Os días 5 e 6 de novembro de 2016, LugoPatrimonio viaxou a Toro para ver a exposición Aqua de Las Edades del Hombre, visita guiada que fixeron pola mañá do primeiro día en dous grupos. Despois de xantar fixeron un percorrido pola cidade de María de Molina acompañado da guía Chiara, facendo un percorrido polas rúas máis importantes, a colexiata polo exterior, os mosteiros de Sancti Spiritus, co seu museo de arte sacra, e o de Santa Sofia, onde está a orde das premostratenses, coa igrexa de Santa María. Rematou cunha visita á igrexa mudéxar de San Lorenzo el Real onde estaban expostas pezas tan coñecidas como a celebre pintura de La Virgen de la Mosca.
O día 6 estivemos en Zamora comezando a visita pola Porta da Traición ou da Lealdade, o castelo pasando despois a visitar a catedral, e os magníficos tapices, facendo a continuación un percorrido pola Zamora románica, especialmente nas igrexas de San Pedro e San Ildefonso, onde están os restos de san Atilano compañeiro de San Froilán, e a da Magdalena onde se conserva un magnífico sepulcro anónimo que se relaciona coa obra do coro do mestre Mateo de Santiago de Compostela. Visitamos pola mañá o Museo de Zamora, xantando e las Aceñas de Pinilla no río Douro, e rematamos a viaxe cunha visita guiada ao Museo Etnográfico de Castilla y León, moi ben montado.
O día 17 de outubro no Salón de actos da Deputación Provincial tivo lugar unha nova conferencia do ciclo dedicado á Ribeira Sacra, "Talleres mateanos na Ribeira Sacra" que foi pronunciada por Ramón Yzquierdo Perrín Catedrático de Historia da Arte Universidade da Coruña. Foi presentado por Carolina Casal Chico que ademais de dar a coñecer o seu traballo investigador mostrou a súa admiración polo traballo do profesor o cal na súa disertación centrouse nas igrexas da ribeira do Miño, comezando por la de San Nicolau de Portomarín, que serviu de modelo para as de Santo Estevo de Ribas de Miño, Diomondi e outras de menor entidade, sendo a primeira a que máis influenzas amosa de mostre Mateo, tanto desde o punto de vista arquitectónico como da decoración dos elementos que conforman as columnas e as portadas.
O día 14 de outubro de 2016, tivo lugar no salón de actos da Deputación Provincial unha "Xornada de información e debate sobre a conservación e destino do Cuartel de San Fernando" que foi aberta por Adolfo de Abel Vilela, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e Pilar García Porto, delegada da área de Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico e Deseño e Artesanía da Deputación Provincial de Lugo. Tanto a alcaldesa como a deputada comprometéronse para conseguir a colaboracións das dúas institucións e conseguir a rehabilitación por fases do edificio así como a facer as xestións necesarias para que a Xunta de Galicia asuma o seu compromiso de crear o Museo da Romanización.
A continuación Adolfo de Abel Vilela, que foi presentado por Julia Cantalapiedra Álvarez, pronunciou unha conferencia sobre a historia do edificio sinalando que O chamado Cuartel de San Fernando foi un dos tres hospitais de inhábiles que houbo en España e que mandou facer Carlos III para que servisen de lugar de retiro aos inválidos do exército, construído con cartos da provincia entre 1779 e 1790. O 28 de maio de 1761, os Inhábiles quedan organizados en vinteseis compañías: oito en Sevilla, sete en Lugo, tres en Toro e oito en San Felipe (Valencia).
O día 8 de setembro de 2016, Carolina Casal Chico, licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Arte Medieval, e membro da xunta directiva de LugoPatrimonio, abriu o ciclo coa conferencia titulada "Ryvoyra Sacrata... divinita inspirata...".
O día 17 do mesmo mes desenvolveuse a parte práctica coas visitas realizadas na súa compañía aos mosteiros de Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa Cristina e Pombeiro. Neste lugar o arquitecto Xan Rodríguez explicou as características e recuperación dos socalcos onde se fan os cultivos tanto de horta como das vides.
SETEMBRO
Día 8, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado á Ribeira Sacra
Conferencia de Carolina Casal Chico, Conservadora do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo "Rivoyra Sacrata... divinita inspirata...".
Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para as viaxes do día 17 de setembro, á Ribeira Sacra e a viaxe dos días 5 e 6 de novembro a Toro e Zamora para ver Las Edades del Hombre. Prezo de Toro-Zamora 110 € en habitación dobre e 125 € en simple.
Día 17, sábado
Primeira viaxe á Ribeira Sacra
E teredes que plantar viñas...
Saída ás 8 horas
Visitas a Ribas de Sil, Santo Estevo e Pombeiro, San Vicenzo. Inclúe ver a creación e recuperación de socalcos de Xan Rodríguez
Día 30, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado á Ribeira Sacra
Conferencia de José Miguel Andrade Cernadas, profesor titular de Historia Medieval USC, " A Ribeira Sacra: a versatilidade do monacato medieval galego".
Día 17, sábado
Reunión anual de confraternidade na Casa de Láncara
Saída ás 10 horas
Visitas ao miradoiro, ponte medieval de Carracedo, área recreativa, pazo de Láncara e casa de Ángel Castro Argiz, pai de Fidel e Raúl Castro. Actuación do monologuista Lois Pérez e o grupo Os Miñotos. Prezo 30 €.
Día 26 de novembro, sábado
Segunda viaxe á Ribeira Sacra
E teredes un presente...
Saída ás 8 horas
Visitas a Nogueira de Miño, Santa María, Ribas de Miño, Santo Estevo e á adega productora do viño Ora et labora, introdución sobre o viño no cristianismo polo propietario Mario Vázquez, explicación polo etnólogo da adega Roberto Regal e cata.
Día 11 de novembro, venres
Entre as 19 e 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Anotacións para a viaxe do día 26 de novembro, á Ribeira Sacra e para a festa anual a celebrar na Casa de Láncara o 17 de decembro.
Día 11 de novembro, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado á Ribeira Sacra
Conferencia de Sonia Fernández Pérez Investigadora USC. "Difusión artística do románico na Ribeira Sacra 2.0".
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 26 de novembro, á Ribeira Sacra e para a festa anual a celebrar na Casa de Láncara o 17 de decembro.