Xoves, 14 Novembro 2024 10:14

Conferencia de José Alberto Morais Morán “Fermosas, magníficas, admirables e de labrados mármores: as basílicas cristiáns de Augusta Emerita"

12 de novembro

O profesor de Historia da Arte da Universidade de León comezou a súa disertación relacionando Mérida, Astorga e Lugo. Primeiro explicou que era unha basílica no mundo romano, un edificio público que non só tiña unha función relixiosa, pois podía ter biblioteca, mercados e relacionado co foro, citando como exemplos, a Iulia, a Aemilia, a de Santa Sabina, con mármores, que serán unha característica desde tipo de edificio que toma o cristianismo como exemplo. A máis importante de todas será a de San Pedro en Roma, levantada polo emperador Constantino no século IV para custodiar as reliquias de san Pedro.

Puxo como exemplo dunha das primeiras basílicas hispanas a de Marialba de la Ribera (León) construída entre os anos 300 – 350, escavada polo arqueólogo do Instituto Arqueolóxico Alemán, Helmut Schlunt, as que seguiron a de Fornás de Torelló, do século IV – V, en Menorca, que conserva decoración de mosaicos, e Santa María do Camin en Cas Frares en Mallorca, con temas decorativos do Antigo e do Novo Testamento, como Adán e Eva, a historia de Josué, etc., desaparecida.

Detívose despois no que foi a basílica suburbana de Santa Eulalia de Mérida, que foi visitada na viaxe realizada en setembro pola Asociación. Deu lectura á inscrición dun lintel, coa dedicatoria a Santa María relacionada coas reliquias que había debaixo do altar, que era onde se colocaban. As primeiras reliquias en Hispania son do ano 600. Referiuse despois ao libro de María Cruz Villalón “Mérida visigoda”. A escavación fíxose entre 1991 e 1992. O primeiro texto sobre o martirio de santa Eulalia, que tivo lugar entre os anos 303 e 305, foi escrito polo hispano Prudencio.

Para ilustrar o martirio puxo varias imaxes de pinturas de distintas épocas, como as románicas de Bermat Marturel (1427 – 1437), que representan a flaxelación e a crucifixión da santa, que aparece tamén entre as mártires dos mosaicos de Ravena. No inicio, e antes de ser basílica, foi un pequeno oratorio revestido con mármore, segundo se pode ver nunha maqueta que se atopa na parte do museo do templo. A partir do século VI ampliouse, converténdose en enterramento de bispos e outros devotos que querían estar preto da mártir para que lles concedese os seus favores. No mesmo lugar tamén houbo un hospital de peregrinos para acoller aos que ían visitar as reliquias.

Tamén falou dos fragmentos de mosaicos do mausoleo romano de Compostela, exemplos foráneas de basílicas de dúas ábsidas, Leptis Magna, e Volubilis en Marrocos, das de Hispania, Santiago de Peñalba, San Cebrián de Mazote, neste caso unha basílica medieval con dúas ábsidas e con función funeraria.

O texto de Prudencio da conta de que estas basílicas estaban moi decoradas. O conferenciante mostrou pezas de mármore que se exhiben no Museo do convento de Santa Clara de Mérida, que contén pezas de arte romana e do primeiro cristianismo, tamén visitado na viaxe, como pilastras e capiteis decorados. A zona do altar estaba adornada con mosaicos, alfombras e cortinas. Os altares do século X tiñan un oco para gardar a reliquia na parte superior do fuste ou pé que sostiña a mesa. Para dar unha idea de como serían puxo a basílica de San Clemente de Roma, aquí perdeuse todo, só quedan restos descubertos nas escavacións.

A chamada Casa da Basílica de Mérida, conserva fragmentos de pintura que representan a santos emeritenses. Por último, e relacionado con Galicia, puxo a igrexa de Santa Comba de Bande, que perdeu o cancel.

 

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO