Artigos filtrados por data: Mai 2022

3 de maio

Con motivo do Día das Letras Galegas, consideramos oportuno aceptar a proposta do escritor Lois Diéguez, ex-presidente de Lugo Patrimonio, de organizar unha mesa redonda, previa á representación que terá lugar en Lugo o día 19 de maio, sobre o monólogo dramático do que é autor o director Xulio Lago, interpretado por María Barcala.

Participaron a profesora Pilar García Negro, a actriz María Barcala, o director e autor da obra, Xulio Lago e como moderador Lois Diéguez, que abriu as intervencións facendo unha reflexión sobre o impacto que sobre o comportamento das persoas está tendo o avance tecnolóxico, especialmente o das comunicacións, que nos está deshumanizando, porque falar coas persoas, mirando aos ollos antes era o natural, agora falamos ás máquinas, e referiu que nunha sala de espera mentres el lía nun libro os demais pasaban o tempo co móbil. Viu no ordenador o anuncio da obra Libre coma os paxaros e foi vela e quedou prendado da interpretación, da iluminación e da escolma de textos en prosa e verso de Rosalía, en galego e castelán feitos por Pilar García Negro e Xulio Lago, considerando que para a actualidade do país esta obra sería representativa.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Felipe Arias Vilas “Introdución ao Vigo Antigo e contorna” +

    Día 11 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Felipe Arias Vilas “Introdución Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de abril a Vigo e para a viaxe a Viana do Castelo +

    Día 11 de abril, martes   De 19, 30 a 20 horas Anotacións para a viaxe do día 22 de Ler Máis
  • Viaxe a Vigo +

    Día 22 de abril, sábado Viaxe a Vigo para visitar, aos achados arqueolóxicos de Canido, Salinas do Areal, Museo Arqueolóxico Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO