7 de novembro

O arqueólogo comezou a disertación dicindo que había xa catro anos que a UNESCO integrara ao territorio das Montañas do Courel, dentro da súa Rede de Xeoparques Mundiais, aínda que os concellos que desenvolveron a proposta, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, levaban moitísimos anos xa, traballando na procura da posta en valor do seu magnifico patrimonio xeolóxico, natural e arqueolóxico, como explicou na súa conferencia Ramón Vila Anca, de tal xeito que, por exemplo, os miradoiros xeolóxicos, espazos naturais e xacementos arqueolóxicos interpretados, espállanse polos 578 Km2 recoñecidos pola UNESCO.
A esta variedade de espazos para a aprendizaxe, súmanse as rutas de sendeirismo, algunhas tamén interpretadas, e até 5 centros de interpretación, nos que atoparemos información específica sobre a xeoloxía e etnografía desta bisbarra, as súas covas, os seus espazos naturais, coa Devesa da Rogueira como referente e, por suposto, a súa arqueoloxía. Toda esta oferta de ocio e aprendizaxe, vai dirixida a un turismo de calidade, sen aglomeracións, e cun marcado interese lúdico/científico. Un turismo do coñecemento.

18 de outubro

O director dos museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga, comezou a disertación contextualizando e xustificando a creación destes museos que forman parte da Rede de Centros de Interpretación do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, declarado no ano 2019, un territorio que contén un parque xeolóxico importante e unha superficie de actuación para traballar nun proxecto de desenvolvemento local sostible.
Os lugares de interese xeolóxico deben completarse con todo o patrimonio, arqueolóxico, natural, histórico, artístico e cultural. O financiamento é externo e en colaboración con outras administracións, contou sempre coa da Deputación Provincial, e non ten capacidade normativa, rexéndose pola normativa oficial. Existen no mundo 176 territorios que teñen esta consideración, 76 en Europa, 12 en España e só este en Galicia.

Luns, 10 Outubro 2022 07:53

Os Selgas e o palacio del Pitu

4 de outubro
O profesor de Historia José García Fernández comezou a súa disertación facendo a xenealoxía da familia Selgas. O primeiro Juan Selgas Campo (1790 – 1871) casou en 1827 con Josefa Albuerne, filla dun comerciante do Pitu. Entre 1816 e 1824, traballando coa camarilla de Fernando VII, e desempeñando algún cargo de rango inferior no palacio, como axudante do campo do gardarroupa da raíña e porteiro maior do Arquivo Xeral da Real Casa (1816-1824). Adquire un capital importante e regresan a Cudillero tendo influencia local ao desempeñar o oficio de tenente de alcalde no Concello e xuiz de paz. Tivo oito fillos, pero só sobreviviron tres: Ezequiel, Fortunato e Josefa.

Sábado, 19 Novembro 2022 10:00

Viaxe a Quiroga e Ribas de Sil

Día 19 de novembro, sábado

Viaxe a Quiroga e Ribas de Sil

Para visitar os museos Xeolóxico e Etnográfico en Quiroga, e o centro de interpretación da Minería Aurífera en Ribas de Sil.

Saída ás 10,00 horas.

 

Día 7 de novembro, luns
ás 20,00 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Iván Álvarez Merayo, sobre “A minería aurífera romana na comarca do Courel”.

Día 18 de outubro, martes
Salón de actos da Deputación Provincial

De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 19 de novembro a Quiroga para ver os museos Xeolóxico e Etnográfico, e a Ribas de Sil, para visitar o centro de interpretación da Minería Aurífera Romana.

Día 18 de outubro, martes
ás 20,00 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Ramón Vila Anca sobre “Os museos de Quiroga”.

Día 4 de outubro, martes
ás 20,00 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de José García sobre “Os Selgas e o seu interese polo patrimonio e o coleccionismo”.

Luns, 03 Outubro 2022 21:33

Viaxe a Ponferrada e Villafranca

1 de outubro
Dentro do Ciclo sobre Patrimonio Industrial e como complemento da viaxe realizada a Asturias para ver o Museo das minas de Arnaou, o conxunto mineiro do val do Turón e o poboado mineiro de Bustiello, realizouse a visita a “La fábrica de la luz”, Museo Nacional de la Energía, en Ponferrada, instalación aberta no ano 2011  na antiga central térmica da Minero Siderúrgica de Ponferrada (MSP), que estivo en funcionamento entre 1920 y 1971. Acaba de ser declarada Ben de Interese Cultural (BIC) e os traballos de recuperación recibiron da Unión Europea o Premio á Conservación do Patrimonio Cultural.
Na visita, que tivo por finalidade ver como era unha central térmica que empregaba o carbón para producir enerxía eléctrica, estivemos acompañados por dúas guías do Museo, Silvia e Inés que nos acompañaron  polas tres sección de que consta o Museo: zona de descarga do carbón, sala de caldeiras e sala de turbinas.

Venres, 09 Setembro 2022 08:17

Viaxe a Cudillero

Visita á Quinta de Selgas
 7 de setembro
A viaxe a Cudillero (Asturias) tivo por finalidade visitar a Quinta Selgas, un conxunto de palacete e xardíns dunha familia burguesa de fin do século XIX e principios do XX, obra dos irmáns Ezequiel e Fortunato de Selgas e Albuerne, onde se pode ver a forma de vida dunha clase de orixe popular, o pai dos Selgas tiña unha tenda de ultramarinos en Cudillero, que acada unha formación e éxito nos negocios, e que mostran na súa residencia estival os obxectos que adquiren en anticuarios.  
A visita guiada que organizamos para tres grupos da Asociación comezou no xardín francés que se atopa diante da fachada principal do edificio, que xa é por sí un exemplo do que son as artes decorativas e suntuarias, desenvolvidas por distintos artesáns, vidreiros, carpinteiros, tallistas e pintores.  
Este xardín está situado na zona sur no que destacan as esculturas e as fontes. É dunha ampla avenida, marcada polos elementos xeométricos: os muros de camelios recortados, as pedras horizontais de céspede e os xardíns con céspede e flores de buxo crean un conxunto de liñas rectas que conflúen no palacio.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López +

    Día 21, sábado Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López. Saída ás 9,00 h. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe do día 25 de outubro a Santa Eulalia de Bóveda, Museo etnográfico da Torre de Xiá (Narla) e aos Baños romanos de Lugo +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, profesor titular na UDC sobre “O galego-portugués herdeiro do latín” +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO