SETEMBRO

Día 10, martes

Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre “Emerita Augusta, capital da Lusitania".

Mércores, 28 Agosto 2024 10:53

PROGRAMACIÓN PARA O 2º SEMESTRE DE 2024

 

SETEMBRO

Día 10, martes

Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre “Emerita Augusta, capital da Lusitania".

Día 17, martes

Conferencia de José Alberto Morais Morán “Fermosas, magníficas, admirables e de labrados mármores: as basílicas cristiáns de Augusta Emerita".

De 19,30 h. A 20 h., anotación para a viaxe a Santiago de Compostela o día 26 de outubro para ver as exposicións “As Idades do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”.

Días 23 ao 26

Viaxe a Mérida. Vistas Coria e Puebla de Sanabria.

OUTUBRO

Día 22, martes

Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago, “Hospitalitas. A graza do encontro. Arte e hospitalidade na peregrinación a Compostela”.

Día 26, sábado

Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”.

NOVEMBRO

Día 12, martes

Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”.

De 19,30 h. A 20 h., anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía.

Día 23, sábado

Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía.

DECEMBRO

Día 15, domingo

Asemblea xeral e festa dos socios.

Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas.

18 de xuño

O investigador e divulgador Héitor Fontes fixo na súa conferencia un percorrido polas torres, castelos, fortalezas e pontes fortificadas de Galicia, un patrimonio nalgúns casos desaparecido pero que fica documentado en moitos arquivos galegos, noutros abandonado e, en menor número, conservado, si se ten en contan que existen unhas 2.000 construcións das diferentes tipoloxías.

Comezou coa identificación da terminoloxía vinculada coas fortificacións medievais (castelos, casas torre, fortalezas, torres, atalaias...), así como o léxico galego relacionado con tales edificios, significando que o matacán chámase aquí ladroeira e vara a torre da homenxe, aclarando que a amea é oco que hai entre dous merlóns.

25 de maio
Con motivo de terlle dedicado o Día das Artes Galegas ao escultor Francisco Asorey, e como complemento á conferencia que impartiu  sobre o escultor Maribel Iglesias Baldonedo, organizouse un roteiro para ver as súas esculturas na cidade.
Participaron nas explicacións Julia Cantalapiedra Álvarez, licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea, que se encargou de tratar a parte artística; Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia, que fixo a parte histórica e a cuestión técnica desenvolveuna Juan Ramón Pérez Martínez, graduado en Artes Aplicadas que foi profesor de Escultura e Volume na Escola de Artes Aplicadas de Santiago de Compostela.

10 de maio

Con motivo do Día das artes galegas, que se celebrou o día 1 de abril, dedicado ao escultor Francisco Asorey, Lugo Patrimonio programou dúas actividades, unha conferencia sobre o agasallado que impartiu a doutora Maribel Iglesias Baldonedo, e un roteiro para ver as catro esculturas que hai en Lugo, dúas en madeira, unha en pedra e outra en mármore, e un monumento.

A profesora comezou encadrando ao escultor na época do primeiro cuarto do século XX, na xeración Nós, cando se constitúen as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos, onde aparecen as ideas que levaran ao mundo político, co nacionalismo, e a elaboración e aprobación dun Estatuto de autonomía, una xeración distinta da de mediados do século XIX, que bota en falta as artes medievais.

Mércores, 15 Mai 2024 16:44

Viaxe a Sintra (Portugal)

5 ao 8 de maio

Dentro do ciclo dedicado ao Historicismo, un lugar obrigado de visitar como complemento das conferencias previas sobre o tema, era Sintra, declarado Patrimonio da Humanidade en 1995 por ter este tipo de arquitectura. Un grupo de vinte e seis socios tivemos a oportunidade de ver algúns dos edificios máis notables que se poden visitar.

O primeiro día non axudou o tempo facendo a viaxe con abundante auga parando en Santa María da Feira, para ver o castelo, un exemplo da arquitectura militar portuguesa, que foi reconstruído en estilo, e polo mesmo tamén de arquitectura neomedieval. Vimos a capela da Nosa Señora da Encarnación, e despois asistimos á proxección dun vídeo de dez minutos explicando a súa historia.

Sábado, 27 Abril 2024 15:15

Viaxe a Cambados

20 de abril

Esta viaxe tivo por finalidade visitar, en dous grupos, o Pazo de Fefiñáns, acompañados de dúas guías do establecemento e a Fundación Manolo Paz. Na entrada do pazo, na ampla praza que no seu día pertenceu a este conxunto, onde está a igrexa de san Bieito, fíxose unha introdución histórica e artística do edificio construído en varias fases, no estilo renacentista, do que foi fundador Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Felipe II, hoxe de propiedade dos marqueses de Figueroa.

Xa no interior percorremos todas as estancias, bastante escasas de mobiliario e artes decorativas que son propias deste tipo de palacios, chamando a atención especialmente as esculturas de Mariano Benlliure e Francisco Asorey, así como as dun descendente que foi discípulo do escultor galego, e a sala decorada con papel coloreado francés do século XIX, con motivos otomanos. Na planta alta da torre da homenaxe, onde está a biblioteca, detivéronse diante dunha reprodución da carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.

23 de abril

Nesta conferencia do ciclo sobre Historicismo, o profesor de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Iván Moure Pazos, analizou tanto a ruína antrópica na serra de Sintra, creada polo home, por arquitectos, paisaxistas e artistas, como aqueloutra, igualmente importante, a ruína biótica, xerada polo discorrer inevitable da propia natureza, as ruínas arquitectónicas engulidas polo imparable avance do vexetal, como as impoñentes e pouco coñecidas Quinta do Relógio e a Quinta das Camelias. Todo iso a fin de poñer en valor o tema do ruinoso, elemento pouco tratado e enxalzado na literatura crítica sintrense, no asentamento paisaxístico da Sintra contemporánea.

O 4 de decembro de 1995 a UNESCO declaraba a Paisaxe Cultural de Sintra Patrimonio da Humanidade. Nuns 20 quilómetros arredor do núcleo, nun parque natural, hai unhas 200 quintas, cunha cronoloxía que van desde o século XVI ata o XX, cun auxe importante no século XIX.

Día 10 de maio, venres

Salón de actos da Deputación Provincial

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre e Narla, 40 €, e para a viaxe a Mérida entre os días 16 ao 22 de setembro, tres días en función do prezo dos hoteis. O prezo desta viaxe aínda non se sabe.

16 de abril

Comezou facendo referencia á tese de doutoramento de María Emilia Hernádez Pezzi, Historiografía de la arquitectura Moderna, na que se recollen as obras arquitectónicas mais representativas no intento de explicar o movemento arquitectónico mais característico do século XX. Despois do Neoclasicismo, todos os estilos anteriores, ou historicistas, van ser fonte de inspiración na arquitectura do século XIX. A mestura de estilos dará lugar aos eclecticismos, e pon varios exemplos de arquitecturas encargadas polas élites burguesas e das derradeiras vitorianas. Fanse igrexas en estilos medievais, neorrománicas, neogóticas, nas que, ao igual que nos edificios civís, cuadrillas de artesáns van a reproducir a ornamentación.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Astorga +

    Día 26, sábado Viaxe a Astorga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Viaxe a Zaragoza e Tarragona +

    Do 5 luns ao 10 sábado Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Helena López Gómez sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”. +

    Día 13 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO