Xesús Torres Regueiro ( Baraxeiro )
Categoría: Escritor
Fecha de nacemento: 8 de decembro de 1957
Lugar de nacemento: Betanzos
CURRÍCULUM:
Diplomado na Escola de Formación do Profesorado da Coruña en 1978. Mestre por oposición desde 1979, na actualidade traballa no ensino primario. Traballou no asociacionismo cultural de base na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e na desaparecida Asociación Cultural Betanceira (cofundador e presidente). En 1992 promove a fundación en Betanzos da Asociación Cultural Eira Vella que preside ata 1999 (na actualidade é vocal), entidade que desenvolve unha importante actividade. Coordina A Xanela, Revista Cultural das Mariñas, editada por esta asociación semestralmente, e que vai polo número 26.
OBRAS REALIZADAS:
Colabora desde hai anos no periódico semanal "A Nosa Terra", e teno feito noutras publicacións asociativas e locais. Desde 1983 ven publicando asiduamente no "Anuario Brigantino" diversos traballos e monografías sobre a historia e personaxes locais: prensa e xornalistas, a Irmandade da Fala de Betanzos, movemento obreiro e agrario, o humorista Manuel Roel, o Gaiteiro Rilo...
É autor dos seguintes libros: "Xoán Vicente Viqueira e o nacionalismo galego" (Edicións do Castro, 1987); "Alcumes recollidos en Betanzos" (en colaboración con Xulio Cuns, Concello de Betanzos, 1989); “A II República nunha vila galega. Betanzos, 1931-1936” (Ediciós do Castro, 2004); “Betanzos na historia” (Ed. A Nosa Terra, 2005)
Colaborou nos libros colectivos: "Homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro” (Asociación Cultural Xermolos, 1987). "Os Conquistadores Modernos. Movemento obreiro na Galicia de anteguerra" (Ed. A Nosa Terra, 1992). "Pregoeiro da luz. Homenaxe literario a Alfonso Blanco Torrado" (1993).
Coordinou e recompilou "Betanzos na voz dos poetas" (Concello de Betanzos, 1994) e ocupouse (xunto con Xosé Mª Dobarro e Ernesto Vázquez) da edición facsímile e estudo do “Manifesto Máis Alá!”, de Manoel-Antonio e Álvaro Cebreiro (A.C. Eira Vella, 2000).
Nace en Melide, 30 de novembro do 1946. Dende o 1973 reside en Cangas do Morrazo.
Poesía: Gándaras, Terra e pan, O espertar tamén é noso, Ofidios de diario, Na vertical de noite, No corazón mancado, Rotación violeta, Banzados.
Narrativa: De ida e volta, Lume de biqueira, Quen faga voar, A memoria do boi, Mar de bronce, Para dicir abril, Máis vidas (no prelo)
Narrativa infantil: A folla seca, Pousafoles.
Teatro infantil: A fraga encantada; Asubío, Fina e Petra eran xente moi lareta.
Teatro adultos: Sala de espera, Teatro do patacón (varias pezas), A sombra da memoria.
Creador dos Grupos “Ancoradouro-mimo e pantomima, 1981-1997), e “A Casa da bola”, 1973.
Ensaio: Os vellos oficios, A tribo sabe, Tal era vivir.
Articulista: A nosa terra, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Vieiros (internet)
Castelo (Taboada, 1933). Estudou a carreira eclesiástica no Seminario Diocesano de Lugo. En 1974 trasládase a Roma onde se licencia en Arqueoloxía Cristiá. É profesor de Arqueoloxía Cristiá e Patroloxía no Instituto Teolóxico Lucense. É membro da Comisión Diocesana Lucense do Patrimonio e Arte Sacro. Entre a súa inmensa obra destacan os seis tomos que lle dedicou ao estudo do románico da provincia de Lugo, aos que hai que engadir oito libros máis da súa especialidade entre eles o da súa tese doutoral sobre “O Complexo de Temes”, ou centos de traballos especialmente iconográficos sobre diversos temas relacionados coa historia, investigación e arquitectura fundamentalmente do mundo antigo e medieval .
Xosé Manuel Vázquez Varela é catedrático de Prehistoria (Prehistoria e etnoloxía) na Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Protohistoria e investigador no campo da antropoloxía cultural, nun ámbito moi especial da etnoarqueoloxía.
É autor de numerosas publicacións, entre as cales están: Petroglifos de Galicia, Cerámica campaniforme en Galicia, A gandería en Galicia: das orixes á Idade Media, Etnoarqueoloxía: conecer o pasado por medio do presente, etc. Tamén participou en numerosos certámes e congresos e ten feito estudios sobre a fotografía popular como patrimonio cultural.