Mércores, 13 Xaneiro 2016 00:00

NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN Destacado

Asemblea de LugoPatrimonio
Lugo Patrimonio renovou a súa xunta directiva no transcurso dunha asemblea extraordinaria celebrada a continuación da asemblea anual, cesando como presidente o escritor Lois Diéguez que ostentou o cargo desde a fundación hai dez anos.

A nova directiva, que presidirá o que era vicepresidente, o hisrtoriador Adolfo de Abel Vilela, esta formada por Branca Rodríguez Pazos,  como vicepresidenta; Carmen Olga Ventosinos López, como secretaria; José Ángel Lence Iglesias, como tesoreiro; e vogais Julia Cantalapiedra Álvarez, Carolina Casal Chico e Antonio Vázquez Rouco. Dos sete membros de que consta a directiva, catro son novos.

Xunta DirectivaA Asemblea agradeceu a Lois Diéguez a dedicación e entrega á Asociación que baixo o seu mandato adquiriu notable aceptación e prestixio, tanto pola calidade das actividades desenvolvidas como pola súa organización. A nova xunta directiva propuxo organizar un acto de agradecemento ao escritor e poeta que terá lugar no primeiro trimestre deste ano.


Así mesmo, deu a coñecer as actividades a desenvolver no presente ano que virarán en torno a tres ciclos de conferencias e viaxes, sobre o escritor e poeta Manuel María, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas; outro sobre o Camiño Primitivo, con motivo da súa declaración como Patrimonio da Humanidade e un terceiro sobre a Ribeira Sacra, que aspira a que a UNESCO lle outorgue este recoñecemento. Ademais doutras actividades, haberá dúas conferencias e unha viaxe ás provincias de León e Zamora para coñecer os lugares históricos relacionados con San Froilán, e unha viaxe a Toro (Zamora) para visitar a exposición Aqua de Las Edades del Hombre.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “E ti ¿de quen ves sendo?”. Lucus Augusti como espello das relacións familiares na antiga Roma +

    Día 14, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia da investigadora doutora Clara María Ramos Taboada Ler Máis
  • Anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo” +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO