24 de xaneiro
A doutora en Bioloxía e directora do Centro Fitopatolóxico de Areeiro (Pontevedra), comezou a conferencia dando o nome científico da planta arbustiva e arbórea orixinaria das rexións tropicais e subtropicais de Asia sudoriental, China e Xapón, a Camellia, posto por Carl von Linné en 1735 no seu Systema Naturae, por ser o descubridor o botánico e misioneiro xesuíta do século XVII Georg Josephus Kamel, coñecido como Camellus, que a debuxou nunha viaxe a Filipinas. Os ingleses documentárona en 1740.
Non se sabe cando se trouxo a Europa a chamada “Rosa de China”, pero debeu ser no século XVI polos navegantes portugueses e españois que traían diversos produtos entre os que estaban os obtidos da planta, como as sementes, o aceite e o té. O certo é que aparece representada como elemento decorativo nunha pía da auga bendita da igrexa romana de Santa María sobre Minerva, nunha capa de viático da época de Felipe II, en azulexos portugueses, en cerámica de Talavera e na decoración de arcas. En 1830 veñen as primeiras camelias importadas de Xapón.
No século XIX xa se debuxan os centos de especies, estando moi divulgada, como se pode ver en retratos de mulleres que as levan como adorno no pelo e nos vestidos.
Día 13 de xuño, martes
De 19:30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 17 de xuño ás Médulas
Día 13 de xuño, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Lois Ladra sobre "A ourivaría galaica no século XXI: estado da arte"
De 19:30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 17 de xuño ás Médulas
DíDía 27 e 28 de maio, sábado e domingo
Viaxe a Viana do Castelo (Portugal). Pendente de concretar o programa.
Día 9 de maio, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Javier Gómez Darriba sobre a “Arquitectura perdida de Lugo”
Día 22 de abril, sábado
Viaxe a Vigo para visitar, aos achados arqueolóxicos de Canido, Salinas do Areal, Museo Arqueolóxico Quiñones de León, acompañados polo profesor Eduardo Méndez Quintás, prehistoriador.
Día 11 de abril, martes
De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 22 de abril a Vigo e para a viaxe a Viana do Castelo (Portugal) os días 27 e 28 de maio. As datas da viaxe a Portugal poden variar en función do prezo dos hoteis, podería ser dous dos días da semana do 22 ao 25.
Día 11 de abril, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Arias Vilas “Introdución ao Vigo Antigo e contorna”
De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 22 de abril a Vigo e para a viaxe a Viana do Castelo (Portugal) os días 27 e 28 de maio. As datas da viaxe a Portugal poden variar en función do prezo dos hoteis, podería ser dous dos días da semana do 22 ao 25.
Día 25 de marzo, sábado
Viaxe ás Terras do Carballiño con Felipe Senén.