevedra por A producción tradicional do ferro en Galicia: as grandes ferrerías da provincia de Lugo; “Curuxa de honra” do Museo do Humor de Fene, 1999; coautor de O Ribeiro. O viño da cultura. A cultura do viño, premio mundial ao mellor libro publicado sobre o viño en 2001 (“Gourmand World Wine Books Award 2001”); premio de investigación “Raigame”-2008, etc.

Colaborador da Gran Enciclopedia Gallega, asesor da Enciclopedia Galega Universal, e do consello consultivo e colaborador da Gran Enciclopedia Galega.

Colabora en prensa dende 1965 (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, O Correo Galego, Galicia Hoxe...). En 1969 publica o primeiro folleto ao que seguirán varios libros, entre outros, Castelao: caricaturas e autocaricaturas (1986), A festa dos maios en Galicia (1989), O concello de Rois (1990); "Aproximación etnográfica á cultura material da montaña lucense ", vol. II de Antropología y Etnografìa de las proximidades de la Sierra de Ancares (1991), As festas cíclicas do ano (1992), A coca e o mito do dragón (1993), A producción tradicional do ferro en Galicia; “Arquitectura e tecnoloxía populares no val de Ancares (León)” (1996),  “Cousas da vida” no Faro de Vigo, por Castelao (2001), “Aspectos lingüísticos e tecnolóxicos do Val de Fornela” (2002), Os cruceiros (2003), O Ribeiro: terra, auga e viño (2003), La iglesia y el cementerio de Santa María a Nova de Noia, (2003), Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa (2003), Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2003), Román Martínez de Montaos. Un facendista galego do século XIX (2006), Xosé María Álvarez Blázquez (2007); A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros (2008), Mar adiante. As “xeiras” dos ultreias (2008), As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro (2008), etc.

Conta con máis dun cento de traballos de investigación publicados en diferentes revistas, congresos, estudos preliminares, etc.

Luns, 03 Agosto 2009 14:32

Mª do Carme Pernas Bermúdez

Mª  do Carme Pernas Bermúdez

Naceu en Vilalba (Lugo) o 24 de abril de 1976. É licenciada en Humanidades e Máster en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade da Coruña. Realizou o programa de Doutoramento “Patrimonio Histórico e Cultural de Galicia” pola dita entidade, e dende hai uns anos está a traballar na súa tese sobre o patrimonio natural e cultural da comarca da Terra Chá, o que compatibiliza co seu traballo como profesora de Ensino Secundario de Xeografía e Historia nos dous últimos cursos e, na actualidade, como bolseira investigadora do Patrimonio Inmaterial do Museo Provincial de Lugo da Vicepresidencia da Deputación Provincial.

Un traballo de investigación adianto da tese doutoral foi o publicado en 2006 baixo o título Itinerarios de arquitectura popular pola Terra Chá. Dese mesmo ano é o libro Lanzós, lembranzas doutros tempos, que realizou con Isabel Pernas Bermúdez, Teresa Burgo García e Sabela Figueira Tenreiro co gallo da realización dunha exposición de fotografía antiga na parroquia vilalbesa de Lanzós, organizada polo Instituto de Estudios Chairegos. Neste ano de 2009 ven de publicar o libro Capelas de Costa. A relixiosidade barroca en San Simón, en coautoría con Sabela Figueira Tenreiro e José Luís Novo Cazón. Ademáis, ten publicados varios artigos de investigación histórica e antropolóxica en diversas publicacións periódicas, programas de festas e revistas especializadas no ámbito da cultura galega e chairega.

Forma parte de asociacións e colectivos culturais na defensa do patrimonio chairego e do ámbito pedagóxico".

Luns, 03 Agosto 2009 14:31

Luís Costa

 

Luis CostaLuís Costa (Cambados, 1968) é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999); acadou o doutoramento na área de Música (Santiago de Compostela, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director desde 2006, e no Conservatorio Superior de Vigo. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado ao redor de de unha cincuentena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colectivas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea.

Entre as súas contribucións máis recentes cómpre destacar o ensaio introductorio “Música e ideoloxía na xénese dos grandes cancioneiros folclóricos de Galicia” formando parte dos estudios críticos da reedición do Cancioneiro Musical de Galicia, (Fundación Barrié de la Maza, 2008) e a serie de dazasete colaboracións referidas ás danzas rituais en Galicia, en curso de publicación na obra Tempos de Festa en Galicia (Fundación Caixagalicia, 2006, 2008, e previsto vol III no 2010).

Actualmente é membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega) e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

Martes, 30 Xuño 2009 19:41

Antonio Vázquez Rouco

Sen datos.
Martes, 30 Xuño 2009 19:39

Lois Diéguez

 

BREVE CURRICULUM DE LOIS DIÉGUEZ


Lois Diéguez (Monforte de Lemos,1944). Estudos de bacharelato na sua cidade natal e de Enxeñeiro T. Topógrafo en Madrid, profesión que exerceu no Concello de Lugo. Foi deputado polo BNPG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego.

Ten un amplo campo de traballo como colaborador de xornais e revistas (El Progreso, A Nosa Terra…), na Radio (Galiza Sempre), como compoñente do grupo poético Círculos Líticos en realización de espectáculos culturais, ou como presidente de LugoPatrimonio na defensa do noso Patrimonio material e inmaterial. Activo conferenciante tanto no noso país como fóra del e inquedo viaxeiro.

Da sua ampla obra literária destácase, en narrrativa, A canción do vagamundo (1986), Monólogos do espello (1993), Viaxe ás terras encantadas de Lemos (1999), A casa de Galiaz (2003), ou a súa última novela O canto do Muecín (2007). En poesia destacamos Albre de espranza (1966), O ferro dos días (1982) ou Ónfalos (2001).


Prémios literários: en poesía: Colexio Minerva de Compostela, Xogos florais de Monforte. En novela: Casa de Galicia de Bilbao ou o Blanco Amor de 1986.

 

Martes, 19 Mai 2009 23:05

Antón Fortes Torres

 

Antón FortesAntón Fortes Torres (Sarria, 1957). Estudou filoloxía galega, portuguesa, hispánica e románica na Universidade de Santiago de Compostela; completando estudos nas Universidades de Montpellier, Coimbra e Lisboa. Actualmente exerce como catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES Sanxillao de Lugo.

Ten publicados varios libros de poesía nos que arrandea entre a temática homoerótica e a social: Figuras masculinas de meio-corpo (Espiral Maior, Premio Legais 2001), Sexto Fetiche (Edición de autor, 2001)e Gris Cinza (eDixital, 2009).

Despois de reinterpretar en Caderno de animalista (OQO Editora, 2008), con humor e ironía, obras xeniais da pintura dos dous últimos séculos, cambia de rexistro con Fume (OQO Editora, 2008), onde aborda a vida dos cativos nos campos de exterminio nazi.

Fixo tamén as traducións dos traballos de Ricardo Lísias, Cobertor de estrelas; e de Svjetlan JunakovicGran libro dos retratos de animais, entre outros.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO