Luns, 21 Xuño 2010 20:09

NOTA DAS ASOCIACIÓNS DO PATRIMONIO INMATERIAL DAS TERRAS DE LEMOS

 

O pasado día 13 de xuño reuníronse no parador de Monforte de Lemos directivos da Asociación Cultural LugoPatrimonio, Asociación Cultural Souto do Val (A Ermida, Quiroga), Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos, Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Asociación Cultural As Fachas de Castelo (Taboada), Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos e Asociación de Veciños de Salcedo (Pobra de Brollón), todas elas con fins relacionados coa conservación, defensa e promoción do patrimonio inmaterial nas terras de Lemos.

Na reunión, entre outros temas, trataron sobre o silencio mantido pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, que se comprometeu coas citadas asociacións a dar resposta ás cuestións que lle presentaron nunha entrevista que tivo lugar o 25 de xuño de 2009.

Naquela ocasión informárona do seu traballo a prol do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos, interesándose especialmente por coñecer o estado no que se atopaba a tramitación dos proxectos presentados no seu día polas asociacións en distintos departamentos da Xunta, para o que a señora delegada pediu un tempo prudencial para se informar e dar resposta. Estes proxectos estaban relacionados con temas que desde o patrimonio cultural inmaterial incidirían na mellora da situación económica do noso Agro, tales como: centros de interpretación, arranxo de prazas e rúas, infraestruturas, rehabilitación de edificios e obxectos artísticos e mesmo de Centros de Interpretación en vivo que poñerían en valor toda unha aldea como é o caso de Parada dos Montes.

Pasados máis de catro meses, solicitouse telefonicamente unha nova entrevista, petición que se formalizou por escrito presentado no rexistro o día 2 de novembro de 2009, acompañado das Conclusións do Congreso sobre o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos que se celebrou en Monforte en xornadas de primavera e outono, e que incidían de novo nas melloras devanditas, sen que ata o día de hoxe, transcorridos seis meses e medio, se tivese contestación a pesar de confirmar por escrito o recibimento da petición.

Sabemos que o mesmo está a pasar con outras moitas asociacións que desde que tomou posesión a señora Delegada seguen sen poder expoñer ilusións e proxectos, negándose deste xeito a palabra e tendo como resposta o silencio, que no caso consideramos un desprezo e unha mala xestión dos nosos dereitos colectivos. Ula a economía de medios materiais e humanos tan loada arreo polos novos gobernantes?

Quede patente, xa que logo, o noso desgusto, pois é a primeira vez que unha administración nos nega o dereito de falar, cousa que elimina en si a norma  democrática do diálogo, Agardamos, xa que logo, que dona Raquel Arias corrixa a súa actitude e abra ese salón de recibir que fomos construíndo entre todos para beneficio do colectivo e das obras que para vivir necesitamos, pois non é da súa propiedade, senón de quen neste momento nos sentimos desprezados.

Monforte de Lemos, a 13 de xuño do 2010

 

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO