¡¡¡¡S.0.S!!!!

 

 Felipe-Senén López

Tamén desafiuzado o patrimonio cultural  labrego

museo Benigno Eiriz

 

Como a moitos, a Benigno Eiriz tamén lle rompía o alma ollar un carro galego deteriorándose á intemperie, pese a tanta cultura tras si.Namentres competían os desgobernos das urbes a quen ter máis metros cúbicos de espectaculares carcasas, incontinencia deconstructivistas  para casas da cultura, ciudades da cultura, coliseos, forums, palladiums e palexcos, arenas… namentres se botan a perder as verdadeiras casas e templos dos creadores  e se asasinaba ás súas pantasmas, ao ”genius loci”, atoutiñante entre contidos, mobles, ferramentas de traballo … Os netos desfanse das coleccións dos avós, namentres imperan as virtualidades  importadas e mercadas por catálogo.Coleccións asociadas a teimas dunha vida gastando esforzos e medios, cedéndoas … a facer o que os gobernos non facían na súa borracheira burocrática.

Sempre lembraremos e impartiremos a lección de praxe de Isaac Díaz Pardo, que con algúns outros,  aproveitando e mellorando vellas teorías, entre elas a de Castelao e a do Seminario de Estudos Galegos, dedicouse a more info crer aínda no ser humano, á produtividade e a dignificar  entre os esperpentos canto significaba Galiza. Non entendía a cultura como un adorno ou unha liturxia, pese a que o arrastraron a iso; repetía  “que a cultura é o que o ser humano cultiva”. E é certo que o ser humano cultiva tradicións, crea, inventa e copia ideas e artefactos cos que desenvolver a vida e a intelixencia.  Pese a todo priman as virtualidades por encargo.

Entre tantas historias tristes do fracaso colectivo,  tamén está a de Benigno Eiriz López, natural desa ribeira sacra do Miño, da que agora incoan expediente para figurar nos papeis como Patrimonio da Humanidade.

Pauliña para as administracións correspondentes (Concello, Xunta (Patrimonio), Escolapios…) por deixar que o fermoso e valiosísimo retablo de Francisco Moure , da igrexa dos escolapios de Monforte , siga a encherse con toneladas de po e a aburacarse coas roeduras da couza. Un día caerá sobre a indiferencia e a irresponsabilidade dos que rexen o noso patrimonio. Para que os queremos?
Luns, 12 Xuño 2006 11:21

A pauliña para a Deputación


Suso Fernández, o cronista oficial de Foz, chamou reiteradamente a atención sobre eses impactantes retretes que asoballan a igrexa románica de San Martiño de Mondoñedo, un dos mellores monumentos que temos na nosa provincia.
LugoPatrimonio estivo hai uns días alí, e comprobou esa obra abraiante que no seu momento construiu a Deputación. Agora que tanto a Consellaría de Cultura como Fomento interveñen no contorno sería a ocasión axeitada para mostrar unha sensibilidade que non tivo a Deputación. Lavarlle a cara aos escuros e difíceis arredores do Monumento -pouco grato aos ollos e ao bo gusto, realmente- e derrubar os fantasmais retretes, sería amostra de respecto que agarda o noso impresionante patrimonio. Farannos caso? Estaremos atentos ao que pase e, quizabes, tamén faremos alí a nosa viaxe colectiva. Para agradecer ou para acusar.


Chegar a Temes desde O Castro de Carballedo ou Os Peares é un verdadeiro mareo. Tampouco un non sabe por onde coller, pois non hai nen un só cartel que o anuncie. Conseguida, por fin, a meta, o panorama de cables, postes e desleixo afeando a igrexa, desalentan ao máis optimista. E se alguén quere tomar algo, mexar, informarse con folletos apropiados será como pedir un milagre. Así que, esas Administracións que non son quen de ver estes tesouros mesmo como fonte de riqueza, merecen con toda xustiza a PAULIÑA. Aí lles vai.


Teñen ben merecida esta Pauliña, como exemplo de barbarie e total insensibilidade por esnaquizar o pedestal que erguía solemnemente a escultura da chamada a Matrona da Praza de Avilés, a propia escultura, así como toda a decoración Art Déco que igualaba estilo coa Pérgola, escalinata e balaustrada do Parque Rosalía de Castro, o grupo de goberno do Concello de Lugo. E non só iso, senón tamén polo estrago a pico e pa dos escudos de cerámica metalizada de Talavera (quizá de Manises) que adornaban os catro lados do Pedestal. Sería moi difícil de crer esta barbarie se non a vísemos en directo. Se ben o brazo executor, como sempre, foi o xa tan tristemente coñecido D. José Piñeiro, que din agora o alcalde Sr. Orozco, e esa flamante concelleira de Cultura Dª Concepción Burgo? Algo teriamos que escoitar. Polo menos unha excusa, unha autocrítica e, sobre todo, a promesa de que a partir de hoxe, o Concello de Lugo debe elixir unha Comisión de Defensa do Patrimonio que siga moi polo miúdo calquera obra que queira executar ese malogrado grupo de Goberno.

