Luns, 04 Abril 2022 08:44

Viaxe a Allariz

2 de abril

A viaxe a Allariz nun día de primavera con sol, tivo un dobre fin, por un lado ver un exemplo de posta en valor do patrimonio urbano e histórico artístico promovido polo Concello, e por outro complementar coa visita a unha aldea de curtumes, as conferencias que sobre este tema tivemos dentro do Ciclo sobre Patrimonio Industrial.
Na visita estivemos acompañados polo profesor Antonio Blanco Rodríguez que nos acompañou a visitar a aldea de Santa Mariña de Augas Santas, un exemplo de recuperación dun conxunto moi coidado, con elementos etnográficos, e a igrexa románica onde se da culto a Santa Maríña, e se segue aínda hoxe coa tradición das augas salutíferas. Despois da visita, saímos para a aldea de Armea para facer un percorrido arqueolóxico pola vía XVIII do itinerario de Antonino, comezando na beira do camiño a visita ao xacemento galaico romano do Monte do Señoriño, descubertos no ano 2011 polo veciño de Armea Manuel Losada, e escavado entre 2011 e 2013 pola Universidade de Vigo, interpretando os restos como os dunha vivenda do século I d. C., con posibles funcións domésticas, administrativas e de control da vía.


Continuamos ata a Cibdá romana de Armea, fundada a finais do século I d. C., con varias remodelacións ata o século III, un conxunto aínda en proceso de escavación por campañas arqueolóxicas, pero que ten xa descubertas varias domus no barrio da Atalaia, como a Domus do Hexáscele, a da Roseta, a Leste, que se organiza entorno a unha rúa central enlousada.
Continuamos o camiño para ver a piouca e o carballo de Santa mariña, que a tradición di que arrefriou o corpo da santa despois de ser sacada do forno do martirio por San Pedro. As dúas pías almacena auga da chuvia que as xentes populares dicían que era boa para a vista. En realidade trátase dun posible lagar ou unha almazara onde se esmagaban as olivas para facer aceite.
O lugar onde se atopa o forno no que a tradición di que foi martirizada Santa Mariña, seguramente foi un forno da etapa castrexa para cocer a olería. No século XIII tentaron facer un santuario que non se rematou, conservándose soterrado un espazo abovedado onde está o forno. De volta xa na aldea de Armera puidemos ver elementos arqueolóxicos aproveitados en paredes, como un pretroglifo, unha inscrición romana, e mesmo os fustes de dúas columnas como sostén da armazón dunha parra.
Despois trasladámonos a aldea de Acea de Meire, una aldea de curtidoiros que foron transformados en vivendas, e onde se conservan os restos dun arruinado. Neste lugar deunos unha explicación Clodio Otero Eiriz, autor dun estudo Industria Gale dos curtumes. Pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro.
Despois de xantar fixemos u percorrido pola vila de Allariz, visitando a Fundación Risco, acompañados por Antonio Blanco.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO