O pasado luns, día 27 de xullo, as asociacións veciñais e culturais das comarcas de Lemos, xunto con LugoPatrimonio, presentaron en roldas de prensa celebradas en Lugo e Monforte, o Programa que vai rexer as Xornadas de Outono do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial.
“Unir o científico co popular será un dos obxectivos deste Congreso”, dixo o coordenador, Lois Diéguez, “daí os debates e conferencias que se realizarán por estudosos durante parte do mesmo, e a asistencia aos actos de A Cervela, Castelo e A Ermida, onde se celebrarán os ritos festivos relacionados coa danza e co lume”. Despois destas xornadas que completan as da Primavera, contaremos cunha edición onde se recollerán os estudos e investigacións nos que neste mesmo momento se está a traballar. O próximo día 1 de agosto comeza o prazo para anotarse ao Congreso, que durará até o día 20 do mesmo mes.
Día 3, luns
Entre 18,30 h. e 20 h. Anotacións para a viaxe á Fonsagrada, na Deputación provincial.
Ás 20 h.: exposición de Orlando Viveiro e Hixinio Flores sobre o contido da viaxe á Fonsagrada, na que comentarán imaxes de aspectos etnográficos, artísticos e musicais da comarca. O acto tamén se desenvolverá no salón de actos da Deputación.
Día 8, sábado
Viaxe ás terras da Fonsagrada.- Saída ás 8,30 h. do lugar habitual (fronte ao Instituto Lucus Augusti)
Regreso sobre as 22 h.
As condicións da viaxe son as habituais.
Itinerario: Visita á Fonsagrada e o seu Museo con Mónica Alonso, Seimeiras (fervenzas) do Queixoiro, xantar, Museo etnográfico de Grandas de Salime, encontro con Avelino, ferreiro de Penamaría, e Oliverio Álvarez, constructor de trompas, A Pobra de Burón e Mazo da Porteliña.
Día 30, domingo: Comeza a 2ª parte do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos, segundo o programa adxunto.
CONSIDERAMOS DE MÁXIMA IMPORTANCIA A PARTICIPACIÓN NAS TRES XORNADAS DESTE CONGRESO, POIS DA SÚA ACEPTACIÓN E CONCLUSIÓNS VAI DEPENDER EN GRAN MEDIDA O NOSO TRABALLO A RESPECTO DO PATRIMONIO INMATERIAL.
Lugo, xullo do 2009
Monforte, Castelo (Taboada), A Cervela (O Incio), A Ermida (Quiroga), 30 de agosto, 7 e 8 de setembro
Convocan: LugoPatrimonio, AA.VV. de Salcedo (A Pobra de Brollón), Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Amigos Patrimonio Lemos, Asociación C. As Fachas (Castelo), Asociación Xuvenil e C. Os Turulecas (A Cervela-O Incio), Asociación C. Souto do Val (A Ermida-Quiroga), Asociación de veciños San Martiño de Vilelos (O Saviñao).
Patrocinan: Consellería de Innovación e Industria, Xacobeo, S.A., Consellería do Medio Rural, Agader, Deputación Provincial de Lugo-Área de Cultura.
Colaboran: Concellos de: Monforte e Taboada.
Programa
Día 30 agosto, domingo
(dedicado ás danzas da Cervela - O Incio)
09,30 h.: acreditacións e entrega da documentación.
10,00 h.: acto de inauguración.
10,30 h.: conferencia inaugural O baile e a danza na tradición cultural de Galiza, a cargo de D. Luís Costa Vázquez, licenciado en Musicoloxía.
11,30 h.: descanso.
11,45 h.: Contexto paisaxístico e patrimonial da Cervela, a cargo do escritor Lois Diéguez, escritor.
13,00 h.: saída para A Cervela (O Incio) .
13,30 h.: participación na danza procesional da Cervela.
14,30 h.: xantar colectivo.
16,30 h.: visita á Cervela: aldea,igrexa románica, capela e pozo de San Roque.
18,30 h.: proxeccións comentadas sobre as danzas da Cervela.
19,30 h: mesa redonda con conferenciantes e representantes das asociacións sobre alternativas prácticas para a consolidación destas tradicións.
21,00 h.: cerre da xornada.
Día 7 de setembro, luns
(Dedicado ás Fachas de Castelo (Taboada) e Agucios de Vilelos (O Saviñao)
10,00 h.: conferencia: Os ritos do lume na cultura popular galega, a cargo do profesor D. Clodio González Pérez, historiador e etnógrafo..
11,30 h.: descanso
12,00 h.: As Fachas de Castelo e os Agucios de Vilelos: unha tradición secular, por Dª Carme Pernas, Licenciada en Humanidades e representantes das asociacións convocantes.
14,00 h.: xantar (libre).
16,30 h.: proxeccións comentadas sobre as Fachas e os Agucios.
18,00 h.: saída de Monforte para Castelo.
19,00 h.: visita a Castelo: pazo de Perrelos, sepultura do Sixto, igrexa e castro.
21,00 h.: cea colectiva.
23,00 h.: participación na queima das Fachas en Castelo.
00,30 h.: saída para Monforte.
Día 8 de setembro, martes
(Dedicado ao Meco e as Pampórnigas da Ermida).
10,00 h.: Contexto histórico e patrimonial de Hospital do Incio e A Ermida (Quiroga): a súa relación, conferencia a cargo do profesor D. Isidro García Tato, doutor en Filosofía.
11,15 h.: descanso
11,30 h.: saída para A Ermida.
12,30 h.: participación nos actos procesionais para ver as Pampórnigas e o Meco.
14,30 h.: xantar (libre)
16,30 h.: visita á igrexa e aldea de A Ermida.
18,00 h.: Significado e simbolismo do Meco e as Pampórnigas, por D. X.M. Blanco Prado, Licenciado en Filosofía e Letras.
19,00 h.: conclusións e peche do Congreso.
20,00 h.: saída para Monforte.
Avisos
Para calquera información, nos tfnes.: 676 800 227 ou 656 236 343. Tamén na web, www.lugopatrimonio.org
Esta tarde celebrouse en Lugo a reunión que as asociacións culturais da zona de Lemos que veñen traballando intensamente polo noso patrimonio inmaterial, tiñan solicitado coa Delegada Territorial da Xunta, Dª Raquel Arias. Representantes de LugoPatrimonio, AA.VV. de Salcedo (A Pobra de Brollón), Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Amigos Patrimonio Lemos, Asociación C. As Fachas (Castelo), Asociación Xuvenil e C. Os Turulecas (A Cervela-O Incio), Asociación C. Souto do Val (A Ermida-Quiroga), Asociación de veciños San Martiño de Vilelos (O Saviñao) mantiveron no transcurso dunha hora un coloquio coa Delegada Territorial para darlle a coñecer os proxectos nos que levan traballando varios anos e que foron o tema principal da 1ª parte do Congreso celebrado no mes de febreiro (acceso ás resolucións do Congreso). Querían as asociacións saber da disposición da Sª Delegada ao respecto. Ela interesouse polos diversos temas plantexados e pediu un tempo prudencial para estudalos, dada a súa importancia, así como para valoralos cos distintos departamentos das Consellarías que teñen que intervir para a súa resolución.
Así mesmo, presentáronselle os Proxectos que co cambio de goberno ficaron interrompidos na súa resolución no Agader, e que se refiren a: “Proxecto para a dinamización e consolidación do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos: a súa incidencia cultural, social e económica no mundo do agro” e “Parada dos Montes (A Pobra do Brollón): un centro de interpretación en vivo dentro do Proxecto de consolidación e potenciación do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos”.
