Sábado, 11 Febreiro 2023 21:52

Viaxe a Pontevedra

28 de xaneiro

Esta viaxe foi complemento da conferencia impartida o día 24 por Carmen Salinero Corral, directora do Centro Fitopatolóxico de Areeiro dependente da Deputación Provincial de Pontevedra creado en 1981 coa finalidade de prestar asesoramento aos labregos no relativo ás pragas e enfermidades que afectan a determinados árbores e cultivos, así como a análise de solos para facer as correccións axeitadas a cada cultivo. A este asesoramento engadíronse as seccións de cultivos froiteiros, ornamentais e laboratorio de loia biolóxica.

A visita, que comezou ás 10,30 horas e estivo centrada exclusivamente nas camelias, iniciouse tomando un té verde producido na finca a partir da Camellia sinensis, explicando a directora a forma de facelo, como o tempo que debe ter a folla, no máis dun ano, temperatura á que debe estar a auga, 70 º, desbotar o primeiro té, e tomar os seguintes, ata cinco, sendo os últimos os mellores. Tamén comprobamos o efecto sobre a pel do aceite que se obtén da camelia.

A continuación iniciamos o percorrido pola finca acompañados por Ana Martín, guía da empresa Aguias de Vigo, e a directora, que nos foron explicando as características das distintas especies que se cultivan na finca, rematando na parcela dedicada á plantación da Camellia sinensis da que se sacan os gromos e as follas para a elaboración do té. Tamén puidemos ver os efectos sobre a flor causada pola praga da Ciboriniacamelliae, que pon murcha á flor" (flower blight), provocando danos en todas as especies do xénero Camellia, reducindo o seu valor ornamental, e consecuentemente económico. Rematada a visita os viaxeiros foron obsequiados con información, unha planta de camelia, unha mostra de aceite e un sobre de té.

Despois de xantar no Casino Liceo de Pontevedra, trasladámonos ao pazo de Quinteiro da Cruz en Ribadumia, no val do Salnés, sendo recibidos na entrada polo propietario Pedro Piñeiro Lago que nos acompañou no percorrido polos xardíns coa categoría de Xardín Internacional de Excelencia, para ver a colección de camelias, con máis de mil variedades, e outras especies botánicas exóticas. Ten unha zona deseñada a finais do século XIX polo xardineiro e paisaxista de orixe francés Dorgambide, que foron restaurados nos anos 1975-1980 por Victoriano Piñeiro Acosta, que engadiu a colección de camelias e outras plantas procedentes de diferentes lugares do mundo.

Desde o ano 2008 cultivan a Camellia sinensis para a obtención do té. Tamén ten unha parte de viñedo produtor de albariño co que elaboran o viño que leva o nome do pazo.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Felipe Senén López sobre “O monacato en Galicia e a humanización dos ribeiros”. +

    Día 14 de marzo, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Felipe Senén López sobre Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 25 ás Terras do Carballiño que inclúe o mosteiro de Oseira. +

    Día 14 de marzo, martes   De 19, 30 a 20 horas Anotacións para a viaxe do día 25 ás Ler Máis
  • Viaxe ás Terras do Carballiño con Felipe Senén. +

    Día 25 de marzo, sábado Viaxe ás Terras do Carballiño con Felipe Senén. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO