21 de xaneiro
A conferencia programouse con motivo do 75 aniversario da morte de Castelao, ocorrida en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. Para falar da súa obra artística, especialmente dos debuxos, convidouse á profesora Pilar García Negro, que comezou facendo referencia a que en 1949, xa moi diminuído, Castelao asina unha das súas obras máis recoñecidas, As cruces de pedra na Galiza, debuxos de elementos de etnografía comúns da Bretaña e de Irlanda.
En 1995 publicouse un libro, no que participaron vinte seis autores, para que cada un deles dese a súa visión de Castelao, coa finalidade de que fose unha obra didáctica. Fixo referencia ás caricaturas, incluídas as del e á visita que lle fixo María do Carme Kruckenberg en Bos Aires, que escribiu sobre ela, e á presentación de Sempre en Galiza en 1944 nun banquete ao que asistiron 1.400 comensais, facendo no seu discurso un auto análise da súa obra, publicada despois de trinta anos. Os debuxos recollen o sentimento galego expresado mediante a arte como forma de expresión, e sobre todo nos curtos textos que os acompañan, mostrase as ansias de xustiza e liberdade.
Día 20, sábado
Asemblea xeral e festa dos socios.
Actuación do grupo de música clásica Bóreas.
Día 22, sábado
Visita aos xacementos arqueolóxicos da Domus do Mitreo, Domus dos Mosaicos e Centro Arqueolóxico de San Roque.
Día 11, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo”.
De 19,30 a 20 horas, anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 20 de decembro, sábado, prezo 45 €.
Día 11, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo”.
De 19,30 a 20 horas, anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 20 de decembro, sábado, prezo 45 €.
Día 25
Visita a Santa Eulalia de Bóveda e ao Museo etnográfico da Torre de Xiá (Narla). Xantar. Pola tarde visita aos Baños romanos.
Día 21, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Sinda Blanco Lobeiras doutora en medicina e directora médica de Balnearios sobre “O papel dos balnearios na vida romana”.
Día 14, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Enrique Montenegro Rúa, sobre “Santa Eulalia de Bóveda”.
Días 23, 24 e 25
Viaxe a Chaves e Braga. Saída ás 8 horas.
Día 16, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Mesa redonda sobre o que foi o Coloquio Internacional do Bimilenario de Lugo. Felipe Arias Vilas, Francisco Fariña Busto e Adolfo de Abel Vilela.