Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Día 28, xoves, ás 20 h., xunta no salón de actos do Complexo Xuvenil Lug I I (rúa Pintor Corredoria, Nº 4), na que se falará do programa detallado da viaxe a Portugal (días 4, 5 e 6 de decembro), e se anotará á xente que queira ir. En principio, a viaxe custará entre 190 e 240 euros en función de habitación dobre ou individual, por persoa, incluído todo (hotel, comidas e entradas aos monumentos), a excepción do xantar do día 4 para o que se recomenda levar un bocadillo. O importe farase efectivo na conta da Asociación previa anotación neste día.
A Asociación LugoPatrimonio expresa o seu sentimento polo recente pasamento de don Francisco Mayán Fernández, Cronista Oficial de Mondoñedo, que desde moi novo dedicou o seu saber á investigación da historia da súa vida natal Cee e a da cidade na que viviu e desenvolveu o seu labor docente.
A súa dilatada vida foi un exemplo para todos os que defendemos, divulgamos e traballamos pola conservación do noso patrimonio histórico e cultural. A súa desaparición supón unha perda para a cultura do país pola importancia que ten o labor dos cronistas locais que cos seus traballos contribúen ao coñecemento da nosa historia común.
Cos actos que de seguido se relacionan remata este Ciclo sobre a Romanización que acadou alto interese e estivo sempre animado nas conferencias e viaxes. Agradecemos unha vez máis aos patrocinadores a súa valiosa axuda.
Día 23, mércores
A Muralla: unha viaxe pola historia
Historiador local, doutor en Xeografía e Historia, autor de varios libros dedicados á historia moderna e contemporánea da muralla.
Día 26, sábado
11 horas. Percorrido pola Muralla. Saída da Praza de Pío XII.