A sobriedade do edificio débese a que os enxeñeiros militares teñen unha visión máis funcional do espazo e consideran a decoración superflua e sen utilidade xa que encarece as obras. Ao longo dos anos este histórico edificio foi Hospital de Inválidos, Casa de Inválidos Inhábiles, Hospital de San Fernando, Real Colexio de San Fernando e Cuartel de San Fernando.
A sesión da mañá pechouse coa intervención dos arquitectos Alberte González Rodríguez e Jorge Salvador Fernández, que foron presentados por Adolfo de Abel Vilela. Con elocuentes imaxes falaron de "O que non se debe facer nun edificio BIC. Ideas e propostas para a rehabilitación do Cuartel de San Fernando para Museo Arqueolóxico".
Para centrar o tema en primeiro lugar falaron da normativa aplicable ao edificio para poder avaliar as posibilidades de intervención. Tendo en conta que está declarado BIC desde o ano 2009, gozando de protección integral, polo que as posibles alteracións teñen que ser mínimas. En canto a posibilidade de facer novas construccións na parte posterior, terían que ser volumes diferenciados do principal utilizando técnicas tradicionais e materias recoñecibles. Os dous técnicos concluíron que pola súa sobriedade e distribución, tanto en planta como en altura, o edifico e adecuado para destinalo a museo arqueolóxico, sen ter que facer na rehabilitación unha gran inversión.
Na sesión da tarde celebrouse unha mesa redonda na que participaron as asociacións culturais LugoPatrimonio, Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Arte Ramón Falcón, representadas por Adolfo de Abel Vilela; Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e Orfeón Lucense, representadas por Xulio Giz Ramil; Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, representada por Felipe Arias Vilas e o Club Cultural Valle Inclán, representada por Tonina Gay. Presentou e moderou Branca Rodríguez Pazos. Estas asociacións con Abre la Muralla presentaron un escrito no Concello e na Deputación Provincial o 9 de xuño pedindo que se interesasen polo edificio para dedicalo a Museo Arqueolóxico Galaico Romano, o que con parecidos argumento volveron a solicitar.
Pechouse a xornada cunha conferencia de Felipe Arias Vilas que fixo unha pormenorizada historia dos avatares do edificio desde 1993, das razóns polas que se desbotou a construcción do auditorio, cunha intervención moi agresiva para o edificio e para a muralla, o que propiciou a intervención de ICOMOS. Pasou despois a explicar o proceso e as razóns polas que foi declarado BIC no ano 2009. En canto a posible dedicación a museo arqueolóxico apuntou que o museo ten que ser un servizo cultural á sociedade, un centro multicultural con actividades ao longo do ano.
Asistiu á clausura da xornada Pilar García Porto, que manifestou o seu agradecemento a LugoPatrimonio por tela convocado, poñendo de manifesto que se dixeran cousas moi interesantes e que confiaba en que en pouco tempo se abrise un novo capítulo de actuacións favorables, non so para o edificio senón tamén para a cultura.
Antes de pechar o acto o presidente de LugoPatrimonio deu lectura as seguintes conclusións:
1ª Unanimidade entre os participantes no canto de destinar o edificio a Museo Arqueolóxico Galaico-romano, por considerar que reúne as condicións adecuadas para este fin, que é unha infraestructura imprescindible nunha cidade e provincia onde a arqueoloxía é dinámica, no que se recollan, cataloguen, restauren, estudien, divulguen e se expoñan as pezas atopadas, tendo en conta que sería unha inversión productiva ao crear postos de traballo e unha infraestructura para o turismo cultural.
2ª. Instar ao Concello de Lugo e á Deputación Provincial a colaborar coa Xunta de Galicia, a que se debe solicitar que asuma o compromiso que ten adquirido dende hai anos para que se faga cargo do edificio e encargue os diferentes proxectos de rehabilitación, escavación e museográfico, para desenvolver por fases debidamente orzamentadas, así como a creación formal do Museo.
3º O Museo é un servizo cultural á sociedade, e por iso ten que ser proxectado como un centro multicultural con actividades que se podan desenvolver ao longo de todo o ano. Debe integrar os posibles achados arqueolóxicos da escavación en área da zona sur do edificio para incluir no discurso expositivo que debe comprender a parte prerromana, a romanización e a etapa sueva, herdeira do mundo romano, de aí a denominación que se propón de Museo Arqueolóxico Galaico-romano.
O día 14 de outubro de 2016, tivo lugar no salón de actos da Deputación Provincial unha "Xornada de información e debate sobre a conservación e destino do Cuartel de San Fernando" que foi aberta por Adolfo de Abel Vilela, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e Pilar García Porto, delegada da área de Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico e Deseño e Artesanía da Deputación Provincial de Lugo. Tanto a alcaldesa como a deputada comprometéronse para conseguir a colaboracións das dúas institucións e conseguir a rehabilitación por fases do edificio así como a facer as xestións necesarias para que a Xunta de Galicia asuma o seu compromiso de crear o Museo da Romanización.
A continuación Adolfo de Abel Vilela, que foi presentado por Julia Cantalapiedra Álvarez, pronunciou unha conferencia sobre a historia do edificio sinalando que O chamado Cuartel de San Fernando foi un dos tres hospitais de inhábiles que houbo en España e que mandou facer Carlos III para que servisen de lugar de retiro aos inválidos do exército, construído con cartos da provincia entre 1779 e 1790. O 28 de maio de 1761, os Inhábiles quedan organizados en vinteseis compañías: oito en Sevilla, sete en Lugo, tres en Toro e oito en San Felipe (Valencia).