Queda, polo tanto, agardar ás resolucións que tome a Delegada. As Asociacións esperan que as decisións pertinentes non se demoren no tempo e que o traballo realizado e o proxectado para un futuro inmediato sexa asumido tamén por quen teñen a responsabilidade de remediar con urxencia a agonía na que se mantén o noso agro. Os proxectos presentados van precisamente neste sentido.
Por último, as Asociacións convidaron á Delegada e representantes dos organismo que patrocinan o Congreso sobre o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos, (xornadas de Outono), a participar na súa inauguración e debates.
Lugo, 25 de xuño do 2009
XULLO
Día 4, sábado:Viaxe a RINLO: O MAR DAS CETARIAS
O día 4 de xullo faremos outra viaxe que nos introducirá na visión real do que está a pasar coa nosa Costa, os proxectos que a destrúen, e a riqueza que posúe e que seguramente descoñecemos. Da man da arquitecta Carlota Eiros, faremos percorridos en lancha, autobús e a pé, para visitar os seguintes lugares:
Despois desta fermosa viaxe faremos as conclusións de rigor.
Notas
Saída de lugo, o 4 de xullo, sábado, ás 8,30 h. do lugar de sempre.
Regresaremos á nosa cidade arredor das 22 h.
Prazas limitadas a 35 coas condicións habituais.
Anotacións: día 29 de xuño, luns, na galería Sargadelos de Lugo, entre 18 e 20 h.
AGOSTO
Día 3, luns: exposición e comentarios sobre a Viaxe do día 8.
Día 8, sábado: Viaxes a: Salcedo (A Pobra do Brollón) ou A Fonsagrada
A elección do destino da viaxe vai depender de que Os Amigos dos Museos da Coruña lle entreguen neste mes de agosto o premio Pedra do Destino á Asociación que realiza o Entroido de Salcedo que xa coñecemos. De ser así participaríamos nesa entrega que será festiva e interesante.
En caso contrario, o 8 de agosto faríamos a viaxe pola Fonsagrada (Pobra de Burón, A Fonsagrada, A Seimeira, Pena do Inferno, Grandas de Salime...) en programa que detallaremos o día 3, así como a exposición comentada desta viaxe e as demais características.
Día 30 de agosto, domingo: comezo da 2ª parte do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos. Este Congreso é da máxima importancia para nós e pídesevos a máxima asistencia. Comezaremos ás 9,30 h. en Monforte e iremos ver as danzas da Cervela. O Programa detallado enviarase por correo no próximo mes. Atención ás datas de inscrición, que van do 1 ao 20 de agosto. Neste domingo do día 30 farase só a sesión do día, sendo as outras dúas o 7 e o 8 de setembro.
SETEMBRO
Día 7, luns: continúa o Congreso en Monforte e Castelo (Taboada), dedicado aos ritos do lume.
Día 8, martes: último día do Congreso, en Monforte e A Ermida (Quiroga), dedicado aos enigmas do Meco e as Pampórnigas.
OUTUBRO
Día 13, martes, proxeccións fotográficas sobre a viaxe do 17 e 18.
Día 14, mércores, conferencia de X.M. Fernández Anguiano sobre “Aspectos técnicos do viño: a súa relación coa sáude”.
Días 17 (sábado) e 18 (domingo) clausura do Ciclo Viño e Poesía,: viaxe a O Barco e A Rúa, (Pontes da Cigarrosa e Bibei, A Rúa, Viña Godeval, Mosteiro de Xagoaza, Vila do Castro, Pazo do Castro, O Barco, O Bolo, As Ermidas, Viana do Bolo).
NOVEMBRO
Día 3, martes: Conferencia e proxeccións sobre a viaxe a Os Ancares.
Día 7, sábado: Paisaxe e Vida: Os Ancares, para coñecer o Val do Rao, Balouta, Piornedo... xentes e paisaxes.
DECEMBRO
Día 2, mércores: conferencia sobre a viaxe á Coruña.
Día 11, venres: asemblea anual de LugoPatrimonio.
Día 19, sábado: viaxe á Coruña e os seus enigmas: arqueoloxá, historia, arte, xentes..., na compaña de Felipe-Senén López.
Cada un dos actos programados serán comunicados previamente con máis detalle.
Lugo, xuño do 2009
A Xunta Directiva
Despois desta fermosa viaxe faremos as conclusións de rigor.
Notas
Saída de lugo, o 4 de xullo, sábado, ás 8,30 h. do lugar de sempre.
Regresaremos á nosa cidade arredor das 22 h.
Prazas limitadas a 35 coas condicións habituais.
Anotacións: día 29 de xuño, luns, na galería Sargadelos de Lugo, entre 18 e 20 h.
Lugo, xuño do 2009
A Xunta Directiva.
6 de xuño: celebramos o viño coa Adega Terras Gauda, e a poesía cos poetas Ramón Cabanillas (“Diante dunha cunca de viño Espadeiro”) e Mª do Carme Kruckenberg (“A Santiago Ruiz”), e a gastronomía no restaurante Juan de O Rosal. A paisaxe, por estas terras fartas dos ríos Miño na súa foz, e o Tamuxe ou o Furnia a correr cara a súa entrega amorosa ao pai de todos eles que é o noso río maior, o Miño. Os monumentos atopámolos en Tui, tamén nós a correr polo tempo escaso e a choiva encarraxada, e despois na Guarda. Os nosos ollos ficaron convencidos co azul da altura, pegados xa nas penas que levan ao ceo: citania, cova e ermida de santa Trega, Museo pequeno e perfecto como as grandes obras, camiños de pedra, petroglifos... Que máis podiamos pedir neste día de comunicación e palabra? O agasallo do canto e a danza populares dos mozos e mozas portugueses, comunión de sentimento, unha sorpresa grata. De volta para Lugo, as comadres e compadres protestábanlle ao goberno galego desde os paus da luz. Aquí tedes a mostra do que contamos:
|
20090606_Tui- A Guarda |
A Asociación LugoPatrimonio lamenta o falecemento de don Amador López Valcárcel, cóengo arquiveiro da catedral, que con humildade e discreción dedicou parte da súa vida a estudar e divulgar a historia eclesiástica da diocese, sendo coautor con don Antonio García Conde do “Episcopologio Lucense”, facendo un inventario do seu patrimonio moble con fotografías das pezas máis destacadas co fin de evitar o seu espolio e poder localizalas en caso de roubo ou desaparición.
LugoPatrimonio tiña intención, e así llo fixo saber no seu momento, de recompilar todos os seus artigos nunha publicación, como homenaxe ao seu labor desenvolvido no ámbito do patrimonio histórico artístico da diocese de Lugo, empeño no que seguirá a traballar como unha lembranza póstuma.
Lugo, 2 de xuño do 2009
O enólogo, (entre outras moitas profisións) Xosé Posada, introdúcenos na súa conferencia sobre a Historia do viño, noutro capítulo dos xa iniciados nesta xeira que nos leva polos camiños do viño e a poesía. Filosofía e culturas arredor da uva, da cepa e da mesa, do idioma tamén, o noso, a través dos poetas que inmortalizaron o canto galego e esa forma de ver e sentir nosa, propia, para comprender, así, as outras: Ramón Cabanilla co seu poema Diante dunha cunca de viño espadeiro, e Mª do Carme Kruckenberg, co seu Viño.
Na viaxe posterior á conferencia, andaremos polas terras do Rosal, Tui (cidade e catedral) e, A Guarda (monte Santa Tegra e museo), e aprezaremos os viños mimados da adega Terras Gauda. O xantar agárdanos no Restaurante Juan- Tabagón- O Rosal.
(A concreción da conferencia e viaxe tédela na AXENDA)