Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
As asociacións Lugo Patrimonio, Cultura do País e Mariña Patrimonio a vista da información facilitada polo Ministerio de Fomento, deducen que lonxe de tomar as medidas necesarias para a protección e conservación do importantísimo conxunto arqueolóxico do castro Valente, que a súa intención é a destrucción da necrópole de finais da Idade do Bronce.
Esta dedución ben avalada polo feito de que antes de rematar a prospección arqueolóxica e de elaborar os preceptivos informes necesarios para avaliar a importancia do descuberto, ten tomada a decisión, non para respectalo e conservalo, senón para destruílo coa complicidade da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, que neste caso actúa cun silencio incomprensible nunha Administración que por lei ten a obriga de amparar a conservación dun patrimonio milenario e común.
Tendo en conta que entre os obxectivos fundamentais das nosas asociacións está a defensa do Patrimonio, facemos un chamamentos as institucións galegas da cultura, á fiscalía de patrimonio e aos cidadáns que comparten o mesmo interese, que apoien as accións que fagan posible a conservación deste complexo arqueolóxico único, e que en calquera país civilizado e cun mínimo de sensibilidade, protexería, conservaría e daría a coñecer.
Por último lamentamos que unhas administracións públicas que deberían ser exquisitas no cumprimento da lexislación en materia de conservación do Patrimonio, se mostren insensibles diante de casos tan escandalosos como o do castro Valente.
En nome das Asociaciñons que asinan o escrito:
Lois Diéguez, presidente de LugoPatrimonio
Lugo, a 8 de xuño do 2013
As fotos seguen o itinerario descrito no programa a Tunicia que pode consultar premendo aquí
1. En principio mantense o mesmo Programa e o mesmo prezo, pois queda por resolver o prezo definitivo do billete de avión que non saberemos até ter asegurado ese número mínimo de viaxeir@s (20).
2. Prazo de anotación: até o 30 de abril (NO TFNE. 676 800 227). Os e as que estaban anotados teñen que confirmar a súa decisión de manter ou non a viaxe. Para isto chamar ao tfne.: 676 800 227 ( Lois Diéguez).
3. Os días 2 e 3 de maio abonarase a 1ª entrega de 150 euros na conta de Mandala Aventura (Nadia- Novo nome da súa Axencia) Nº 0049 5554 25 2495033721, ou directamente na Axencia (o mesmo enderezo que Eroski).
4. Do 25 ao 31 de maio abono do resto do prezo (600 euros) e do mesmo xeito.
Atención: por favor, tede en conta as datas que damos para cumprir os pagos pois causaría novos gastos o non respectalas. Iremos avisando con tempo para que non vos esqueza.
O Sorriso de Daniel mándanos esta información:
Na noite do 28 ao 29 de decembro de 2010 un ruído seco escoitouse ao carón da igrexa de Diomondi. Eran os ecos do derrubamento da fachada do Pazo bispal de Diomondi.
Dous anos despois estamos dispostos a que non caia no esquecemento o abandono que o noso patrimonio sofre e citámonos alí para lembralo. Vaite ao noso blog para saber qué che propoñemos
http://www.osorrisodedaniel.blogspot.com.es/2012/12/musica-para-sandar-diomondi.html
Gustaríanos moito que nos acompañases.
Bo Nadal!
--
O Sorriso de Daniel
Patrimonio Románico
No arquivo adxunto recollemos as actividades que se aprobaron na asamblea anual do día 17 de decembro para o ano 2013, detallando tan só as que se van realizar proximamente.
Aviso para a viaxe a Túnez (22 de marzo a 1 ou 2 de abril 2013): as interesadas-os, pódense anotar xa no tfne 676 800 227, até o día 26 de xaneiro. Prezo aproximado inicial de 1.200/1.300 euros con todo incluído. Viaxe para gozar de tres aspectos a resaltar: romanización do país, deserto e oasis de montaña, celeiros e vivendas trogloditas... Confirmaranse os detalles desta viaxe en canto cheguemos ao número mínimo de 20 persoas.