O 21 de marzo de 2017 o profesor de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, fixo unha disertación sobre "A pintura renacentista en Galicia", analizando a través de imaxes a evolución da pintura mural ao longo do século XVI, ata culminar coas da capela de San pedro da catedral de Santiago, por ser as de maio calidade. Tamén se referiu á pintura sobre táboa, especialmente ado coñecido como Mestre de Sobrado, e ás murais recen restauradas do mosteiro cisterciense de Meira.

Día 24 de marzo, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia,  "Retrato do médico e escritor Xesús Rodríguez López nos 100 anos do seu pasamento".

Día 21 de marzo, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Juan Manuel Monterroso Montero, profesor de Historia da Arte da USC,  "A pintura renacentista en Galicia".

4 de marzo de 2017

Acompañados polo conferenciante Javier Raposo Martínez, comezamos ás 10.30h. na praza do Obradoiro diante da fachada do Hospital Real. Este edificio rexio merece un único e importante apartado pola súa ubicación e funcións, así como, polo traballo de diversos artistas casteláns, franceses e holandeses que chegan a Santiago da man da Corte.
Despois visitamos o claustro,  o salón mudéxar,  a igrexa e comentou a fachada do colexio de Santiago Alfeo ou Fonseca, matriz da futura Universidade de Santiago de Compostela  promovida polo arzobispo Fonseca III, xoga un papel fundamental coa influencia clara da maneira de compoñer " á salmantina". Pasamos a analizar as trazas dos mestres Juan de Álava e Rodrigo Gil de Hontañón na catedral compostelana.

Pola tarde, despois do xantar, trasladámonos diante da fachada da igrexa do mosteiro benedito de San Martín Pinario. Raposo centrouse na  igrexa, sacristía, claustros procesionais mailo impoñente oratorio de San Felipe Neri. Xunto a éste San Agustín e San Paio de Antealtares, onde tamén indagamos no nacemento da organización e decoración urbana renacentista en Santiago.
Rematamos cun paseo polas rúas do casco histórico pata botar unha ollada a varios edificios do ámbito civil. No noso tour pola cidade non podíamos deixar de lado outros exemplos de arquitectura vinculada a este estilo. Miramos detalladamente: os pazos (como o da rúa Tras Salomé), as escalinatas e reixas (como as da fachada do Obradoiro), as porterías de Hospitais como o de San Roque, o antigo edificio do Concello na praza do Campo, Pan ou Cervantes e os colexios de San Clemente de Pasantes, hoxe instituto Rosalía.

Luns, 27 Febreiro 2017 01:29

CONFERENCIAS DO CICLO O RENACEMENTO

Domingo Luís González Lopo
7 de febreiro de 2017

O Ciclo que este ano dedicamos ao Renacemento, foi aberto por Domingo Luís González Lopo, profesor de Historia Moderna da USC. Versou sobre "A reforma tridentina en Galicia: métodos e consecuencias". Na disertación fixo un balance da situación relixiosa en Galicia a comezos do século XVI, pouco menos que un lugar de misión, segundo expresión da época, cun clero de baixa formación e moi pouca asistencia ao culto por parte dos fieis. O impulso dado por Trento fixo posible a fundación de confrarías e santuarios,  estimulando a relixiosidade e o fervor que terá o seu punto álxido nos séculos XVII e XVIII no período do Barroco.

 

Javier Raposo Martínez
21 de febreriro de 2017

A segunda conferencia foi impartida por Javier Raposo Martínez, licenciado en Historia da Arte Antiga, Moderna e Contemporánea, e doutorando na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Estivo dedicada á "A arquitectura renacentista en Galicia". Fixo un percorrido polas obras deste estilo más sobranceiras e explicou a razón das influencias portuguesas, castelás e italianas que mostran os estudios máis recentes. Completouse na parte práctica coa viaxe a Santiago de Compostela o día 4 de marzo.

Día 21 de febreiro, martes

Salón de actos da Deputación Provincial

 

De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 4 de marzo, sábado, a Santiago de Compostela.

Día 21 de febreiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Conferencia de Javier Raposo Martínez, doutorando en Historia da Arte, "A arquitectura renacentista en Galicia"

De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 4 de marzo, sábado, a Santiago de Compostela.

 

Martes día 7, ás 20 horas no salón de actos da Deputación Provincial comeza o Ciclo dedicado ao Renacemento coa conferencia de Domingo González Lopo, profesor de Historia Moderna da USC. "A reforma tridentina en Galicia: métodos e consecuencias".

O día 17 de xaneiro de 2017, o profesor da Universidade de A Coruña, Uxío Breogán Diéguez Cequiel, doutor en Historia pola Universitat de Barcelona e especialista en Historia do nacionalismo galego, abriu o curso deste ano cunha conferencia sobre "As Irmandades da Fala" cono motivo do centenario da súa creación. Despois de ser presentado pola vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos, abordou a orixe destes colectivos que nun primeiro momento reivindicaban a lingua, para falar despois dos persoeiros que as promoveron e dotaron de esencia política, así como a súa preocupación polo ensino en galego. Fixo mención as diversas asembleas, entre elas a primeira celebrada en Lugo en novembro de 1918 na se sentaron as bases ideolóxicas do futuro nacionalismo galego presentadas nun manifesto.

Domingo, 15 Xaneiro 2017 00:00

ASEMBLEAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

O día 10 de xaneiro de 2017 celebrouse a asemblea anual ordinaria na que o presidente Adolfo de Abel Vilela fixo o balanzo das actividades desenvolvidas ao longo do ano 2016: catro ciclos de conferencias dedicados ao poeta Manuel María, ao Camiño Primitivo, a San Froilán e á Ribeira Sacra. Houbo unha xornada de reflexión e debate sobre o estado e destino do Cuartel de San Fernando e unha mesa redonda conmemorativa dos 30 anos de escavacións sistemáticas na cidade de Lugo. En total houbo 17 conferencias, participando 20 conferenciantes, houbo un concerto de A Quenlla, fixéronse 9 viaxes e 3 mesas redondas.
Tamén se someteu a aprobación a programación para o ano 2017. Haberá dous ciclos, un dedicado ao Renacemento, con viaxes a Santiago de Compostela, Úbeda e Baeza, e outro aos Indianos, con viaxes pola Mariña lucense, e Asturias. Esta previsto viaxar a Cuéllar para visitar a exposición "Reconciliare" de Las Edades del Hombre. Como actividades soltas hai programadas unha conferencia sobre As Irmandades da Fala. o pintor Xesús Corredoyra, con visita guiada á exposición "Xesús Corredoyra eo simbolismo na pintura galega", e ao médico, escritor e poeta Xesús Rodríguez López no cen aniversario da súa morte.
Na asemblea extraordinaria procedeuse á modificación nos estatutos do domicilio da Asociación e a elección de tesoureiro por renuncia de José Ángel Lence Iglesias. Resultou elixida María Julia Cantalapiedra Álvarez.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO