Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Programa
Xuño
Día 1, martes
Na Galería Sargadelos, de 18,30 a 20 h. anotacións para a viaxe a Palencia e Valladolid (Vilas Romanas). Prazas limitadas a 50.
Día 2, mércores
A Gallaecia romana: integración e contrastes
Profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de numerosos traballos sobre a romanización de Galicia e director da escavación do campamento de Aquis Querquennis. Bande (Ourense).
Día 9, mércores
O amencer da primeira cidade de Galicia: Lvcvs Avgvsti.
Arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía do Excmo. Concello de Lugo. Autor de varios traballos sobre arqueoloxía na cidade de Lugo, e comisario da exposición Imago Antiqua, Lugo romano.
O 18 de maio, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial, o escritor e presidente de LugoPatrimonio, Lois Diéguez, comenta diversas imaxes dixitalizadas que levan por título Exipto: rostros e paisaxes.
Estas imaxes corresponden á viaxe que a asociación realizou no mes de febreiro a Exipto e servirán para, a través delas, ter un coñecemento básico dese país nos aspectos históricos, económicos, culturais e sociais. Servirán tamén para ir relatando a viaxe ao xeito de caderno de notas.
Ao final das proxeccións, entregarase aos que fixeron a viaxe devandita, o poema A Nubia, da autoría do propio conferenciante e que vai ilustrado polo pintor Felipe Senén.
A entrada é libre.
Lugo, 17 de maio do 2009
Valentín Carrera introduciunos nas terras do Bierzo a través do seu último libro: “Viaje interior por la provincia del Bierzo”. Tanto el como o libro foron presentados por Lois Diéguez. A conferencia de Valentín Carrera introduciunos tamén de xeito didáctico e ameno na biografía de Enrique Gil y Carrasco e a súa novela “El señor de Bembibre”, coa que percorreremos O Bierzo os próximos días 22 e 23 de maio.
Día 11, martes, conferencia con proxeccións sobre a obra de Gil y Carrasco e O Bierzo, co título de A paisaxe da república independente do Bierzo, a cargo do escritor e xornalista Valentín Carrera, no salón de actos da Deputación provincial de Lugo, ás 20 h.
Neste mesmo día e no mesmo lugar da conferencia, de 18,30 a 20 h. anotacións para a viaxe a O Bierzo. Prazas limitadas a 42.
Días 22, sábado e 23, domingo: Viaxe ás Terras do Bierzo co escritor Valentín Carrera e seguindo a novela El señor de Bembibre (As Médulas, Cornatel, Carracedo,Vilafranca do Bierzo, Cacabelos, Val do Silencio, Carucedo, Ponferrada...).
A Asociación Cultural Lugo Patrimonio, rexistrada pola Xunta de Galicia
co número 2006/009624/1ª (LU), na acta fundacional e nos Estatutos,
recolle como fins preferentes da mesma, entre outros, ”a defensa do
patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo”, por ser o seu
ámbito de actuación, non obstante tamén se sinte identificada con
aquelas outras asociacións e colectivos que teñen os mesmos obxectivos.
É por iso que se solidariza coa plataforma “Salvem el Cabanyal” e co contido
do seu Manifesto Unitario solicitando do goberno municipal de Valencia, o
respecto á integridade dun barrio mariñeiro, non só por ser representativo
dunha cultura e forma de vivir, coa que tan identificada se sintiu esa cidade,
senón tamén polos valores da súa arquitectura.
LOIS DIÉGUEZ VÁZQUEZ, presidente da Asociación Cultural Lugo Patrimonio con DNI número 34233746 V, e domicilio a efectos de notificación na Rúa Acacia, nº 5-6º B, 27004 – Lugo,
EXPÓN
A Asociación Cultural Lugo Patrimonio, constituíuse o día 4 de abril de 2006 e foi rexistrada pola Xunta de Galicia co número 2006/009624/1ª (LU).
Na acta fundacional e nos Estatutos aprobados, recóllense como fins preferentes da mesma, entre outros, ”a defensa do patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo”.
Tendo coñecemento de que na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, se tramita o expediente para ampliación da canteira denominada “O Pico” en Vilalba, situada na área coincidente cos xacementos tumulares que integran a necrópole de Penas Miúdas facemos, as seguinte
Alegación
Segundo se describe na memoria da Prospección Arqueolóxica Intensiva da Autorización de Explotación da citada canteira, identificáronse trece elementos patrimoniais pertencentes exclusivamente á categoría de xacementos arqueolóxicos que se corresponden con parte dos xacementos tumulares que integran a necrópole de Penas Miúdas, inventariada parcialmente pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no ano 1991, revisada no ano 2007 ao redactar o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilalba, e actualizada, en parte, coa prospección actual, que permitiu documentar sete elementos tumulares máis, situados no sector setentrional da concentración, monte adentro, supóndose que hai máis elementos non visibles na actualidade debido á vexetación.
En consecuencia as obras proxectadas son incompatibles coa realidade patrimonial ao afectar directamente a un dos bens arqueolóxicos considerados no estudo arqueolóxico, caso do túmulo 15-GA27065120, e indirectamente ao túmulo 13-GS27065118 pola alteración do seu entorno máis inmediato, polo que se pide que non se autorize a ampliación solicitada por afectar á destrucción dun xacemento arqueolóxico inventariado coa categoría de Ben de Interese Cultural.
Lugo, 30 de marzo de 2010
Ilmo. Sr. Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Consellaría de Economía e Industria. Santiago de Compostela.
Nesta segunda parte da viaxe a Exipto, aparecen 174 fotos dos seguintes lugares e traxectos:
Día 27, sábado: 1ª viaxe do Ciclo do Ferro: Noia, Porto do Son (Centro de Interpretación do Castro de Baroña, na mesma vila mariñeira), Castro de Baroña, Dolmen de Axeitos (Ribeira), castro de Neixón e Centro de Interpretación Arqueolóxica da Barbanza. Se hai tempo, visita ás Torres do Oeste que, como ben demostraron as escavacións de Naveiro, están sobre un castro costeiro, e algún punto particular de Padrón (rúas antigas, Convento e fonte do Carme, esporón do Sar, fermoso e evocador xardín botánico).
Na inauguración deste Ciclo estarán os seus patrocinadores: Vicepresidencia 1ª da Deputación provincial e alcalde de Riotorto
Mañá, 17 de marzo, ás 20 h. no salón de actos da Deputación provincial de Lugo farase a apertura da nova actividade de LugoPatrimonio que desta vez se relaciona co Ferro e a súa longa historia desde que se descubriu. Na apertura estarán, ademais do presidente de LugoPatrimonio D. Lois Diéguez, o Vicepresidente 1º da Deputación provincial de Lugo, D. Antón Bao Abelleira, e o señor alcalde de Riotorto, D. Federico Gutiérrez Estoa, patrocinadores de todos os actos que ao longo do ano se desenvolverán na cidade de Lugo e en lugares de A Barbanza, Cervo (Sargadelos), A Pontenova, Riotorto (concreción no Programa adxunto)....
A conferencia inaugural correrá a cargo do arqueólogo D. Anxo Concheiro Coello, que foi foi durante varios anos arqueólogo da Deputación provincial da Coruña e actualmente realiza a súa función como director técnico da empresa Arquestudio S.L.
Esta conferencia terá como tema A Idade do Ferro na Galiza e será desenvolvida con diversas proxeccións a respeito dos castros e outra riqueza que temos pola Galiza como expoñente desta etapa histórica.
A conferencia ten como segunda parte unha actividade práctica consistente na viaxe programada para o próximo día 27 de marzo, durante a cal se visitará: Porto do Son (Centro de Intepretación do castro de Baroña, Castro de Baroña, Dolmen de Axeitos (Ribeira), castro de Neixón e Centro de interpretación arqueolóxica da Barbanza, Torres do Oeste e algún punto de Padrón.
Quen queira anotarse para esta viaxe, poderá facelo mañá, antes da conferencia e no mesmo lugar (salón de actos da Deputación Provincial), entre as 18,30 e as 20 h. As prazas están limitadas a 50.
Lugo, 16 marzo 2010
A Plataforma cidadá Queremos Galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que significara para a nosa lingua propia, o proxecto de decreto contra o galego presentado ás agachadas na mañá do sábado 13 de marzo.
Arestora, están confirmadas concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nos seguintes lugares:
- Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
- Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
- A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do instituto)
- Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
- Ferrol: ás 20 horas na Praza de España (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galiza
- Noia: ás 20 horas diante do Concello
- A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
- Foz: ás 20 horas diante do Concello
- Carballo: ás 20 horas diante do Concello
- A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello
Nas próximas horas pode ser que se vaian confirmando máis concentracións en máis puntos do país.
Para máis información pódese consultar a web de queremos galego. www.queremosgalego.org
Pola nosa lingua, nin un paso atrás!