Luns, 26 Outubro 2015 00:00

ANDRÉS DÍAZ PAZOS

Nado en Ferrol, no ano 1968. É licenciado e doutor en Ciencias Físicas pola USC. Entre o ano 1996 e 1998 traballou como investigador post doutoral na Universidade de Cambridge. Neste campo é autor ou coautor de 31 artigos en revistas do máximo nivel internacional. Ten participado en diversos congresos e relatorios e foi invitado pola American Physical Society para abrir unha das mesas do seu congreso anual en Atlanta o ano 1999.

Dende o ano 1998 tamén investiga e colabora en proxectos sobre a historia da ciencia e o patrimonio instrumental, didáctico e documental científico, participando no proxecto de inventario e  catalogación dese material en Galicia (USC, 1998). Froito destes traballos son 14 artigos en diversas revistas sobre a materia e relatorios en congresos.

Tamén colaborou como comisario en diversas exposicións sobre esta temática:

-“A Noite está varrida da Terra. 150 aniversario de la utilización de la luz eléctrica en Santiago de Compostela” (Unión Fenosa/Consello da Cultura Galega/USC, 2001)

-“150 da Lei Moyano. A introdución da experimentalidade no ensino” (MUPEGA, 2007)

-“Dos ábacos aos computadores” (Caixanova/USC, 2008)

-“Rodríguez Cadarso: Un reitor para un país” (Xunta de Galicia/USC, 2008)

-“Antonio Casares. Investigador e reitor da modernidade” (USC, 2012).

No ano 2001 recibiu o Premio "Ciutat de les Arts i de les Ciencies", na categoría de Traballos de Divulgación, outorgado pola Real Sociedad Española de Física.

No ano 2008 colabora no proxecto de catalogación dos órganos de Galicia, presentado á Xunta de Galicia nese ano e financiado pola mesa.

Froito desa catalogación colaborou na catalogación da metade dos órganos da nosa comunidade (aproximadamente uns 50) nas dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Lugo e Ourense. Xunto con Mª Belén Bermejo, recibe o encargo en 2011 da catalogación dos instrumentos antigos de tecla do Pazo de Tor, dependente da Deputación Provincial de Lugo. Froito destes traballos son 3 artigos e a comunicación dos resultados preliminares da catalogación dos órganos no VI Congreso Nacional del Órgano Hispano, 2 artigos sobre os órganos históricos de Iria Flavia e o do Santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades (Silleda) e charlas de divulgación invitadas nos conservatorios de Ourense e Santiago, dentro das “I xornadas de órgano Mariano Tafall”.  Tamén, durante os traballos de  investigación de arquivo que segue a realizar, o descubrimento dunha parte do manuscrito do século XV do Livro da Montaria, do rei Joao I de Portugal, formando parte da encadernación duns protocolos notariais de Monforte de Lemos conservados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

Dende a súa xuventude ten participado como intérprete de instrumentos de  vento e corda pulsada en diversos grupos de música antiga galegos, como Música Doméstica, Grupo de Cámara Universitario, Resonet, Martin Codax, Coro Ultreia, Vox Stellae  e Il Combattimento. Dende 2005 dirixe a súa propia formación, o Grupo de Música Antiga 1500. Con eles ten realizado centos de concertos en diversos festivais, salas e museos de Galicia, España e Europa. Realizou cursos de aprendizaxe de instrumentos antigos de vento, chirimía e baixón, coa profesora destes instrumentos do conservatorio de Hamburgo, Renate Hildebrand. Tamén toca instrumentos antigos de corda pulsada como o laúde ou a vihuela.

Polo seu interese na música e o patrimonio musical, especialmente o galego, ten sido invitado a participar en diversas charlas e actividades didácticas: “Organoloxía renacentista” (Concello de Boiro, 2008), “A música medieval galega” (Concello de Riotorto, 2011),  Roldas de órganos pola mariña lucense, Ourense e Terras de Santiago (Festival Espazos Sonoros, 2012, 2013 e 2014), “Itinerario patrimonial por Santiago: O patrimonio musical” (CAFI, Xunta de Galicia. Santiago 2013), "Constrúe o teu propio tubo de órgano" (Festival Espazos Sonoros 2014). Tamén ha sido invitado a colaborar como asesor e redactor de contidos en el festival “Espazos Sonoros” (Consellería de Cultura, Xunta de Galicia) dende a súa primera edición en 2008 e no festival “O órgano da compañía, doutra maneira” (USC).

http://www.grupo1500.es/

https://www.youtube.com/user/grupo1500

https://www.youtube.com/user/organosdegalicia

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO