Xoves, 14 Novembro 2019 21:54

Viaxe a Lerma (Burgos) para ver las Edades del Hombre e Peñafiel (Valladolid)

Viaxe a Lerma (Burgos) para ver las Edades del Hombre e Peñafiel (Valladolid)

Días 26 e 27 de outubro

Saímos ás 7 horas e chegamos a Lerma ás 12,45 horas, despois de facer unha parada de media hora. Antes de xantar dimos unha volta pola Plaza Mayor para xantar a continuación nun restaurante da Calle Mayor. Ás 16,30 horas fixemos a visita guiada á vixésimo cuarta edición de "Las Edades del Hombre" que este ano ten como fío conductor os anxos "Angelli".

A exposición dividirase en cinco capítulos repartidos en tres sedes: a ermida de Nuestra Señora de la Piedad, primitiva igrexa de San Juan Bautista, con orixe no S.IX sendo o único edificio anterior á remodelación urbanística do Duque de Lerma,.relegada a simple ermida tralas grandes construcións do século XVII e actualmente dedicada a unha sala de exposicións, onde se proxecta un vídeo mo que se explica as distintas categorías de anxos e á súa transcendencia na tradición cristiá;.a igrexa de san Pedro, igrexa de estilo barroco e influencia herreriana, onde se tratan os catro primeiros capítulos da exposición: "¡Ángeles del Señor, bendecid al Señor!".

Este primeiro capítulo recolle a temática dos anxos como corte de servidores, de anxos bos que velan polos homes e axudan aos profetas a entender o sentido das súas visións. "Los ángeles le servían", capítulo dedicado aos anxos que se mostran vinculados á vida terrea de Cristo segundo os relatos evanxélicos. "Santo, santo, santo es el Señor", capítulo no que se contempla aos anxos na vida da Igrexa e dos fieis, así como na existencia humana. "Ángeles y demonios", nnha mirada a outros anxos que elixiron libremente rexeitar a Deus e o seu reino, e que saben que están condenados para sempre. No mosteiro da Ascensión de Nuestro Señor, tamén chamado Convento de Santa Clara, fundado en 1604 por Mariana de Padilla, nora do duque de Lerma, é a sé do derradeiro capítulo titulado "La nueva Jerusalén", imaxes da Xerusalén celeste, con cuxa representación ofrécese ao visitante unha mensaxe de despedida.

Ás 18 horas fixemos unha visita guiada comezando no centro de interpretación situado na planta soto do Concello onde nos explicaron sobre unha maqueta da cidade a evolución urbana e as construccións feitas polo poderoso Francisco de Sandoval y Rojas, duque de Lerma, para o lecer do rei Filipe III mentres el gobernaba. Convenceuno para que en 1601 trasladase a corte de Madrid a Valladolid. O duque efectuou unha operación inmobiliaria seis meses antes do traslado, comprando propiedades e investindo no seu propio beneficio. Pasamos pola galería que empregaba para non pasar pola rúa e saímos á praza Mayor onde esta o seu palacio de estilo herreriano e onde se facían os espectáculos e corridas de touros para os nobres, mentres o pobo agardaba que lanzasen os animais desde o alto para aproveitar a súa carne.

Durmimos en Peñafiel, onde fixemos unha visita guiada ao castelo onde existía unha fortaleza no 943, cando era rei de León Ramiro II. En 983 apoderouse dela Almanzor, ata que en 1013 foi reconquistada polo conde castelán Sancho García; ao que se atribúe o cambio do primitivo nome de Pena Falcón polo de Peñafiel.

O actual castelo foi edificado no século XV, xa que o propio Juan II concedeu en 1456 a Pedro Téllez Girón, cuxos escudos están na torre da homenaxe, Maestre da Orde de Calatrava, os dereitos sobre os restos da fortaleza e encomendoulle a súa reedificación seguindo o modelo de castelo chamado escola de Valladolid. Á morte de Pedro Girón, engádense un muro, un foso interior e refórmanse os adarves e o torreón norte para o uso da artillería.

En 1999 inaugurouse o Museo Provincial do Viño, que tamén visitamos, ben montado e moi didáctico onde se fai un percorrido histórico sobre o viño desde a época clásica ata a actualidade, os distintos tipos de botellas que se utilizaron e se utilizan, trebellos para o cultivo e coidado das vides, instrumentos para a elaboración do viño, olores, etc.

Baixamos ás 12 para comezar unha visita guiada na Plaza del Coso, declarada Ben de Interese Cultural en 1999, un espazo público da Idade Media para facer as corridas de touros dos cabaleiro, tendo hoxe a mesma función, ademais de se facer nela o Domingo de Resurreción a función do encontro. Un neno colgado solta dúas pombas e saca o velo negro que cubre a imaxe da virxe. O recinto está formado por 48 edificios de dúas e tres plantas construídos en adobe, pedra e madeira. Os balcóns convértense durante a celebración das Festas da Nosa Señora e San Roque en palcos desde os que os propietarios do dereito de vistas poden ver os festexos taurinos. A continuación na oficina de turismo situada nesta praza, proxectaron un vídeo sobre estas festas.

Pasamos despois a ver a igrexa mudéxar do mosteiro de San Pablo, levantada en 1348 onde estivo o alcázar de Alfonso X, na que destaca polo exterior a variedade de arcos feitos con ladrillo e no interior a capela funeraria de Don Juan Manuel de Villena, de estilo plateresco con reminiscencias góticas, construída en pedra caliza. Despois pasamos a visitar o claustro e o xardín.

Despois de xantar regresamos a Lugo a onde chegamos ás 21,30 horas.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO