Luns, 16 Decembro 2019 00:16

NOVA DIRECTIVA DE LUGO PATRIMONIO

A Asociación Cultural Lugo Patrimonio celebrou hoxe a asemblea ordinaria anual e a extraordinaria na que se elixiu nova xunta directiva. Aprobouse o programa de actividades para o ano 2020, no que se inclúen conferencias dedicadas a Ricardo Carballo Calero e á Xeración Nós, así como ao Patrimonio Industrial, que contará con catro conferencias e sete viaxes.

Axunta directiva está formada por:

Presidente: Adolfo de Abel Vilela

Vicepresidenta: Branca Rodríguez Pazos

Secretaria: Celia Besteiro Rodríguez

Tesoureira: María Julia Cantalapiedra Álvarez

Vocal: Carolina Casal Chico

Vocal: María do Carme García Negro

Vocal: María do Carme Vázquez Vázquez

En relación co uso do Cuartel de San Fernando a asemblea fixou a súa posición que se reflicte no comunicado que se adxunta.

LUGO PATRIMONIO

A asemblea xeral ordinaria da Asociación Cultural Lugo Patrimonio, na reunión celebrada o día 14 de decembro de 2019, ante a proposta feita polo conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia sobre o destino do Cuartel de San Fernando, acordou por unanimidade emitir o seguinte

COMUNICADO

1º. A proposta do conselleiro de facer un parador no Cuartel se San Fernando, non só vulnera a lei do patrimonio Cultural de Galicia no que atinxe aos edificios declarados BIC, senón que é desconsiderada cunha parte da cidadanía que coñece a citada lexislación, e insultante polo que de engano ten a citada proposta para os que sentimos e vivimos as cuestións relacionadas co Patrimonio Histórico - artístico.

2º. A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia di, no tocante á utilización dos bens declarados de interese cultural (BIC) como o está o Cuartel de San Fernando, que a estes bens correspóndelles sempre unha protección integral, quedando subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.

3º. Ao cuartel de San Fernando correspóndelle unha protección integral o que significa segundo a Lei, a conservación íntegra de todos os seus elementos e compoñentes nun estado o máis próximo posible ao orixinal desde a perspectiva de todos os valores culturais que conforman o interese do ben, respectando a súa evolución, transformacións e contribucións ao longo do tempo, sendo por iso punitivo concederlle licencia para convertelo nun parador.

4º. Lugo Patrimonio ratificase nas conclusións da "Xornada de Información e debate sobre a conservación e destino do Cuartel de San Fernando", celebrada o 14 de outubro de 2016, sendo estas claras no que atinxe ao destino do edificio para o Museo Arqueolóxico Galaico-romano.

5º. Este Museo, que ten que estar no recinto histórico, non é unha infraestructura caprichosa, inútil e innecesaria, senón imprescindible non só para a salvagarda, estudo e divulgación do riquísimo patrimonio arqueolóxico que temos agachado e disperso, de acordo coa Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, senón para a economía dunha cidade terciaria que precisa a creación de producto cultural destinado ao turismo de calidade.

6º. Lugo Patrimonio lamenta a incomprensible e inaceptable actitude do conselleiro de Cultura e Turismo cunha proposta cuxa realización non está nas mans da súa consellería e a maiores innecesaria e imposible de materializar nun edificio declaro BIC, co único fin de obviar así a súa responsabilidade e competencias e tratar  de dividir á cidadanía mediante o engano para seguir demorando o incumprimento dun proxecto da súa Consellería.

Lugo, 14 de decembro de 2019.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO