Nacín fai 48 anos na aldea de Folgueiro, concello de O Vicedo, na mesma casa que miña nai, meu avó e meu bisavó. Con 13 anos meus pais e meus tres irmaos fumos a vivir a Burela donde estudei o Bacharelato e COU. Tamén estudei E.X.B. en Foz e dado que tamén meu pai é de Xove e logo casei en Viveiro cando me preguntan de donde son digo da Mariña en xeral porque teño ligazóns en case todos os concellos mariñáns.
Estudei na Facultade de Xeografía e Historia da USC donde me licenciei coa especialidade de Museoloxía e con grao en 1991, logo fixen o programa de doutoramento en arqueoloxía do departamento de Historia I, pero non rematei a tese (mea culpa). Daquela foi cando a miña profesora e titora Raquel Casal García orientoume cara ao estudo e investigación do ouro prerromano, eido no que continúo a traballar sempre que as obrigas laborais e familiares me deixan.
Comecei no mundo laboral na Administración Local como técnico de actividades socioculturais primeiro no concello de Cervo e logo na Deputación Provincial de Lugo donde gañei a oposición de funcionaria e case unha década despois destes inicios, en 2008, nomeáronme Directora do Museo Provincial de Lugo.
Teño investigado, escrito e publicado sobre diversos temas sempre relativos ao patrimonio cultural galego dende a prehistoria, a historia, a arte, arqueoloxía, camiños de Santiago, museoloxía, etc., pero os tres libros que me editaron atinxen ao ouro e a ourivería prerromana do Noroeste peninsular, eido da miña especialidade.
A miña afición preferida é viaxar e arrastro sempre á miña familia a visitar museos e monumentos ou organízolles excursións “culturais” con calquera disculpa polo que me consideran unha “pesada”, pero no fondo sei que tamén lles gusta.
Lugo en Setembro de 2015
O día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h, anotacións para as viaxes de Albá e Salamanca, Alba de Tormes e Ávila,
Día 27 de outubro, martes: conferencia do musicólogo Andrés Díaz Pazos sobre A música galega do século XIX, entrando no XX. Será no salón de actos da Deputación ás 20 h.
Día 17 e 18: Viaxe a Salamanca, Alba de Tormes e Ávila para ver as exposicións de "As idades do Home" baixo o seguinte Programa:
Día 17, sábado: Saída ás 7 h. do lugar habitual con destino Salamanca onde chegaremos arredor das 12 h. A partir desta hora visitaremos o claustro renacentista das dominicas do convento de Las Dueñas e a Casa Lis. Xantar ás 14 h. e deseguido saída para Alba de Tormes. Visita ao capítulo V da exposición: "Filla da Igrexa". Basílica de Teresa de Xesús.
Ás 19 h. saída para Ávila onde teremos aloxamento e cea libre.
Día 18, domingo: Visita ás tres sedes da exposición "As idades do Home" "Teresa de Xesús mestra de oración":
I capítulo: "Conducinvos á terra do Carmelo", Convento de Nosa Señora de Graza
II e III capítulos: "Na España da Contrarreforma" e "As pobres descalzas de Teresa", Capela de Mosén Rubi.
IV capítulo: "Mestra de Oración", Igrexa de San Xoán Bautista.
Ao rematar regreso a Lugo, con xantar en Arévalo. Chegada a Lugo arredor das 22 h.
Anotacións o 2 de setembro na galería Sargadelos entre 19 e 20 h.
Conferencia da Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, sobre Pintores e pintoras galegas do século XIX, entrando no XX, como parte do ciclo que levamos durante este ano. No salón de actos da Deputación ás 20 h.
Viaxe a Albá (Palas de Rei) da comarca da Ulloa, onde visitaremos a granxa familar, Granxa Arqueixal, dedicada á produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico. Ofrece tamén un grupo de casas rehabilitadas para turismo rural, ou para exemplo da vida labrega que se podía ver a principios do s. XX ou mesmo no s. XIX, como mostran de forma práctica na chamada casa da Rebordela. Comprobaremos así un novo xeito "de recuperar e salvagardar un proceso vivo, dinámico e sustentábel da cultura tradicional". Na súa páxina web, explican tamén que se utiliza o pasado "como un recurso renovábel, educacional, científico, artístico, promocional e económico". Xantar na propia granxa.
Iniciamos, con esta visita, outro tipo de viaxes prácticas e didácticas para comprobar os diversos xeitos que podemos ver da unión de cultura, economía, arquitectura, tradición e modernidade.
Para consultar: http://arqueixal.com/agro/quen.htm
De permitilo o tempo faremos outras visitas desta comarca rica en todo tipo de vestixios, como é o exterior do Castelo de Pambre, Igrexa de Vilar de Donas...
Saída ás 9:30 h. da mañá do lugar habitual.
Anotacións o día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h.