Falou do intercambiador dos trens en Monforte de Lemos cando estaban alí os talleres de reparación, e dixo que a vila tiña unha identidade ferroviaria. É unha cuestión de memoria e de autoestima do traballo para os que viviron a industria que esmoreceu. Fala de FRIGSA, que foi a aspiración dos gandeiros galegos e da Asociación de Tratantes, un matadoiro que seguía o modelo de Chicago.
O Patrimonio Industrial é unha cuestión de marca para os territorios, para as actividades industriais, como Sargadelos na nova etapa. Galicia non foi líder de ningún dos sectores relevantes da Revolución Industrial pero tampouco somos un ermo fabril. Fomos pioneiros en máquinas de vapor que se construían no Arsenal de Ferrol. O primeiro forno de fundición modernos instalouse en Sargadelos, contamos con algúns elementos espectaculares e singulares, como a Panificadora de Vigo, ou a Central Eléctrica do Cambre do Arquitecto Antonio Palacios, ou os cinco fornos de calcinación do mineral da Pontenova.
Continuo dicindo que había unha singularidade entre o patrimonio marítimo e o industrial. Ata que chega Citroen a Vigo en 1958 hai esa relación, a industria conserveira e as industrias que dependían dela, como as que facían as latas, as etiquetas, os logos, os que preparaban as embalaxes de madeira,os clavos etc.
Dentro do marítimo o Arsenal de Ferrol é a estrela, as minas de wolframio de Fontao están ben conservadas, e son espectaculares, pero tamén houbo industrias máis modestas, de salga e cortumes.
Desde o punto de vista lexislativo, dixo que antes era considerada como parte da etnografía estudiada con metodoloxía arqueolóxica. Pero cambiou na normativa de 2016, pero ten o defecto de que se acaba en 1936, polo que os encoros do río Miño, ou si existise o edificio principal de FRIGSA, non terían a consideración de Patrimonio Industrial.
Sobre a realidade do tratamento deste patrimonio, dixo que compre o coñecemento, estudio e avaliación, medidas de protección, estudio dos usos, e reutilización. Sinalou que as actitudes son máis importantes que as normas.
A identidade mariñeira, o agro e o mar son as fontes das que agroma o noso Patrimonio Cultural. A estampa do carro, o castro, o hórreo e o xacobeo, non é a imaxe real de Galicia, o que fai que nos sitúe fora dos circuítos do Patrimonio Industrial Europeo.
Outra vía de protección é a través do planeamento urbanístico, anque hai moitos intereses económicos neste campo, pois as administracións inhibíronse moitas veces permitindo as derrubas. Puxo varios exemplos desafortunados de recuperación e fixo algunha propostas, xa que se poden crear productos culturais importantes, pois houbo algunhas iniciativas de particulares. Insistiu na importancia de recuperar a central hidroeléctrica de Viloalle en Mondoñedo que foi a primeira de Galicia.
Actualmente, no que xorde o turismo industrial, non estamos nas rotas europeas do Patrimonio Industrial nas que están Cataluña e Asturias. Como materias pendentes na provincia de Lugo chama a atención de Sargadelos, Chavin, as paisaxes do ferro do Caurel, do Navia, cerámica El Castillo de Monforte, conserveira de Celeiro, sistema hidroeléctrico do Miño, as minas de ferro e do fósforo de Vilaodrid e da Silvarrosa. Rematou sinalando como distinta ás ferrerías do Caurel a de Vilar da Cuiña no río Navia.