Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Abril
Do 2 ao 5 (Semana Santa): Viaxe ao Portugal do Minho e ás cidades e arredores de Braga, Barcelos e Guimaraens (Patrimonio da Humanidade), onde veremos desde paisaxes encantadas, artistas populares do barro, monumentos que construíron a Galiza e o Portugal do Afonso Henriques ou feiras que manteñen o seu carácter popular e artesán. Atenderemos con interese dúas xoias destas terras: o mundo castrexo representado pola Citania de Briteiros; e o rito tan sonado da Semana Santa de Braga.
Anotacións até o día 12 de marzo chamando ao tfne. 676 800 227.
Esta viaxe terá un custo aproximado de arredor de 300 euros (incluíndo todo menos ceas) e farase se hai un mínimo de 16 persoas, sexan asociados-as ou non. A partir do 12 de marzo darase o programa detallado e prezo definitivo, en caso de ir.Según o vaides decidindo chamade, pois se podemos adiantar a data de notificación mellor, por causa das reservas do hotel.
Día 15, mércores: Conferencia da profesora Celia Armas García sobre "Mulleres na cultura do s. XIX galego".
Ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
Maio
Día 5, martes: Conferencia da profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández Pérezsanjulián sobre "Literatura galega do s. XIX, entrando no XX".
Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
De 19,15 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe á Illa de Ons e tamén para a de Coruña (Exposición de Picasso e Castro de Elviña).
Día 16 de maio, sábado: Viaxe á cidade da Coruña onde pasaremos o día para ver a Exposición de Picasso e o Castro de Elviña, tendo como guía a Felipe-Senén López.
Saída ás 8,00 h.
Este mércores, día 4, ás 20:00, no salón de actos da Deputación Provincia de Lugo, realizaremos un acto con proxeccións e comentarios sobre o Entroido portugués da zona de Bragança, como introdución á viaxe que se fará aos Entrudos de Podence e Santulhao, a cargo de Lois Diéguez, presidente da asociación.
Xuntamos nesta nova varios enlaces a artigos referentes a Francisco Carballo, finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014. Como di o cadriño de Xosé Lois, o home que puido ser bispo e preferíu ser patriota galego.
Prezadas asociadas e asociados:
Pola presente, e seguindo o art. 18 dos nosos estatutos, convócase asemblea xeral ordinaria para o día 15 de decembro, luns, ás 19,30 h. en primeira convocatoria, e ás 20 h. en segunda, na galería Sargadelos de Lugo, e para analizar a seguinte orde do día:
1. Lectura da acta da sesión anterior.
2. Informe do presidente.
3. Informe do tesoureiro.
4. Proxecto de actividades para o 2015.
5. Colaboración na nosa páxina Web
6. Rogos e preguntas.
a) Comunicacións cos asociados-as.
É de interese colectivo a participación máis ampla posíbel para falar dos temas que consideredes en función da orde do día, pois así se vai perfeccionando a actividade e participación de todas e de todos.
Lugo, a 1 de decembro do 2014
A secretaria Vo Bo O Presidente