Lugo, 11 de xaneiro 2007

Nun galpón de Portomarín, estrañados, vimos os restos esnaquizados do que foi o retablo do altar maior da igrexa de San Nicolao, en Portomarín. Seica viñan do pazo de Berbetouros, do bispado, e alí estaban desde que se sacaran da igrexa, cando houbo que subila ao novo poboado debido á construción do encoro de Belesar. Aínda ollando os restos abandonados non o dabamos crido. Pauliña, pois, para o Bispado que, segundo se ve, perdeu a sensibilidade sobre o propio patrimonio, e unha miga tamén para o concello e a Consellaría de Cultura por non reaxir a tempo. Uns polos outros e o problema non se resolve. Que imediatamente se poñan estes restos a resgardo de ladróns e destrutores da nosa arte. Que o faga quen xexa, pero que non pase de hoxe, de mañá. E unha vez gardados, catalogados e rehabilitados, se volvan aos viciños e patrimonio desta fermosa vila de Portomarín.

Portomarín, 27 de xaneiro do 2007

 

Domingo, 18 Novembro 2007 23:00

Pauliña para a Confederación Hidrográfica


A Confederación Hidrográfica vén de esnaquizar un fermoso lavadoiro no barrio de San Lázaro, situado mesmo á beira do que foi Hospital de peregrinos e rentes do Camiño Primitivo de Santiago. Este lavadoiro foi construído en 1956 e representa, xunto con tantos outros distribuídos polo concello, un xeito de contestar ás necesidades e usos colectivos. Se non damos valor a aquilo que fixemos e nos distingue e imos esnaquizando construcións populares cuxo uso mudou, axudaremos tamén a borrar os testemuños do noso pasado. No catálogo de bens de interese que se anexa ao actual PXOM, recóllese apenas un lavadoiro e a maior parte das nosas construcións populares (cruceiros, fontes, lavadoiros, petos de ánimas...) seguen sen fixarse e a mercede, por tanto, de quen as queira destruír, como agora fai a Confederación Hidrográfica. Sería esta unha ocasión axeitada para que os distintos organismos que teñen responsabilidades nestes feitos (Consellaría de Cultura, Patrimonio, Concellos...) actualicen a catalogación dos nosos bens cun sentido máis acaído á sensibilidade de quen, co seu traballo, segue a velar pola nosa cultura e patrimonio.

Lugo, 19 novembro 2007

Venres, 07 Marzo 2008 23:00

Pauliña para a Igrexa de Compostela


A Pauliña ben merecida para a Igrexa de Compostela e en concreto para os seus responsábeis eclesiásticos por seguir de costas á nosa cultura e idioma ( a información da Catedral só se dá en español) e por manter unha manipulación tal da nosa Historia. É inconcibíbel que o Panteón Real onde están soterrados, Reimundo de Borgoña, Afonso VII, Fernando II e Afonso VIII (que eles chaman o IX), a raíña Xoana de Castro, dona Berenguela ou ese interesante personaxe que foi o conde de Traba, don Pedro Froilaz, siga mesturado coas reliquias da Catedral; e que a información que sobre os personaxes aludidos poñen nas cartelas os defina, segundo os casos, como reis de León e Castela e nunca como reis de Galiza. Coidamos que é urxente que as institucións políticas que nos representan corrixan de inmediato esta afronta.

Venres, 07 Marzo 2008 23:00

Pauliña para a Igrexa de Compostela

A Pauliña ben merecida para a Igrexa de Compostela e en concreto para os seus responsábeis eclesiásticos por seguir de costas á nosa cultura e idioma ( a información da Catedral só se dá en español) e por manter unha manipulación tal da nosa Historia. É inconcibíbel que o Panteón Real onde están soterrados, Reimundo de Borgoña, Afonso VII, Fernando II e Afonso VIII (que eles chaman o IX), a raíña Xoana de Castro, dona Berenguela ou ese interesante personaxe que foi o conde de Traba, don Pedro Froilaz, siga mesturado coas reliquias da Catedral; e que a información que sobre os personaxes aludidos poñen nas cartelas os defina, segundo os casos, como reis de León e Castela e nunca como reis de Galiza.

Coidamos que é urxente que as institucións políticas que nos representan corrixan de inmediato esta afronta.

O Ramo para o restaurador e presidente de Amigos do patrimonio de Lemos, don César Carnero pola súa loita a favor da urxentísima rehabilitación da igrexa de san Vicente (Monforte de Lemos). Os estudos sobre pinturas e outro material agachados no chan e nas paredes necesita tamén unha pronta edición.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO