Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
O Pan Noso
Por algo o pan se fai sacramento e misterio: “produto da terra e do traballo…” Cerimoniosamente érguese coas mans , conságrase e compártese co viño. Pan e viño debuxan a cultura dun país. Por algo este sabio cabo do mundo, feito por magos e meigas, ten cáliz de viño e pan como escudo.Terreal cunca e solar bolo de pan: ansiado caldeiro céltico, despois Graal do Xoves Santo , teimudamente buscado por Arturo e seus cabaleiros, encarnacións de Breogán e dos seus soldados , de venerados santos cabaleiros, quixotes na procura de paraísos perdidos ou negados neste país que moito sabe de erguer mesas, altares e misas: Santiago, San Martiño nosos. Claro que “con pan e viño xa se anda o camiño”.
Arqueoloxía de prehistóricos muiños de barco, de pequenas “metas” e “catillas” antigas rodas de muíños de man que atopamos nos castros. Son algunhas das pegadas do que hai dous mil anos nos contaba Estrabón: que aqueles galaicos amasaban a fariña da “faba equina”...vai saber o que se di e o que era...pra facer filloas, empanada sobre a pedra quente... Lume, festa e danza arredor da lúa. Celebradas por reis, trobeiros e princesas nos capiteis medievais do Pazo de Xelmirez.
O día 22, martes, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, Lois Diéguez presentou a súa novela A poutada do Oso. Interviron Felipe Castro, Francisco Pillado, Filipe-Senén López, e o autor, Lois Diéguez, previa proxección do dvd "De Albre de espranza á Poutada do Oso".
Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4
O profesor Francisco Rodríguez dá un novo paso na súa profunda investigación sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, con este libro, "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria", que se presentará o día 4 de abril, no salón de actos do Vicerrectorado de Lugo (fronte á fachada da catedral), baixo o seguinte programa:
· 18,30 h.: paseo con Francisco Rodríguez e Adolfo de Abel por lugares da cidade de Lugo relacionados coa obra e época de Rosalía de Castro (casa da rúa San Pedro onde estivo a imprenta de Soto Freire; Seminario e Parque Rosalía de Castro). Saída da casa do concello.
· 20 h.: Presentación do libro a cargo da profesora Mª Pilar García Negro e o propio autor. Despois das exposicións inicias proxectarase o dvd, "Rosalía de Castro e Compostela", unha visión do profesor Francisco Rodríguez sobre unha descoñecida Compostela rosaliana.