Sábado, 23 Xuño 2018 22:00

Conferencia de Adolfo de Abel Vilela, historiador. "Tres familias e tres pazos urbanos de Lugo: Orbán, Gaioso e Prado".

19 de xuño de 2018

Comezou destacando as diferenzas entre un pazo rural e un urbano. O primeiro é a explotación agrícola e gandeira e tamén a casa de verán do señor que vive na cidade, que posúe xurisdicción, casas ou leiras en varios cotos que lle facilitan as rendas para a subsistencia da familia e tamén para manter e aumentar o seu patrimonio.

Desde o último terzo do século XVII e durante todo o XVIII, a actividade constructora do estamento civil, do eclesiástico e das confrarías de devoción e algunha gremial, facilitaron traballo durante anos a un amplo sector de traballadores e artesáns.

A causa desta actividade foi a agricultura que era "o fundamento da opulencia" A importancia dos pazos non se media polo número de hectáreas que tiña a explotación senón pola cantidade de rendas. Os propietarios da terra a aforan por unha renda, en diñeiro ou en especie, e tamén compran rendas en especie que lles producen un beneficio anual. O aumento das rendas agrarias nesta época atribúese á expansión do cultivo do maíz, que se sementou por primeira vez en Europa en 1604 en Mondoñedo e en Tapia de Casariego.

O pazo urbano é a casa señorial, de boa presenza, que destaca entre todas as demais pola súa importancia arquitectónica, que contribúe ao ornato público, e que vén ser o reflexo da opulencia do propietario. Si hai un dito que di "Casa con escudo, capilla, palomar y ciprés, pazo es", no medio urbano o pazo carece de moitos deses elementos, pero non lle falta o escudo, e ás veces tamén ten o pombal, aínda que dunha tipoloxía diferente ao rural, incorporado no baixo cuberta da casa ou nun edificio anexo. En Lugo o parcelario urbano era o medieval, con casas duns 4 metros de ancho en fachada. Na segunda metade do século XVIII os terratenentes van construír a súa vivenda urbana utilizando como mínimo tres solares dos medievais.

Non en todos os casos, pero si na maioría, os propietarios son rexedores perpetuos, como é o caso dos tres que tratou na conferencia, cuxo oficio herdaron do seu pai ao estar incluído no bens de vinculo destinados ao primoxénito ou vinculeiro.

Os rexedores tiñan a obriga de residir a maior parte do ano na cidade, tendo que asistir corenta sábados e corenta consistorios ordinarios. Debido a esta obrigación de residencia adoitaban ter casa na cidade, e esa casa tiña que estar en consonancia coa súa categoría, de aí vén a existencia do pazo urbano.

Pasou despois a pormenorizar algúns aspectos biográficos dos tres rexedores. Manuel José de Gayoso e Barrera, que tivo unha filla cunha veciña á que lle deixou a súa fortuna chamada Josefa de Gaioso Zárraga e Estrada que se casou aos 14 anos co escribán do Concello Francisco Sanjurjo Acevedo, e que construíron entre 1770 e 1771 o Pazo dás Pombas encargando as obras ao mestre Fulgencio Durán.

O constructor do Pazo de Orbán foi Pedro Ramón Quiroga Taboada coa súa esposa María Teresa de Prado e Lemos, de cuxo matrimonio houbo catorce fillos, seis varóns e oito mulleres. Unha vez viúvo tivo un fillo cunha das súas criadas, ao que recoñeceu e deu protección.

O último dos personaxes que tratou foi José María de Prado e Neira. A súa casa estaba na Rúa Travesa, actual do Conde de Pallares, no que se aloxou o príncipe Francisco de Asis María, futuro esposo de Isabel II, o 10 e 11 de xullo de 1842. A voda celebrouse en Madrid, o 10 de outubro de 1846, cando Isabel tiña dezaseis anos.

Foi investigado en 1811 a petición propia por orde do Capitán Xeneral do Reino de Galicia por ser denunciado como afrancesado, debido a que a súa irmá María Josefa de Prado e Lemos Neira e Ulloa, que vivía con el, casou en 1805 con Pedro Obregón, xefe de escuadra da Real Armada, e nese momento xeneral na mariña do rei intruso José Bonaparte, estando por iso considerado como traidor confiscándolle a súa casa de Ferrol e os bens. Nesta situación ela e os seus fillos tiveron que ser acollidos polo seu irmán na casa de Lugo.

A investigación foi encargada ao coronel de orixe irlandés John Ryan, chamado aquí Juan O´ Rian, que residía en Lugo. O bispo Felipe Pelaez e algunha das dignidades da catedral puxeron en dúbida a súa fidelidade a Fernando VII, que á vista dos méritos que alegou ao seu favor na loita contra os franceses, concedeulle o título de Marqués de San Martín de Ombreiro o 1 de decembro de 1817, que solicitara cara a 1792 o seu pai Benito María de Prado cuxo expediente de concesión non se puido terminar por falecer en 1806.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO