Martes, 17 Setembro 2024 07:26

Emerita Augusta, capital da Lusitania

Felipe Arias Vilas, “Emerita Augusta, capital da Lusitania”

10 de setembro

Como actividade previa á viaxe a Mérida, celebrouse a conferencia impartida polo arqueólogo e museógrafo Felipe Arias Vilar que comezou facendo unha introdución sobre a fundación da cidade de Mérida como colonia romana no ano 25 aC. Sinalando que ten certa relación coa Gallaecia, pois foi fundada para lexionarios vedraños das guerras ástur-cántabras emprendidas por Augusto, constituíndose como capital da importante e extensa provincia da Lusitania, e proporcionando desde hai séculos numerosos achados arqueolóxicos romanos de todo tipo e entidade, ós que despois se sumou a súa importancia como sé episcopal e enclave primeiro visigótico e logo musulmán, antes de englobarse no reino cristián de Castela.

Pasou despois a dar conta dos avances no descubrimentos de achados arqueolóxicos, indicando que desde hai décadas coñécese bastante ben a trama urbana, disposta entre os ríos Anas e Baraecca (logo ‘arabizados’ como Guadiana e Albarregas), organizada nunha retícula de rúas (coa súa rede de cloacas) nas que se dispoñían os monumentos públicos (acuedutos e pontes, foros -colonial e provincial-, templos, grandes edificios lúdicos coma o teatro, o anfiteatro e o circo…) así como as insulae de casas domésticas e as grandes domus señoriais.

Este abundante patrimonio arqueolóxico non foi sempre de xestión doada polos diversos problemas inherentes á arqueoloxía urbana e que, en boa medida, se solucionaron coa creación nos anos 80 dun Consorcio da Cidade monumental emeritense, que ben podería servir de exemplo para outros casos similares coma o propio Lugo.

Detívose tamén na musealización dos achados arqueolóxicos, remarcando que a conversión do primeiro Museo de Mérida no Museo Nacional de Arte Romano (estatal) permitiu darlle un enorme pulo e visibilidade á aquel patrimonio. A gran obra arquitectónica de Rafael Moneo tivo que dialogar, ás veces con problemas, cunha espectacular montaxe museográfica que tivo o acerto de compaxinar os restos espectaculares de arquitectura, escultura e mosaicos romanos coas mostras do mundo máis doméstico e privado, o que dá unha visión global e acaída da cidade romana e a súa sociedade.

Fixo referencia a notable importancia da contorna de Emerita, como un dos puntos clave da chamada ‘Via de la Plata’ que ía de Gades a Gigia, así como a existencia de encoros próximos ó núcleo urbano coma o de Proserpina ou o do Cornalvo.

Rematou a intervención manifestando que a importancia da Mérida paleocristiá, visigoda e musulmá, que está ben representada patrimonialmente no núcleo vinculado á mártir Santa. Eulalia, ou nas pezas visigóticas usadas no gran alxibe da impoñente alcazaba árabe construída ó pé da ponte romana que cruza o Guadiana.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO