Mércores, 06 Xuño 2018 17:07

CICLO PAZOS. Conferencia de Javier Raposo Martínez sobre “O carácter primixenio ou definitorio do pazo”

5 de xuño

Comezou dicindo que o coñecemento que hai sobre os pazos non é o que debería ser dado que a documentación está en mans privadas, téñena os propietarios. Dos 9.500 pazos que hai inventariados uns 250 están en venda. Durante os séculos XVI, XVII e XVIII a fidalguía ou pequena nobreza territorial galega consolídase como un poderoso grupo rentista, xusto despois do estamento eclesiástico, pois a importancia dun pazo non se mide polo números de hectáreas que ten de propiedade senón polas rendas.

O pazo é unha casa grande cunha torre simbólica xa que non é neceseria militarmente, onde acostuma a estar o arquivo, con rendas, e de alta alcurnia, á que se achega o dono no verán para cobralas. As rendas aumentaron polo millo e polo viño. O millo miúdo ou mijo e o centeo que se cultivaba era para consumo dos criados, os señores utilizaban o trigo. Os únicos que vivían no pazo eran a ama de cría e o mordomo, o resto dos criados vivían fóra. No século XVI é o apoxeo pero vai evolucionando de xeito que no século XVIII é unha "illa de civilidade", unha casa de pracer "maison de plaisir", pois dise que hai que criar aos fillos no campo. A nivel ideolóxico, non arquitectónico, por esa idea de volver ao campo, o pazo é o equivalente ao Petit Trianon, xaerdín con esculturas, fontes, estanques, paseos, labirintos, arboredo, etc.

A manifestación máis visible do triunfo destes fidalgos foi a construcción, rehabilitación e conservación de centos de pazos que hoxe seguen sendo un claro exemplo do variado patrimonio arquitectónico de Galicia, o segundo grupo en número máis importante tras os inmobles relixiosos. A alta nobreza non vive en Galicia senón onde estaba a corte, Valladolid ou Madrid, polo que arrendaba o pazo a un fidalgo que a súa vez arrendaba as terras a un labrego con disposición de fanega, de sementar. O dono manda a un señor de realengo a cobrar os impostos. Na provincia de Lugo había máis de 4.150 fidalgos, pero a que ten máis pazos é Pontevedra cun 7 por cento de fidalgos da poboación de Galicia.

Continuou manifestando que os achados nestas últimas décadas, sobre todo, no eido da documentación histórica, fannos reflexionar sobre as orixes sociais dos fundadores, non sempre nobres ou clérigos, dos mecanismos de constitución de patrimonios, das formas de vida dos moradores dos pazos e, no caso que nos trae aquí hoxe, na definición do que é ou debe de asociarse ó vocábulo “pazo” como tipoloxía arquitectónica, simbólica e representativa. Analizaremos en detalle ditos termos asociados á definición destas “rústicas fábricas”. Algúns procedentes e de orixe tardomedieval como son: palatium, paaço ou torre e outros máis de época moderna como son: casa grande, medianeira, quinta de recreo, maison de plaisir ou illas de civilidade.

Non hai unha tipoloxía de pazo, anque se di que o pazo ten que ter torre, capela, pombal, escudo, ciprés e xardín. En moitos hai unha influencia do barroco portugués. A solaina é un espazo habitual xa que recomendaban tomar o sol e os aires despois dos 40 anos. Os pazos de Ferfiñanes e Oca son os dous máis poderosos de Galicia.

Ademais disto, tratou aspectos relacionados co levantamento arquitectónico destas singulares vivendas, as súas variadas tipoloxías, os elementos constituíntes e decorativos (piares, torreóns, solainas, patíns, pombais, escadas, portais, balaústres, canzorros, brasóns, pináculos, peinetas, lendas, xardíns, fontes, canais, etc.), sen esquecerse, dos mestres canteiros, dos arquitectos e xardineiros que participaron na configuración espacial e urbanística destas granxas de pracer e labranza.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO