Naceu o 9 de abril de 1970 en Lugo, no Hospital da Milagrosa (actual edificio do xornal O Progreso).
Fillo dunha profesora orixinaria de Castroverde, na súa nenez, pasou longas tempadas na parroquia da Pumarega, non era difícil velo coa súa bicicleta visitando as igrexas dos contornos e facendo fotos ás mesmas, preguntando aos párracos que estilo é esta igrexa?, ou facendo fotos á magnífica torre de Homenaxe de Castroverde.
Foi un dos afortunados raparigos, que viu a película Indiana Jones en busca do Arca Perdida, no Gran Teatro, o que aínda acrecentou máis o seu espírito inquieto, e o seu gusto pola historia.
Estudou o Bacharalato no Instituto “Ánxel Fole” e despois acabou Técnico Superior en prótese dental, empezou o Grado de Xeografía e História pero non chegou a acabalo.
As suas aspiracións laborais foron virando para a fotografía e o vídeo, sin esquecer as lecturas de libros de historia de todas as épocas. Foi cámara ENG de servicios informativos en TVL , e reporteiro gráfico para distintas publicacións. Tamén foi locutor de radio en Cadena 100, nun programa de radio de música rock, e impartiu tamén cursos de fotografía para o Instituto de Formación e Estudos Sociais.
Actualmente é empregado da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
En canto ás emisoras que os alemáns construíron nos anos 40, empezou a investigalas xunto ao seu amigo Ánxo Valín Bermúdez,no ano 1999, despois publicaron o primeiro artigo en conxunto no ano 2002,na páxina websubmarinos (unha páxina dedicada á historia e aos submarinos actuais e do pasado).
Tamén publicaron un artigo na revista do Centro de Estudos Chairegos, e en varios diarios locais.
Foi entrevistado na TVG (Dúas ocasións “Xa hai que foi”, e o programa O Explorador; tamén na Canle 4 (Cuarto Milenio).
Entre o ano 2006 e o 2010 mantivo operativas as páxinas www.torresdearneiro.com e www.torresdearneiro.org , pagando do seu peto, o mantemento das mesmas, coa única intención de manter viva a memoria dun patrimonio único da era industrial.
Actualmente ten en Facebook unha páxina que se chama: Torres de Arneiro e outras noticias da historia. Nela habitualmente mostra información sobre as Torres e tamén sobre outros acontecementos da historia de Galicia e do mundo. Actualmente ten case 200 seguidores.Tamén colabora co grupo de facebook Websubmarinos, con reportaxes fotográficas e artigos sobre todo relacionados coa Primeira e Segunda Guerra Mundial.