O 15 de xuño e por iniciativa de Lugo Patrimonio, no salón de actos da Deputación recordáronse os inicios, facía 30 anos, coincidindo coa construción dos aparcadoiros subterráneos, das escavacións arqueolóxicas na capital lucense, previas ás intervencións no casco histórico e a súa zona de influencia. O presidente da asociación Adolfo de Abel Vilela, no inicio das escavacións exercía como delegado provincial de Cultura. Interviñeron o exalcalde Vicente Quiroga, a arqueóloga municipal Covadonga Carreño e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo; moderou Branca Rodríguez Pazos, vicepresidenta da asociación.
Abel Vilela fixo unha exposición da situación precaria en que estaba a delegación provincial da Consellería de Cultura, sen arqueólogo e sen lexislación autonómica, estando recentemente aprobada a lei de Patrimonio estatal, sen desenvolver, que era a que se trataba de aplicar. Explicou que se dictáronse unhas normas de acordo co Concello que obrigaba a facer escavacións en área, catas e prospeccións, segundo os casos. Relatei como un coñecido avogado lucense, que quería construír unha casa na rúa de San Froilán, insultoume no meu despacho porque tiña que facer catas no lugar onde se tiñan que ir as zapatas.
Ao ver que aparecían restos arqueolóxicos, o entón alcalde, Quiroga, chamou a un arqueólogo de Milán, Mario Mirabella Roberti, que certificou que os achados tiñan importancia. Arqueólogos da Universidade de Santiago fixeron catas durante sete meses na Praza da Constitución. Pero como pasaba o tempo e a empresa Dragados y Construcciones tiña que comezar as obras, o concelleiro de Tráfico, Alfredo Mosteirín Castañer, deu orde a unha escavadora que comezase o seu traballo, sendo arrasado un mosaico o que provocou que os arqueólogos en sinal de protesta se negasen a realizar as escavacións.
Carreño pola súa banda, explicou que nunha reunión celebrada en Santiago, Mosteirín pediu aos arqueólogos galegos que se fixesen cargo das escavacións e, como non quixeron, ofreceuse Antonio Rodríguez Colmenero, naquel momento profesor na Universidade de Oviedo que escavaba no campamento militar de Bande (Ourense).

O día 9 de xuño, tivo lugar a segunda conferencia do ciclo, titulada "O Camiño Primitivo e a problemática da súa delimitación"; que estivo a cargo de Ricardo Gómez Polín, que correu co peso da conferencia como gran coñecedor e valedor do Camiño. e Antonio Ventura Figueroa, experto en Sistemas de Información Xeográfica, que se dedicou a comentar os cambios sobre fotografías aéreas, algunha tamén cos perfiles para darse conta das dificultades do novo trazado.

Ao longo de dúas horas, Polín fixo unha introducción sobre o valor histórico, paisaxístico, arquitectónico e relixioso, para despois ir comentando os cambios introducidos pola administración autonómica, desde o concello de A Fonsagrada ata Melide, que non tivo en conta, en moitos casos, a pegada histórica, levando por sitios polos que nunca pasou, servindo a intereses de particulares, ou fuxindo dos problemas da apropiación do camiño por particulares.

Martes, 24 Mai 2016 00:00

CONCERTO DA QUENLLA


O día 19 de maio, ás 20,30 horas no salón de actos da Deputación Provincial, tivo lugar a actuación do grupo musical A Quenlla que interpretou poemas musicados do poeta Manuel María. O salón completou o aforo sendo moitas as persoas que non puideron entrar. Abriu o acto Adolfo de Abel Vilela, presidente de Lugo Patrimonio, que agradeceu a presenza do grupo musical e de Alfonso Blanco Torrado, que o  presentou. O concerto durou hora e media e cada unha das composicións foi comentada con anécdotas e outros detalles polos membros do grupo Mini e Mero. Con esta actuación a Asociación deu por  rematado o ciclo "Manuel María: Amar a vida".

Venres, 06 Mai 2016 00:00

VIAXE A RUMANÍA

O 3 de maio, con motivo da viaxe a Rumanía que varios socios da Asociación farán do 27 de maio ao 5 de xuño acompañados por Lois Diéguez, o escritor e poeta deu unha charla titulada "Diario de viaxe: polas terras de Rumanía", como limiar á visita a este país para el xa coñecido, facendo proxeccións e comentarios dos lugares a visitar: Bucarest, Sinaia, Bran, Brasov, Prejmer. Rasnouv, Brasov, Medias, Biertan, Sighisoara, Bicaz, Piatra Neamt, Targu Neamt, Humor, Varonet. Marxinea, Sucevita, Moldovita, Sadova, Bogd

Días 26 e 27 de xullo, martes e mércores

 

Viaxe a Oviedo

Día 14 de xullo, xoves

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Conferencia de María Josefa Sanz Fuentes, catedrática da Universidade de Oviedo e cronista oficial de Avilés.

"O Camiño primitivo en Asturias: historia e historia"

Día 9 de xullo, sábado

ás 9 horas

 

Roteiro polo Camiño Primitivo polas terras de Castroverde con Ricardo Polin.

Día 7 de xullo, xoves

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Conferencia de Laureano García Díez, coordenador das Agrupacións de Asociacións dos Camiños do Norte e presidente da Asociación de Amigos do Camiño Astur-Galaico do Interior.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO