A mina de Fontao foi explotada pola familia Cort, ata que deixou de ser rendible a explotación subterránea en 1963, inundándose as galerías que están por debaixo do río Deza continuando a explotación a ceo aberto ata 1974 que polos baixos prezos pechou. Chegaron a traballar ata 7.000 persoas, e un colectivo duns 250 presos políticos, algúns asturianos, por iso había compañía da garda civil, e chegouse a crear o Partido Comunista que redimían a pena polo traballo. había 62 tabernas, 2 cines, 3 salóns de baile. En plena posguerra, nos anos da fame, a zona era un mundo aparte desde o punto de vista económico e moral do réxime, pois as seis da tarde saían do traballo a visitar as tabernas e as mulleres que había nelas, os cartos eran abundantes, e gastábanse no xogo con apostas fortes, e non se bebía por copas senón por botella. Os mestres presos, que entraban na mina ás 6 da mañá e saían as 2, recuperaron o labor das Misión Pedagóxicas e cando saían da mina poñían escola cos criterios da Institución Libre de la Enseñanza.
Toda esta riqueza fixo que a agricultura desaparece na práctica. As cortes, os hórreos, as palleiras, as casas utilízanse para durmir os traballadores
Fóra da mina aventureiros, homes e mulleres buscaban o mineral na superficie para vender de estraperlo, o que era perseguido pola garda civil, que tamén participan nel. As mulleres traballaban no lavado e separado do mineral, e fora da mina facían os seus negocios prestando servizos ou dando comida, todo a 1 peseta.
En plena Guerra Mundial o prezo subiu por riba das 100 pesetas o quilo, chegando a pagar no estraperlo a 300 pesetas, 4 quilos de wolframio eran 1.200 pesetas que era unha fortuna, comprábano os ingleses que o tiraban ao mar para detraerllo aos alemáns. No período 1950-53 debido a la guerra de Corea seguiu aumentando a demanda e o prezo.
Como ela foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda na Xunta de Galicia, contou o traballo desenvolvido polo goberno bipartito rehabilitando o poboado da mina de Fontao levantado nos anos 1956 - 1957, co criterio arquitectónico dos paises nórdicos e da Bauhaus proxectado por César Cort, membro da familia explotadora da mina e coa colaboración do arquitecto Joaquín Basilio Bas, Inaugurouse en 1958 e está composto polas vivendas para os traballadores, enxeñeiros, encargados, cine, igrexa, escola de nenos e nenas, economato, barbería e outros servizos.
Despois proxectouse o documental "Memorias da Vida en Vivo. O ouro negro", con testemuños de varias mulleres e un home, xa todos mortos, que contaron a súa experiencia naqueles anos en que eran nenos ou mozos. Rematada a proxección houbo un coloquio.